DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 01 de xuño de 2010 Páx. 9.803

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 25 de maio de 2010 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Ley 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e de mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que ao abeiro do disposto no artigo 40 da Lei 27/1992, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración xeral do Estado, de Gonzalo Sirvent Zaragoza, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2010.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR