DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2010 Páx. 11.052

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2010 pola que se conceden oito bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio, convocadas pola Orde do 8 de febreiro de 2010, e se establece a listaxe de reserva.

Mediante a orde da Consellería de Economía e Industria, do 8 de febreiro de 2010 (DOG nº 30, do 15 de febreiro), establecéronse as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e procedeuse á súa convocatoria.

Concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 12 das bases da convocatoria, a Comisión de Valoración elevou unha relación de oito persoas propostas para a adxudicación das bolsas e a listaxe de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia dalgunha delas.

En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 13.2º das bases da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Aceptar as renuncias ás solicitudes de concesión dunha bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio presentadas por Celina Permuy Montero, Ewa Pawloska, Natalia Rey Mosquera, Marta María Pazos Cutrín, Javier Fuentes Casanovas, Nieves Ferro García e Ana Collazo Acha.

Segundo.-Concederlles oito bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio ás persoas beneficiarias que se relacionan no anexo I desta resolución.

Cada bolsa estará dotada con 9.750 euros brutos, distribuídos na forma indicada no artigo 15 das bases reguladoras.

As persoas que obteñan a bolsa terán que contratar unha póliza de seguro de asistencia sanitaria, no caso de non estar cubertas pola Seguridade Social ou por un seguro privado e contratar un seguro de accidentes polo período de duración da bolsa. Tales circunstancias acreditaranse antes do comezo do desfrute da bolsa.

Terceiro.-Establecer a listaxe de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución para o caso de non aceptación ou renuncia dalgunha das bolsas concedidas.

Cuarto.-Non admitir as seguintes solicitudes:

a) A formulada por María Carmen Ramos Varela porque esta non cumpre o requisito de idade establecido no artigo 3º b) das bases reguladoras da convocatoria (ter unha idade non superior aos 31 anos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes).

b) As presentadas por Carolina Armado Castro, por Sandra Lorenzo Silva e por Mónica Balea Fernández porque as persoas solicitantes non cumpren o requisito de titulación exixido no artigo 3 d) das bases reguladoras da convocatoria (estar en posesión dalgunha titulación universitaria de segundo ciclo ou grao superior).

Quinto.-Desestimar as demais solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de febreiro de 2010.

Sexto.-Dispoñer gastos mediante a expedición dos correspondentes documentos contables con cargo á partida orzamentaria 2010.08.03.751A.480.0 para cada persoa beneficiaria. A contía de cada bolsa calcúlase desde a data de incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro de 2010.

Sétimo.-As/os bolseiras/os deberán comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución. No caso de aceptación, achegarán con ela a certificación bancaria da conta en que deba aboarse a bolsa.

Despois de transcorrer o dito prazo, se as/os beneficiarias/os non se declarasen en ningún sentido, entenderase que renuncian á bolsa e procederase a adxudicarlle esta á/ao seguinte solicitante que figure por orde de puntuación na listaxe de reserva.

Así mesmo, no caso de que as/os adxudicatarias/os non acepten a bolsa ou non poidan incorporarse por calquera outro motivo, poderán ser substituídas/os polas persoas que figuren na listaxe de reserva en función da súa puntuación.

Oitavo.-As persoas beneficiarias das bolsas terán as obrigas establecidas no artigo 18 das bases reguladoras da concesión delas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso postestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notifíquese esta resolución ás persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009; DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Conselleiro de Economía e Industria

Ver referencia pdf "11300D004P016.PDF"