DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2010 Páx. 10.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2010-2011.

Tras a publicación do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior así como a confección e xestión dos programas de formación ou especialización a elas dirixidos.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta resolución abrangue a convocatoria anual e as bases reguladoras dos programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, de intercambios universitarios e estudos de formación profesional durante un curso académico.

O primeiro dos programas convocados pretende que os estudantes residentes no estranxeiro poidan realizar estudos universitarios presenciais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico. Búscase que estes mozos e mozas poidan formarse no eido cultural e educativo galego, dentro das súas institucións académicas, para que posteriormente desenvolvan o seu labor profesional, ao mesmo tempo que se contribúe ao fortalecemento das súas orixes galegas.

O segundo programa de bolsas está dirixido a axudar a sufragar os gastos derivados da realización de estudos oficiais conducentes á obtención do título de máster universitario.

O terceiro programa de bolsas busca favorecer a mobilidade de estudantes galegos ou fillos de emigrantes galegos que residen en países extracomunitarios, posibilitando que a través dos convenios asinados entre as universidades dos seus países e as correspondentes do sistema universitario de Galicia (SUG), poidan cursar parte dos seus estudos universitarios en Galicia. Esta acción posibilitará o mantemento dos vínculos dos mozos galegos ou descendentes de galegos que residen no exterior coa realidade desta comunidade autónoma.

O cuarto programa de bolsas ten por finalidade preparar os alumnos/as para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da súa vida, así como contribuír ao seu desenvolvemento persoal, a través de estudos de formación profesional de grao superior.

Para acadar a finalidade pretendida, nos tres primeiros programas, cóntase coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que participa tanto no financiamento do programa como na selección dos beneficiarios a través da súa presenza na comisión seleccionadora dos expedientes. Esta participación pon de manifesto o seu interese en contribuír ao financiamento de estudos universitarios nas universidades do sistema universitario de Galicia dos galegos residentes no exterior.

Así pois, a Secretaría Xeral da Emigración pretende fomentar a especialización académica, a profesionalización e a iniciación á investigación dos galegos residentes no estranxeiro, tendo en conta a oferta de estudos que proporcionen as universidades que comprenden o sistema universitario de Galicia, e os centros públicos de formación profesional.

En virtude do exposto, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, naqueles preceptos que sexan básicos, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na normativa que a desenvolve, logo do informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

RESOLVO:

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de bolsas de nova adxudicación ou a súa prórroga, para a realización de estudos presenciais universitarios, de intercambios universitarios ou estudos de formación profesional de carácter oficial en centros públicos ou privados de Galicia a través dos seguintes programas: Programa 1, bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico; Programa 2, bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario; Programa 3, bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios; Programa 4, bolsas para a realización de estudos de formación

profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

As ditas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución, apróbase a convocatoria das devanditas bolsas para o curso 2010-2011.

Artigo 2º.-Réxime de concesión.

O procedemento de concesión destas bolsas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación e avaliación dos méritos achegados polos solicitantes co fin de establecer una prelación entre estes de acordo cos criterios de valoración que se establecen e respectando os principios de obxectividade, igualdade e non discriminación.

Artigo 3º.-Solicitudes, prazo de presentación e resolución.

1. O modelo oficial de solicitude que se publica como anexo a esta resolución, atópase á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e nos enderezos da internet www.galiciaaberta.com e www.edu.xunta.es

A solicitude presentarase, xunto coa documentación correspondente, ben no rexistro xeral da Secretaría Xeral da Emigración ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (entre os que figuran as delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo).

Se a solicitude é presentada por correo, remitirase á Secretaría Xeral da Emigración, rúa Basquiños nº 2, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña), España.

Igualmente, as solicitudes poderán presentarse nas representacións diplomáticas e oficinas consulares de España no estranxeiro.

2. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xuño de 2010.

