DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 28 de maio de 2010 Páx. 9.578

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 80/2010, do 27 de maio, polo que se dispón que cese José Luis Vázquez Fernández como secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de maio de dous mil dez,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Luis Vázquez Fernández, como secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e sete de maio de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA