DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 09 de xuño de 2010 Páx. 10.418

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 31 de maio de 2010 pola que se nomea presidente da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ferrol.

Por Orde do 5 de maio de 2010 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estableceuse a entrada en funcionamento da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ferrol, co fin de mellorar a resposta do sistema, incorporar elementos de equilibrio territorial e outorgar unha maior operatividade a cada comisión de asistencia xurídica gratuíta.

De conformidade co establecido no artigo 5 do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG do 15 de decembro), unha vez comunicadas polos órganos competentes as designacións das persoas que integrarán esta comisión, corresponde ao titular da consellería competente en materia de xustiza, mediante orde, nomear entre as persoas integrantes da comisión o/a seu/súa presidente/a e a persoa que o/a substitúa.

En consecuencia, e tras seren comunicadas pola fiscalía de área, polo decano do colexio de avogados do ámbito territorial correspondente, polo decano do colexio de procuradores dos tribunais do ámbito territorial correspondente, pola Dirección Xeral de Xustiza e pola Dirección Xeral de Asesoría Xurídica Xeral as referidas designacións, esta consellería, de acordo co establecido no artigo 5.2º do Decreto 269/2008, do 6 de novembro,

dispón:

Artigo único.-Nomear presidenta da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ferrol a María Nemiña Suárez, e como presidente suplente, para o caso de que sexa precisa a substitución da anterior, a Román Ruiz Alarcón.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2010.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza