DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 03 de xuño de 2010 Páx. 9.979

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 2010 pola que se modifica a Orde do 7 de febreiro de 2008, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Pola Orde do 7 de febreiro de 2008 (DOG do 25 de febreiro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Con data do 6 de maio de 2010, o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña comunica o nomeamento de Carlos Alberto Amoedo Souto como secretario xeral da dita universidade en substitución de Xosé Manuel Carril Vázquez, por acordo do reitor do 30 de abril de 2010.

O artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, establece que son membros natos do Consello Social, entre outros, o secretario xeral da universidade.

O artigo 7.4º desta lei establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados ao conselleiro competente en materia universitaria, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear a Carlos Alberto Amoedo Souto, secretario xeral da Universidade da Coruña, como membro nato do Consello Social desta universidade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria