DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2010 Páx. 11.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2010-2011.

Advertido o erro da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 109, do xoves 10 de xuño de 2010, procede facer a oportuna corrección:

-Na páxina 10.467, no artigo 3º.2, onde di: «o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xuño de 2010», debe dicir: «o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xullo de 2010».