No suposto de que a solicitude de concesión non reúna os requisitos exixidos ou a documentación presentada sexa incompleta, a Secretaría Xeral da Emigración publicará na páxina web www.galiciaaberta.com e www.edu.xunta.es a relación de interesados que deberán emendar a súa solicitude, para que no prazo de 10 días corrixan a falta en que incorran ou acheguen os documentos preceptivos, indicándose que se non o fixesen se terán por desistidos das súas peticións de conformidade co disposto no artigo 71, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se por causas non imputables ao interesado non se puidese presentar no prazo sinalado algunha da documentación ou xustificante de carácter académico requirido, poderase admitir a súa substitución por unha declaración responsable do/a solicitante. Neste caso, e con anterioridade á proposta de resolución de concesión da subvención, a Secretaría Xeral da Emigración requirirá a presentación nun prazo de 10 días da documentación que acredite a realidade dos datos contidos na citada declaración.

3. O prazo máximo para resolver este procedemento será de catro meses, contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se notificase a resolución expresa, os interesados poderán entender desestimada a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4º.-Orzamento.

Esta convocatoria ten carácter plurianual e para a concesión destas bolsas destinarase un total de 390.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 40.50.312C.480.0- Accións políticas migratorias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2010 e 2011, distribuídos entre os programas convocados do seguinte xeito:

1. Para a concesión das bolsas previstas no Programa 1 destinarase un total de 140.000 euros, de acordo coa seguinte distribución: 98.000 euros para o ano 2010 e 42.000 euros para o ano 2011.

Do crédito asignado inicialmente a este Programa 1 (140.000 euros) destinarase o 60% (84.000 euros) para a concesión de bolsas de nova adxudicación e o 40% restante (56.000 euros) para a prórroga das bolsas concedidas en convocatorias anteriores.

2. Para a concesión das bolsas previstas no Programa 2 destinarase un total de 100.000 euros, de acordo coa seguinte distribución: 70.000 euros para o ano 2010 e 30.000 euros para o ano 2011.

Do crédito asignado inicialmente a este Programa 2 (100.000 euros) destinarase o 60% (60.000 euros) para a concesión de bolsas de nova adxudicación e o 40% restante (40.000 euros) para a prórroga das bolsas concedidas en convocatorias anteriores.

3. Para a concesión das bolsas previstas no Programa 3 destinarase un total de 100.000 euros de acordo coa seguinte distribución: 70.000 euros para o ano 2010 e 30.000 euros para o ano 2011.

Do crédito asignado inicialmente a este Programa 3 destinarase o 60% (60.000 euros) nas solicitudes para cursar un curso académico completo e o 40% (40.000 euros) será para as solicitudes para cursar estudos dun cuadrimestre (ata seis meses).

A Secretaría Xeral de Universidades transfire á Secretaría Xeral da Emigración a cantidade de 60.000 euros para o ano 2010 destinados a financiar estes tres programas.

4. Para a concesión das bolsas previstas no Programa 4 destinaranse un total de 50.000 euros de acordo coa seguinte distribución: 70% (35.000 euros) para o ano 2010 e o 30% restante (15.000 euros) para o ano 2011.

O crédito asignado inicialmente a cada programa poderá ser ampliado en función do previsto no artigo 30.2º do mencionado regulamento do Decreto 11/2009 que desenvolve a Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Do mesmo xeito, o crédito poderá ser modificado en función das necesidades orzamentarias e/ou redistribuído internamente en cada programa ou entre os distintos programas previstos en función das solicitudes de bolsas presentadas.

Artigo 5º.-Contía das axudas.

Cada bolsa concedida dentro dos programas 1, 2 e 3 (estudos universitarios, máster universitario e intercambio) estará integrada polos seguintes conceptos:

-Unha axuda máxima de 6.000 euros, destinada a sufragar os gastos académicos derivados dos seus estudos, da estadía e manutención. No caso de axudas para o Programa 3 de intercambio, na modalidade dun cuadrimestre (ata 6 meses), a contía máxima será de 4.000 euros, para os mesmos conceptos.

-No caso dos solicitantes que opten a unha bolsa de nova adxudicación ou intercambio e acrediten residencia no estranxeiro, unha axuda destinada a sufragar os gastos derivados da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia do beneficiario no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia:

*Estudantes residentes en países europeos: 350 euros.

*Estudantes residentes no resto de países: 1.000 euros.

Cada bolsa concedida dentro do Programa 4 (realización de ciclos superiores de formación profesional) estará integrada polos seguintes conceptos:

-Unha axuda máxima de 5.000 euros destinada a sufragar os gastos académicos derivados dos seus estudos, da estadía e manutención.

-No caso dos solicitantes que acrediten residencia no estranxeiro, unha axuda destinada a sufragar os gastos derivados da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia do beneficiario no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia:

*Estudantes residentes en países europeos: 350 euros.

*Estudantes residentes no resto de países: 1.000 euros.

Poderanse conceder axudas coa contía máxima prevista nos puntos anteriores a aquelas solicitudes admitidas que reúnan os requisitos previstos, no caso de non esgotar o crédito previsto na convocatoria.

As bolsas que se perciban a través destes programas para cursar estudos regrados, tanto en España como no estranxeiro, en todos os niveis e graos do sistema educativo están exentas de tributar segundo o establecido no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non-residentes e sobre patrimonio e o artigo 14 do Real decreto lexislativo 5/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre a renda de non residentes.

Artigo 6º.-Desenvolvemento e aplicación.

O secretario xeral da Emigración poderá ditar todas as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta convocatoria e das súas bases reguladoras.

Artigo 7º.-Réxime de recursos.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Bases reguladoras polas que se establecen e se regulan as bolsas para a realización de estudos universitarios, de intercambios universitarios ou estudos de formación profesional en Galicia para emigrantes galegos e os seus descendentes

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras de bolsas para a realización de estudos en calquera universidade do sistema universitario de Galicia (SUG), de intercambios universitarios ou estudos de formación profesional en centros de ensino públicos ou privados concertados para emigrantes galegos residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade a través dos seguintes programas:

1. Programa 1: bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

2. Programa 2: bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario.

3. Programa 3: bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios.

4. Programa 4: bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

Sección primeira

Programa 1: bases reguladoras para a concesión de bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia

Artigo 2º.-Obxecto.

Esta sección ten por obxecto establecer as bases para as solicitudes de bolsas de nova adxudicación ou a súa prórroga, para a realización de estudos universitarios presenciais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en calquera das tres universidades galegas.

As ditas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia. Soamente se concederán axudas para a realización de estudos conducentes á consecución dunha primeira titulación universitaria.

Artigo 3º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos:

1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa.

2. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida na última convocatoria, o/a solicitante deberá acreditar a residencia da súa unidade económica familiar no estranxeiro e ter superados o 75% das materias ou créditos en que estivo matriculado no curso anterior para o que se lle concedeu a axuda, incluíndo o proxecto fin de carreira. Tamén se considerarán como prórroga da bolsa aquelas solicitadas para a continuación dos estudos que deran lugar a unha anterior concesión, sempre e cando superase o 75% dos créditos en que estivo matriculado no ano da concesión.

3. Estar admitido/a para cursar estudos presenciais conducentes á obtención dun título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico durante o curso que se inicia no ano da convocatoria, na universidade de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo. Os beneficiarios das bolsas deberán estar matriculados en, como mínimo, 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira. En ningún caso entrarán a formar parte dos mínimos a que se refire o punto anterior créditos correspondentes a distintas especialidades.

Artigo 4º.-Documentación.

Os solicitantes das bolsas deberán achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo II).

b) Para os solicitantes que posúan a nacionalidade española e estean en posesión do documento nacional de identidade, autorización expresa á Secretaría Xeral da Emigración para a verificación dos datos de identidade. Para o resto, pasaporte en vigor ou doutro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/a solicitante.

c) Documentación xustificativa que acredite a súa condición de galego ou ascendencia galega.

d) Acreditación da residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa mediante o correspondente certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación en que teña o seu domicilio. No caso de non posuír a nacionalidade española, o/a solicitante deberá achegar a documentación oficial que acredite a súa residencia no estranxeiro.

