DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 27 de maio de 2010 Páx. 9.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia no primeiro cuadrimestre de 2010.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo) dispón que os organismos autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia os convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo exposto, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación de convenios subscritos polo organismo autónomo Augas de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do 2010, e que se xuntan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2010.

Ethel María Vázquez Mourelle

Presidenta de Augas de Galicia

Ver referencia pdf "09900D005P010.PDF"

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO