DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2010 Páx. 10.553

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 26 de maio de 2010 pola que se modifica a Orde do 19 de febreiro de 2010, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2010.

A Orde do 19 de febreiro de 2010 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2010 (DOG nº 40, do 1 de marzo de 2010), establece, no seu artigo 8º, un importe total dispoñible para o exercicio 2010 de 47.523.295 €, destinado ao financiamento das subvencións que, ao abeiro dela, poderán ser concedidas aos solicitantes, «sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias».

En consecuencia, debido á existencia de dispoñibilidades orzamentarias que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de xeracións e incorporacións de créditos, así como dalgúns remanentes existentes nos orzamentos de gastos deste centro directivo, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ao financiamento das subvencións que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 19 de febreiro de 2010 na contía adicional de 2.716.373,01 € para este exercicio 2010, coa finalidade de facer chegar estas subvencións ao maior número de beneficiarios posible e en contía suficiente para garantir unha axeitada prestación dos servizos sociais por parte das corporacións locais.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase o importe total destinado ao financiamento das subvencións que se van conceder ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2010, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2010, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias:

Ano 2010:

12.02.312D.460.0 por importe de 2.000.000 de €.

12.02.312A.460.0 por importe de 490.220,30 €.

12.02.313C.460.3 por importe de 171.795,04 €.

12.02.312E.761.0 por importe de 20.536,39 €.

12.02.313C.760.0 por importe de 33.821,28 €.

2. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar