DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 08 de xuño de 2010 Páx. 10.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xuño de 2010 pola que se resolve a adxudicación das axudas dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.

Cumpridos os trámites establecidos no artigo 7 da Orde do 5 de febreiro de 2010, pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar as axudas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010 ao alumnado que se relaciona no anexo desta orde. Ábrese un prazo de 10 días para a aceptación ou renuncia a esta axuda, contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A aceptación suporá a remisión á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da documentación que se recolle no artigo 7.6º da orde de convocatoria.

Segundo.-Contra esta resolución definitiva de adxudicación, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "10700D006P033.PDF"