DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 08 de xuño de 2010 Páx. 10.371

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2010 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2009 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2010.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Lalín para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no concello de Lalín.

Obxecto: definir as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Inega e o Concello de Lalín, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta no concello de Lalín.

Sinatura: 20 de xaneiro de 2010.

Importe: 140.000 €.

Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e os concellos de Valdeorras: A Rúa e O Barco, para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano e interurbano.

Obxecto: definir as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Inega e os concellos da Rúa e O Barco, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta nestes concellos.

Sinatura: 20 de xaneiro de 2010.

Importe: 140.000 €.

Nº: 3.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Ourense para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no concello de Ourense -2ª fase-.

Obxecto: definir as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Inega e o Concello de Ourense, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta no Concello de Ourense.

Sinatura: 20 de xaneiro de 2010.

Importe: 140.000 €.

Nº: 4.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e os concellos de Porto do Son, Noia e Lousame para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano e interurbano.

Obxecto: definir as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Inega e os concellos de Porto do Son, Noia e Lousame, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta nestes concellos.

Sinatura: 20 de xaneiro de 2010.

Importe: 140.000 €.

Nº: 5.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Federación Galega de Asociacións de Fontanaría, Calefacción e Afíns (Fegafón).

Obxecto: establecer as bases de colaboración entre o Inega e Fegafón para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria, para o coñecemento e formación no procedemento de certificación enerxética de edificios, no novo Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e no documento básico de aforro de enerxía do código técnico de edificación (HE-1 e HE-3) e que comprende a realización de xornadas de difusión e cursos de formación complementaria.

Sinatura: 20 de xaneiro de 2010.

Importe: 30.000 €.

Nº: 6.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo para promover e potenciar o uso de enerxías renovables.

Obxecto: establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Inega e a S A de Xestión do Plan Xacobeo, en virtude das cales o Inega subvencionará actuacións de aproveitamento de enerxía da biomasa, ademais de levar a cabo outras colaboracións conxuntas en materia de aforro e eficiencia enerxética.

SInatura: 9 de febreiro de 2010.

Importe: ata un máximo de 130.600 €.

Nº: 7.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Deputación de Ourense para promover e potenciar o uso de enerxías renovables na deputación.

Obxecto: establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Inega e a Deputación de Ourense, en virtude das cales o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso das enerxías renovables en varias instalacións xestionadas pola Deputación de Ourense.

Sinatura: 12 de febreiro de 2010.

Importe: ata un máximo de 104.400 €.

Nº: 8.

Título: convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) sobre investimentos en enerxías renovables no medio rural.

Obxecto: establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre Agader e o Inega respecto das actuacións públicas de apoio ás enerxías renovables que se realizarán no medio rural da Comunidade Autónoma de Galicia, de modo que se estableza unha clara demarcación entre as que poderán recibir axuda no marco das liñas de actuación de Agader e as que poderán ser subvencionadas polo Inega.

Sinatura: 22 de abril de 2010.

Importe: 0 €.