DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2010 Páx. 10.569

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2010 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas pola Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, correspondentes á convocatoria do exercicio 2009.

De acordo co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), publícase extracto das resolucións de concesión de axudas, a que se fai referencia no citado precepto e concedidas pola Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, no ano 2009.

Unha parte destas axudas foron financiadas con cargo aos fondos europeos do Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP) e outra con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP), co correspondente cofinanciamento con fondos procedentes da Administración xeral do Estado e da Xunta de Galicia.

1. Axudas a industrias de transformación e comercialización con cargo aos fondos europeos do Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP).

a) Norma reguladora: Orde do 17 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación e conservación, tratamento e comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 2 de agosto) modificada polas ordes do 30 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 252, do 31 de decembro), do 29 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 253, do 31 de decembro), do 3 de xaneiro de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 7, do 11 de xaneiro) do 6 de agosto 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 155, do 10 de agosto), do 20 de febreiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro), do 17 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 27 de febreiro).

b) Convocatoria: exercicio 2009.

c) Aplicación orzamentaria: 14.03.723.772.0

d) Finalidade da axuda: incentivar a creación, renovación e innovación tecnolóxica das empresas de transformación e comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

2. Axudas a industrias de transformación e comercialización con cargo aos fondos europeos do Fondo Europeo da Pesca (FEP).

a) Norma reguladora: Orde do 12 de febreiro de 2009, pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciados co Fondo Europeo da Pesca (Diario Oficial de Galicia nº 36, do 20 de febreiro).

b) Convocatoria: exercicio 2009.

c) Aplicación orzamentaria: 14.03.723A.771.1.

d) Finalidade da axuda: incentivar a realización dos investimentos que teñan como finalidade a mellora da transformación e comercialización dos produtos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

3. Axudas a investimentos no ámbito da acuicultura con cargo aos fondos europeos do Fondo Europeo da Pesca (FEP).

a) Norma reguladora: Orde do 17 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca e se convocan para o exercicio 2009.

b) Convocatoria: exercicio 2009.

c) Aplicación orzamentaria: 14.03.723A.772.0

d) Finalidade da axuda: incentivar as actuacións que teñan por finalidade a execución de investimentos no ámbito da acuicultura.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

4. Axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP).

a) Norma reguladora: Orde do 23 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2008 (DOG nº 84, do 2 de maio), e Orde do 29 de setembro de 2008 (DOG nº 215, do 5 de novembro).

b) Convocatoria: exercicio 2009.

c) Aplicación orzamentaria: 14.03.723A.770.1.

d) Finalidade da axuda: contribuír a alcanzar un equilibrio duradeiro entre os recursos da pesca e a súa explotación mediante o axuste do esforzo pesqueiro, a través da paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

5. Axudas á modernización dos buques pesqueiros con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP).

a) Norma reguladora: Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros e selectividade cofinancidas co Fondo Europeo da Pesca.

b) Convocatoria: exercicio 2009.

c) Aplicación orzamentaria: 14.03.723A.770.3.

d) Finalidade da axuda: incentivar a modernización dos buques pesqueiros con innovación tecnolóxica nos ámbitos da racionalización das operacións de pesca, mediante a utilización de tecnoloxías de pesca e métodos de a bordo máis selectivos, a mellora da calidade dos produtos pescados a bordo para o tratamento das capturas e a súa conservación aplicando a normativa sanitaria legal e regulamentaria e a mellora das condicións de traballo e seguridade.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

6. Axudas de carácter socioeconómico con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP).

a) Norma reguladora: orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca e se establece a súa convocatoria para o ano 2009 (DOG nº 55, do 20 de marzo).

b) Aplicación orzamentaria: 14.03.723A. 780.0.

c) Convocatoria: exercicio 2009.

d) Finalidade das axudas: paliar os efectos sociais derivados das medidas de reestruturación do sector pesqueiro e contribuír á revitalización das zonas que dependen da pesca, mediante a adopción das seguintes medidas a favor dos pescadores: axudas á xubilación anticipada, primas globais individuais, primas globais individuais por reconversión ou diversificación profesional e primas individuais a pescadores de idade inferior a 40 anos.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

7. Axudas á paralización temporal da actividade pesqueira (bocarte) con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP).

a) Norma reguladora: orde da Consellería do Mar do 9 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de axudas cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca aos armadores ou propietarios de buques con porto base en Galicia que pescan na costeira do bocarte pola paralización da súa actividade (DOG nº 204, do 19 de outubro),

b) Aplicación orzamentaria: 50.02.723A.770.2.

c) Convocatoria: exercicio 2009.

d) Finalidade das axudas: manter os medios de produción das empresas pesqueiras afectadas por medidas excepcionais de cesamento de actividade para conservación dos recursos e que non necesitan unha redución definitiva de capacidade, mediante a concesión de indemnizacións.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

8. Axudas á paralización definitiva das actividades de pesca, ao abeiro dos programas de adaptación da frota.

a) Norma reguladora: orde da Consellería do Mar do 14 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para 2009 das axudas á paralización definitiva das actividades de pesca dos buques pesqueiros de acordo co Regulamento (CE) 744/2008, do 24 de xullo, polo que se establece unha acción específica temporal para promover a reestruturación das frotas pesqueiras da Comunidade Europea afectadas pola crise económica, cofinanciadas polo FEP.

b) Aplicación orzamentaria: 50.02.723A.770.1.

c) Convocatoria: exercicio 2009.

d) Finalidade das axudas: contribuír a alcanzar un equilibrio duradeiro entre os recursos da pesca e a súa explotación mediante o axuste do esforzo pesqueiro, a través da paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques, especialmente naquelas frotas ou segmentos da frota con maiores custos enerxéticos.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros.

Ver referencia pdf "11000D005P029.PDF"

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2010.

Rosa Quintana Carballo

Conselleira do Mar