DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 26 de maio de 2010 Páx. 9.332

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

Advertidos erros no citado Decreto 77/2010, do 29 de abril (publicado no DOG nº 89, do 12 de maio, páx. 8.385 e seguintes), cómpre facer as seguintes correccións:

Onde di: Catro.-Modificación parcial dos artigos 21º, 25º e 53º.

-O número 1 e) do artigo 21º quedará redactado do xeito seguinte:

«Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP».

-O número 1 e) do artigo 25º quedará redactado do xeito seguinte:

«Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP».

-A alínea d) do artigo 53º quedará redactada do xeito seguinte:

«Ser titular dos permisos de conducir das clases A e B con BTP, agás para a categoría de policía, que só se exixirán os permisos de clase A2 e B con BTP».

Debe dicir: Catro.-Modificación parcial dos artigos 21º, 26º e 53º.

-O número 1 e) do artigo 21º quedará redactado do xeito seguinte:

«Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP».

-O número 1 e) do artigo 26º quedará redactado do xeito seguinte: