DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 27 de maio de 2010 Páx. 9.436

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2010 pola que se convoca un curso selectivo de formación para vixilantes municipais.

Dentro das actividades programadas para o ano 2010, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a celebración dun curso selectivo de formación para vixilantes municipais, segundo o previsto no artigo 92.4º da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais, e no artigo 49 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Obxectivos.

Dotar os vixilantes municipais dunha formación específica que lles facilite a competencia e capacitación necesarias para o posterior desempeño da súa actividade profesional.

Destinatarios/as.

O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que superasen as correspondentes probas de acceso ás prazas de vixilantes municipais dos diferentes concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición é gratuíta.

A academia procederá a reservar definitivamente a correspondente praza segundo a comunicación da inscrición por parte do concello de procedencia.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. Os concellos deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública solicitando as correspondentes prazas de reserva, con indicación das persoas que superaron as correspondentes probas de oposición ás prazas de vixilantes municipais e completar o anexo con todos os datos nel reflectidos referidos aos solicitantes de praza.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 8 de xuño de 2010.

3. Os escritos deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada. Previamente remitiranse por fax (886 20 61 22) para axilizar os correspondentes trámites.

Duración e estrutura do curso.

O curso terá unha duración aproximada de 2 meses (250 horas lectivas) e desenvolverase de modo semipresencial.

O deseño deste curso inclúe os seguintes módulos:

- Módulo I: módulo xurídico

- Módulo II: módulo técnico

- Módulo III: módulo operativo

- Módulo IV: módulo transversal

A academia poderá, ademais, proceder á homologación de materias ou módulos do curso cando, despois da solicitude do/a alumno/a e a oportuna xustificación documental, se acredite ter desenvolvido ou superado as ditas materias ou módulos en cursos ou actividades de centros ou institucións dependentes das administracións públicas, ou de recoñecido prestixio e solvencia noutro caso.

Datas.

A data de inicio do curso será o día 14 de xuño ás 9.00 horas.

Desenvolvemento do curso.

O alumnado da Academia Galega de Seguridade Pública durante o seu período de permanencia nela rexerase polo seu regulamento de réxime interior, publicado pola Orde do 4 de febreiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no DOG do 12 de febreiro de 2009, número 30.

Certificado.

De acordo co previsto no artigo 19 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da Lei 4/2007, unha vez superado o curso, a Agasp emitirá un informe certificando a devandita superación, de modo que o concello de pertenza poida proceder ao nomeamento como persoal funcionario de carreira e á toma de posesión como vixilante municipal.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 19 de maio de 2010.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

Pública

Ver referencia pdf "09900D003P008.PDF"