DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 27 de maio de 2010 Páx. 9.434

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai pública a concesión das bolsas e axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en materias relacionadas coas mulleres, especialmente no ámbito da violencia de xénero, convocadas pola Resolución do 24 de setembro de 2009.

A resolución da Secretaría Xeral da Igualdade do 24 de setembro de 2009 (DOG do 1 de outubro) aproba as bases e convoca bolsas e axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en materias relacionadas coas mulleres, especialmente no ámbito da violencia de xénero.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, beneficiaria/o, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anteriormente exposto, esta secretaría

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de beneficiarias/os das axudas concedidas ao abeiro desa resolución. Esta relación achégase nos anexos I a IV.

Convocatoria: Resolución do 24 de setembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan bolsas e axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en materias relacionadas coas mulleres, especialmente no ámbito da violencia de xénero.

*Ano 2009:

-Programa: 200900197. Crédito orzamentario: 170.000 euros. Aplicación orzamentaria: 04.40.313D.481.0.

-Programa: 200900199. Crédito orzamentario: 40.000 euros. Aplicación orzamentaria: 04.40.312G.470.0.

*Ano 2010:

-Programa: 200900197. Crédito orzamentario: 120.000 euros. Aplicación orzamentaria: 04.40.313D.481.0.

-Programa: 200900199. Crédito orzamentario: 30.000 euros. Aplicación orzamentaria: 04.40.312G.470.0.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2010.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "09900D001P006.PDF"