As persoas que soliciten unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, deberán acreditar a residencia no estranxeiro da súa unidade económica familiar mediante a presentación dos correspondentes certificados de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

Todas as certificacións presentadas deberán ser expedidas con data posterior á de publicación desta convocatoria.

e) Documentación xustificativa da súa admisión nos estudos para os que se solicita a bolsa, expedida pola universidade correspondente. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, a documentación presentada deberá acreditar que o/a solicitante da bolsa ten superados o 75% dos créditos en que estivo matriculado no último curso ou, de ser o caso, no curso para o que lle foi concedido.

f) Para as axudas de nova adxudicación, certificación académica que acredite os estudos realizados polo/a solicitante, onde figure a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

g) Declaración de que o/a solicitante non ten concedidas, para os mesmos estudos para os que se solicita a bolsa, outras axudas ou subvencións das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo VI).

h) Declaración de non estar incurso o/a solicitante en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención (anexo VII).

i) Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social (anexo VIII).

j) Declaración do compromiso de utilización da lingua galega en todas as actividades para as que se solicita a axuda, se é o caso (anexo IX).

Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. Así mesmo, deberán vir acompañados da súa tradución se están nun idioma distinto do castelán ou galego.

Artigo 5º.-Comisión seleccionadora.

A selección dos candidatos efectuaraa unha comisión seleccionadora, integrada por:

-O/a subdirector/a xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, ou persoa en quen delegue.

-O/a subdirector/a xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

-Un/unha funcionario/a de cada un destes departamentos, dos cales un actuará como secretario/a, con voz e voto.

-Os/as vicerreitores/as das tres universidades galegas competentes na materia ou persoa en quen deleguen.

Esta comisión axustarase no seu funcionamento ao previsto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sección segunda

Programa 2: bases reguladoras para a concesión de bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención

do título de máster universitario en calquera das tres universidades de Galicia

Artigo 6º.-Obxecto.

Esta sección ten por obxecto establecer as bases para solicitar bolsas de nova adxudicación ou a súa prórroga, para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario, nalgunha das universidades do Sistema Universitario de Galicia. Soamente se concederán axudas para a realización dun único máster universitario a aqueles solicitantes que obtiveron o seu título universitario dentro dos últimos cinco anos contados desde o día de publicación da convocatoria.

As ditas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 7º.-Requisitos dos beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos:

1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa.

2. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, o/a solicitante deberá acreditar ter superados o 75% dos créditos en que estivo matriculado no último curso ou, se é o caso, ter o título de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.

3. Estar admitido/a no curso que se inicia no ano da convocatoria nun programa de curso completo de máster universitario autorizado pola Xunta de Galicia e impartido nalgunha das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo. No caso de solicitar prórroga da bolsa non entrarán a formar parte dos mínimos a que se refire o punto anterior créditos correspondentes a distintas especialidades.

Artigo 8º.-Documentación.

Os solicitantes das bolsas deberán achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo III).

b) Para os solicitantes que posúan a nacionalidade española e estean en posesión do documento nacional de identidade, autorización expresa á Secretaría Xeral da Emigración para a verificación dos datos de identidade. Para o resto, pasaporte en vigor ou doutro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/a solicitante.

c) Documentación xustificativa que acredite a súa condición de galego ou ascendencia galega.

d) Acreditación da residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa mediante o correspondente certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación en que teña o seu domicilio. No caso de non posuír a nacionalidade española, o/a solicitante deberá achegar a documentación oficial que acredite a súa residencia no estranxeiro.

As persoas que soliciten unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, deberán acreditar a residencia no estranxeiro da súa unidade económica familiar mediante a presentación dos correspondentes certificados de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

Todas as certificacións presentadas deberán ser expedidas con data posterior á de publicación desta convocatoria.

e) No caso de solicitar unha bolsa para a realización de ensinanzas de máster deberán achegar documento acreditativo de estar admitido/a no curso obxecto da convocatoria nun dos másters universitarios autorizados pola Xunta de Galicia e impartidos en calquera das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, a documentación presentada deberá acreditar a continuidade nos estudos realizados, e ter superados o 75% dos créditos en que estivo matriculado no curso en que obtivo a bolsa, ou de ser o caso, o título oficial obtido.

f) Para as solicitudes de nova adxudicación, certificación académica que acredite os estudos universitarios realizados polo/a solicitante, e onde figure a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

g) Declaración de que o/a solicitante non ten concedidas, para os mesmos estudos para os que se solicita a bolsa, outras axudas ou subvencións das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo VI).

h) Declaración de non estar incurso o/a solicitante en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención (anexo VII).

i) Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social (anexo VIII).

j) Declaración do compromiso de utilización da lingua galega en todas as actividades para as que se solicita a axuda, se é o caso (anexo IX).

Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. Así mesmo, deberán vir acompañados da súa tradución se están nun idioma distinto do castelán ou galego.

Artigo 9º.-Comisión seleccionadora.

A selección dos candidatos efectuaraa unha comisión seleccionadora, integrada por:

-O/a subdirector/a xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, ou persoa en quen delegue.

-O/a subdirector/a xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

-Un/unha funcionario/a de cada un destes departamentos, dos cales un actuará como secretario/a, con voz e voto.

-Os/as vicerreitores/as das tres universidades galegas competentes na materia ou persoa en quen deleguen.

Esta comisión axustarase no seu funcionamento ao previsto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sección terceira

Programa 3: bases reguladoras para a concesión de bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios

Artigo 10º.-Obxecto.

Esta sección ten por obxecto establecer as bases para solicitar bolsas para a realización de estudos presenciais conducentes á obtención dun título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico nalgunha das universidades do SUG.

As ditas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos, da estadía, manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 11º.-Requisitos dos beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos:

1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa nun país extracomunitario.

2. Estar admitido/a para cursar estudos presenciais a tempo completo, por un período mínimo dun cuadrimestre (ata 6 meses), ou dun curso académico, en calquera das tres universidades de Galicia que teña subscritos convenios de mobilidade coas correspondentes universidades de países extracomunitarios. En ningún caso entrarán a formar parte dos mínimos a que se refire o punto anterior créditos correspondentes a distintas especialidades.

3. Non ser ou haber sido beneficiario doutras axudas de mobilidade convocadas por outras entidades públicas ou privadas para o mesmo fin.

Artigo12º.-Documentación.

Os solicitantes das bolsas deberán achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo IV).

b) Para os solicitantes que posúan a nacionalidade española e estean en posesión do documento nacional de identidade, autorización expresa á Secretaría Xeral da Emigración para a verificación dos datos de identidade. Para o resto, pasaporte en vigor ou doutro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/a solicitante.

c) Documentación xustificativa que acredite a súa condición de galego ou ascendencia galega.

d) Acreditación da residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa mediante o correspondente certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación en que teña o seu domicilio. No caso de non posuír a nacionalidade española, o/a solicitante deberá achegar a documentación oficial que acredite a súa residencia no estranxeiro.

Todas as certificacións presentadas deberán ser expedidas con data posterior ao de publicación desta convocatoria.

e) Documentación xustificativa da súa admisión nos estudos para os que se solicita a bolsa, expedida pola universidade do Sistema Universitario de Galicia correspondente.

f) Certificación académica que acredite os estudos realizados polo/a solicitante, onde figure a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

g) Declaración de que o/a solicitante non ten concedidas, para os mesmos estudos para os que se solicita a bolsa, outras axudas ou subvencións das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo VI).

h) Declaración de non estar incurso o/a solicitante en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención (anexo VII).

i) Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social (anexo VIII).

j) Declaración do compromiso de utilización da lingua galega en todas as actividades para as que se solicita a axuda, se é o caso (anexo IX).

Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. Así mesmo deberán vir acompañados da súa tradución se están nun idioma distinto do castelán ou galego.

Artigo 13º.-Comisión seleccionadora.

A selección dos candidatos efectuaraa unha comisión seleccionadora, integrada por:

-O/a subdirector/a xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, ou persoa en quen delegue.

-O/a subdirector/a xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

-Un/unha funcionario/a de cada un destes departamentos, dos cales un actuará como secretario/a, con voz e voto.

-Os/as vicerreitores/as das tres universidades galegas competentes na materia ou persoa en quen deleguen.

