DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 27 de maio de 2010 Páx. 9.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se prorroga o prazo para a presentación do documento de programación de actuacións por parte dos concesionarios de transporte público regular permanente de persoas de uso xeral por estrada de Galicia.

Mediante a Resolución do 26 de febreiro de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade, quedou aprobado o Plan de modernización das concesións de transporte público regular de persoas de uso xeral por estrada de Galicia, (DOG nº 40, do 1 de marzo de 2010) ao abeiro do disposto na Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector do transporte público de Galicia.

No texto do anexo da mencionada lei, que incluía as bases do Plan de modernización, establecíase que no termo máximo de 6 meses desde a data de entrada en vigor da propia lei, os concesionarios deberían presentarlle á Administración un programa de implantación de actuacións e, neste sentido, a mesma previsión recóllese no punto cuarto da resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 26 de febreiro de 2010.

Á vista de que os concesionarios requiren máis tempo para a elaboración dos documentos de programación de actuacións, adaptadas ás bases aprobadas coa Lei 5/2009 e a Resolución do 26 de febreiro de 2010 considérase, en consecuencia, que necesitan máis prazo para presentalas á Administración.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Facer pública a ampliación do prazo de presentación dos documentos de programación das actuacións por parte dos concesionarios de transporte público, adaptadas ao Plan de modernización das concesións por un prazo adicional de 3 meses desde a finalización do prazo establecido inicialmente.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2010.

Miguel Rodríguez Bugarín

Director xeral de Mobilidade