DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2010 Páx. 10.512

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de maio do 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único.-Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2010, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Ver referencia pdf "10900D009P052.PDF"