Esta comisión axustarase no seu funcionamento ao previsto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sección cuarta

Programa 4: bases reguladoras para a concesión de bolsas para a realización de estudos de formación profesional

de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas

Artigo 14º.-Obxecto.

Esta sección ten por obxecto establecer as bases para a solicitude de bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos ou privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas. As ditas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos, da estadía, manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15º.-Requisitos dos beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos:

1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa.

2. Estar matriculado/a no curso que se inicia no ano da convocatoria nalgún ciclo formativo de grao superior nun centro docente público ou centro privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teña estas ensinanzas concertadas.

Artigo16º.-Documentación.

Os solicitantes das bolsas deberán achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo V).

b) Para os solicitantes que posúan a nacionalidade española e estean en posesión do documento nacional de identidade, autorización expresa á Secretaría Xeral da Emigración para a verificación dos datos de identidade. Para o resto, pasaporte en vigor ou doutro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/a solicitante.

c) Documentación xustificativa que acredite a súa condición de galego ou ascendencia galega.

d) Acreditación da residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa mediante o correspondente certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación en que teña o seu domicilio. No caso de non posuír a nacionalidade española, o/a solicitante deberá achegar a documentación oficial que acredite a súa residencia no estranxeiro.

Todas as certificacións presentadas deberán ser expedidas con data posterior ao de publicación desta convocatoria.

e) Xustificante de solicitude de matrícula ou de estar matriculado para o curso que se inicia no ano da convocatoria nalgún centro docente público ou centro privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teña estas ensinanzas concertadas.

f) Certificación académica que acredite os estudos realizados polo/a solicitante, onde figure a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

g) Declaración de que o/a solicitante non ten concedidas, para os mesmos estudos para os que se solicita a bolsa, outras axudas ou subvencións das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo VI).

h) Declaración de non estar incurso o/a solicitante en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención (anexo VII).

i) Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social (anexo VIII).

j) Declaración do compromiso de utilización da lingua galega en todas as actividades para as que se solicita a axuda, se é o caso (anexo IX).

Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. Así mesmo, deberán vir acompañados da súa tradución se están nun idioma distinto do castelán ou galego.

Artigo 17º.-Comisión seleccionadora.

A selección dos candidatos efectuaraa unha comisión seleccionadora, integrada por:

-O/a subdirector/a xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, ou persoa en quen delegue.

-O/a subdirector/a xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

-Un/unha funcionario/a de cada un destes departamentos, dos cales un actuará como secretario/a, con voz e voto.

Esta comisión axustarase no seu funcionamento ao previsto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sección quinta

Características xerais

Artigo 18º.-Réxime de concesión e criterios de selección.

O procedemento de concesión das axudas convocadas ao abeiro destas bases realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

Como criterios obxectivos de avaliación teranse en conta os seguintes:

1. O expediente académico do interesado en función das materias aprobadas e as súas cualificacións valorarase ata un máximo de 9 puntos. No caso daqueles expedientes que teñan a mesma cualificación, terán prioridade os correspondentes ás ensinanzas técnicas que teñan correspondencia coas do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

2. O emprego da lingua galega na realización das actividades para as que se solicita a axuda valorarase ata un máximo de 1 punto (anexo X).

Artigo 19º.-Ordenación, instrución e resolución do procedemento de concesión.

1. A ordenación e instrución do procedemento estará a cargo da Subdirección Xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración.

A selección dos candidatos para cada un dos programas convocados, tanto para a concesión de bolsas de nova adxudicación como para a prórroga das bolsas concedidas en convocatorias anteriores, efectuarana as comisións seleccionadoras reguladas nestas bases, segundo os criterios establecidos no artigo anterior. As comisións seleccionadoras, unha vez analizadas as solicitudes e documentación presentada, emitirán os informes en que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

O órgano instrutor, á vista dos informes das comisións seleccionadoras, formulará as propostas de resolución definitiva.

2. As resolucións ditadas polo secretario xeral da Emigración para cada un dos programas convocados, tanto para a concesión de bolsas de nova adxudicación como para a prórroga das bolsas concedidas en convocatorias anteriores, serán motivadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia. Nas resolucións constará de maneira expresa a lista de suplentes e a/s causa/s de desestimación.

