DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 09 de xuño de 2010 Páx. 10.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, da contratación do servizo para a redacción do estudo de viabilidade e anteproxecto de construción e explotación de infraestrutura e instalacións dunha rede de metro lixeiro na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela.

1) Entidade licitadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Mobilidade.

c) Domicilio: praza de Europa 5-A, 2ª planta. Área Central-As Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela - A Coruña (España).

d) Teléfono número: 981 54 45 94.

e) Fax número: 981 54 43 51.

f) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2) Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do estudo de viabilidade e anteproxecto de construción e explotación de infraestrutura e instalacións dunha rede de metro lixeiro na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela.

b) Orzamento base de licitación: 431.034,48 € (IVE excluído). IVE: 68.965,52 €.

c) Prazo de execución: trinta (30) meses.

3) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto multicriterio, harmonizado.

4) Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

5) Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Mobilidade.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A, 2ª planta. Área Central-As Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela - A Coruña (España).

c) Teléfono: 981 54 45 94.

d) Fax: 981 54 43 51.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/, no cal se atopan o prego de cláusulas administrativas particulares, o cadro de características e o prego de prescricións técnicas.

6) Presentación de ofertas ou das solicitudes de participació.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 20 de xullo de 2010.

b) Documentación que se presentará: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na praza de Europa, 5 A-2ª planta, Área Central-As Fontiñas 15707. Santiago de Compostela. Tamén se poderán enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, segundo o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

7) Apertura de ofertas.

a) Segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar, día e hora: publicarase no perfil do contratante (www.contratosdegalicia.es/).

8) Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

9) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27-5-2010.

10) No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2010.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas