DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 08 de xuño de 2010 Páx. 10.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2010 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de maio de 2010 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 14 de maio de 2010, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo.-Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catorce de maio de dous mil dez, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "10700D004P024.PDF"