DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 31 de maio de 2010 Páx. 9.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2010 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) durante o primeiro trimestre de 2010.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape no Diario Oficial de Galicia, expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, o beneficiario estará suxeito ás normas de información e publicidade que establece o Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Así mesmo, o Igape tamén publicará as subvencións concedidas en vía de recurso ao abeiro das súas bases reguladoras, unha vez vistos os recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro das súas bases reguladoras e tras propoñer para concesión os proxectos aprobados nos recursos estimados.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape durante o primeiro trimestre de 2010, que figura como anexo I.

Segundo.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape en vía de recurso durante o primeiro trimestre de 2010, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Ver referencia pdf "10100D007P037.PDF"

Ver referencia pdf "10100D008P038.PDF"