DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2010 Páx. 10.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2010 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2010.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no primeiro cuadrimestre do ano 2010 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 7 de xuño de 2010.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes: Academia Galega de Seguridade Pública e Federación Galega de Loitas Olímpicas (IGLO).

Obxecto: organización conxunta de cursos das diferentes especialidades de defensa pesoal policial.

Data da sinatura: 5-2-2010.

Achega toal da AGASP: sen obriga económica.

Anualidade 2010:.