DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 27 de maio de 2010 Páx. 9.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2010 pola que se convoca un curso sobre plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación (Pemu).

Dentro das actividades programadas para o ano 2010 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso sobre plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación (Pemu), conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación (Pemu).

Tipo: curso.

Horas lectivas: 29.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: dotar os integrantes dos servizos de protección civil e emerxencias de Galicia, a que se refire o artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46 desta lei.

Contido: o contido do curso sobre plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación (Pemu).

a) Estrutura e organización do Pemu.

b) Cecopal.

c) Cartografía dixital do plan de emerxencias.

d) Operatividade.

e) Os arquivos informáticos.

f) Catálogo de medios e recursos.

g) Tipoloxía de riscos.

h) Análise e determinación de riscos.

i) Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

j) Módulo de igualdade de oportunidades.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as: persoal técnico dos concellos con responsabilidade na elaboración do Plan de emerxencia municipal (Pemu).

Responsables das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia (presidente, xefe, subxefe e xefe de grupo), que colaboren na elaboración e implantación do Pemu.

Prazas ofertadas: 27.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación: o prazo para a inscrición e a presentación de solicitudes de participación rematará o día 14 de xuño de 2010.

Para inscribirse os solicitantes cubrirán a solicitude de participación que se encontra na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es, na sección actividades formativas, cursos con inscrición aberta, e non serán admisibles outros modelos de solicitude, e remitirana telematicamente.

Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través da web, deberá imprimila, asinala a/o solicitante e obter tamén a sinatura da autoridade do concello ou organismo de que dependan, enviándoa á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, a través do fax 886 20 61 23, por correo postal ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Obrigas das persoas seleccionadas: as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, a non ser que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 23.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.

Data: 21, 22, 23 e 24 de xuño de 2010.

Certificado de asistencia: ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela.

5. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro ).

6. Financiamento da actividade.

Esta actividade é cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo dentro do Programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, no eixe 3, tema prioritario 72.

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 20 de maio de 2010.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública