DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2010 Páx. 10.512

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración previstos na artigo 4.1ºc) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios previstos no artigo 4.1ºc) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, subscritos polo Instituto Galego de Consumo nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2010, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2010.

María Nava Castro Domínguez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

Ver referencia pdf "10900D009P052.PDF"