DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria no primeiro cuadrimestre.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2010.

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería

de Economía e Industria

Ver referencia pdf "11600D005P009.PDF"

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2010