A convocatoria poderá declararse deserta total ou parcialmente.

Publicadas as resolucións, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de 10 días para a súa aceptación. Transcorrido ese prazo sen que se produza manifestación expresa, a axuda entenderase tacitamente aceptada.

Ademais, e de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral da Emigración publicará na súa páxina web, www.galiciaaberta.com, a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de solicitudes desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, no caso de resolución expresa, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

5. Logo de solicitude xustificativa do beneficiario, a Secretaría Xeral da Emigración poderá acordar un anticipo de ata o 30% da bolsa concedida segundo o establecido no artigo 63º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o resto do importe librarase no momento en que o beneficiario da bolsa presente a documentación exixida.

Artigo 20º.-Xustificación e pagamento da bolsa.

O/a bolseiro/a comprométese a cumprir todas as condicións recollidas nestas bases mediante a presentación da seguinte documentación que deberá remitir á secretaría xeral no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión das bolsas no portal da Secretaría Xeral da Emigración (www.galiciaaberta.com):

a) Xustificante orixinal ou debidamente cotexado que acredite a realización da matrícula dos estudos que se vaian realizar. No documento deberá figurar o selo da entidade bancaria xustificativo do pagamento realizado.

b) No caso de concesión de axuda para viaxe, deberase achegar a factura correspondente ou documentación xustificativa que acredite a realización da viaxe e o pagamento desta.

c) Certificación orixinal do número de conta bancaria da cal o/a solicitante da bolsa sexa titular. No número da conta constará o código conta cliente, comprensivo dos códigos que identifican o banco, a oficina, o díxito de control e o número da conta en que se aboará o importe da bolsa. En todo caso, o domicilio social da sucursal da entidade bancaria deberá estar radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Enderezo para efectos de notificacións e teléfono de contacto en Galicia (anexo X).

e) Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social (anexo VIII).

Transcorrido este prazo sen que se achegue a citada documentación, considerarase que o/a interesado/a renuncia á bolsa concedida. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 42.1º Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, as renuncias que se produzan poderán ser substituídas de acordo coa lista de suplentes, se é o caso, publicada xunto á resolución a que se fai referencia no artigo 19º.3.

Unha vez presentada a documentación xustificativa, a Secretaría Xeral da Emigración procederá ao aboamento do 70% do importe da bolsa concedida mediante transferencia bancaria. Para o suposto en que se concedera o anticipo previsto no artigo 19º desta resolución, aboaráselle ao beneficiario o importe restante que corresponda ata chegar ao 70% da bolsa concedida.

O último pagamento, correspondente ao 30% restante, farase efectivo de xeito similar despois de que o/a bolseiro/a presente na Secretaría Xeral da Emigración, antes do 30 de setembro do ano posterior ao da convocatoria:

a) No caso dos programas 1 e 2 e 3, certificación académica dos estudos realizados durante o desfrute da bolsa ou informe do titor, director ou coordinador do intercambio en relación co cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a durante os meses de duración da bolsa. En todo caso será imprescindible para ter dereito ao pagamento do 30% restante da bolsa, ao ter aprobado, cando menos, o 50% dos créditos matriculados para a concesión desta.

b) No caso do Programa 4, os beneficiarios das bolsas deberán achegar unha certificación que acredite que seguiron a avaliación continua, cando menos, no 70% dos módulos do ciclo durante o curso para o que fose convocada a axuda e ter aprobado, polo menos, o 50% dos módulos do ciclo.

c) Declaración xurada de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados.

Todos/as os/as alumnos/as estarán obrigados/as a presentar a documentación relacionada anteriormente para o pagamento do 30% restante. Aqueles/as alumnos/as que non a presenten estarán incumprindo as súas obrigas como bolseiro/a e, polo tanto, deberán proceder á devolución da totalidade da bolsa percibida, xunto cos xuros de demora correspondentes, de conformidade co artigo 21º.3 desta resolución.

Artigo 21º.-Obrigas dos/as bolseiros/as.

