DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 31 de maio de 2010 Páx. 9.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño en Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2010, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 7 de maio de 2010.

Mª Covadonga Salgado Blanco

Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

Ver referencia pdf "10100D010P055.PDF"