DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2010 Páx. 10.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 7 de maio de 2010 pola que se fai pública a modificación das bases para a xestión económico-financeira do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 93, do 19 de maio de 2010, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 8.768, no último parágrafo da parte resolutoria, onde di:

«-Base VI, a): de acordo coa delegación de competencias establecida nestas bases, o director xeral do Igape é o tesoureiro e ordenador de pagamentos, ayuda que se delga esta atribución por razón de contía e ata un importe máximo de 12.000 € no secretario xeral. Nos casos de ausencia, o director xeral deberá habilitar expresamente ao secretario xeral ou a calquera dos directores de área para que o substitúan nas súas facultades»,

Debe dicir:

«-Base V, a): de acordo coa delegación de competencias establecida nestas bases, o director xeral do Igape é o tesoureiro e ordenador de pagamentos, ben que esta atribución se delega por razón de contía e ata un importe máximo de 12.000 € no secretario xeral. Nos casos de ausencia, o director xeral deberá habilitar expresamente o secretario xeral ou calquera dos directores de área para que o substitúan nas súas facultades».