1. Con carácter xeral, os adxudicatarios das bolsas convocadas por medio desta resolución quedan obrigados a someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, en concreto as recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

2. Así mesmo, os adxudicatarios están obrigados a:

a) Incorporarse en Galicia ao comezo do curso académico para o que se lle concedeu a axuda ou, de non ser posible, o 15 de decembro do ano en que se inicia o curso como data límite. Os/as alumnos/as do Programa 3, intercambio, están obrigados/as a incorporarse en Galicia ao comezo dos seus correspondentes períodos de estudo.

b) Residir durante o curso académico completo na Comunidade Autónoma de Galicia e comunicar á Secretaría Xeral da Emigración os cambios de enderezo que realice o beneficiario. Os/as alumnos/as participantes no Programa 3 para a modalidade dun cuadrimestre (ata 6 meses) estarán obrigados a residir en Galicia mentres dure o período lectivo.

c) Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.

d) Os estudantes estranxeiros que non posúan algún tipo de cobertura sanitaria durante o tempo que dure a súa estancia por estudos nas universidades de Galicia deberán subscribir unha póliza de seguro de asistencia sanitaria privada.

e) O/a solicitante presta o seu consentimento para incluír e facer públicos, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios e no Rexistro Público de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas.

Os datos referidos integrarán un ficheiro cuxo responsable será a Consellería de Economía e Facenda, ante quen se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Salvo nos casos sinalados no artigo 9.4º do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistro públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a non autorización da obtención de datos ou a súa publicidade, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter as axudas ou subvencións ou, se procede, ao reintegro do importe concedido. Así mesmo, o/a solicitante autoriza a Secretaría Xeral da Emigración para a cesión de datos a aqueles organismos da Administración xeral do Estado con competencias similares na materia co fin do exercicio das funcións que lles son propias.

f) Todos os trámites académicos necesarios para matricularse nos estudos elixidos deberán ser realizados directamente polos propios solicitantes.

3. No caso de renuncia ou incumprimento das súas obrigas, o/a bolseiro/a deberá proceder ao reintegro das cantidades xa percibidas, xunto cos xuros de demora que lle correspondan en cada caso.

Artigo 22º.-Incompatibilidades, seguimento, modificación da resolución de concesión e revogación.

1. Estas bolsas son incompatibles con outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados agás con aquelas destinadas a cubrir algunha das accións formativas que o/a solicitante vai realizar segundo os seus estudos (asistencia a reunións, congresos, seminarios, cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

2. A Secretaría Xeral da Emigración levará a cabo a función de control, avaliación e seguimento das bolsas concedidas ao abeiro desta resolución. Para realizar as devanditas funcións poderán utilizarse cantos medios estean á disposición da Secretaría Xeral da Emigración para comprobar os requisitos exixidos nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación, para o cal os beneficiarios das axudas reguladas nesta resolución prestarán toda a colaboración que lles sexa requirida.

3. Os adxudicatarios das bolsas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral da Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a realización dos estudos, podendo a secretaría xeral adoptar a resolución de modificación da concesión que corresponda.

Así mesmo, estarán na obriga de prestaren colaboración e facilitaren canta documentación lles sexa requirida no exercicio das funcións de control que lles corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ao Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio da súa función de fiscalización e control do destino destas axudas.

4. Procederase ao reintegro, total ou parcial, da cantidade percibida cos xuros de mora devengados desde o momento do seu pagamento nos casos sinalados no artigo 33º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De acordo co artigo 14.1º.n da Lei 9/2007, os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que haxa que minorar ou reintegrar serán os seguintes:

-O incumprimento total dos fins para os que se concede a subvención, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida.

-Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os que se concedeu a axuda da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, e dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

5. A Subdirección Xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, poderá solicitar dos peticionarios as aclaracións, comprobacións ou documentación complementaria, orixinal ou copia compulsada, que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas para a concesión das bolsas previstas nesta resolución.

Artigo 23º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento e demais normativa de desenvolvemento.

Ver referencia pdf "10900D001P006.PDF"

Ver referencia pdf "10900D002P021.PDF"