DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 25 de maio de 2010 Páx. 9.242

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de maio de 2010 sobre integración do persoal funcionario nas escalas de inspección e subinspección urbanística creadas pola disposición adicional segunda da Lei 5/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/1992, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 92, do 18 de maio de 2010, procédese a efectuar a oportuna rectificación:

No título da orde, onde di: «Lei 5/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/1992, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia», debe dicir: «Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia».

No primeiro parágrafo onde di: «Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/1992, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia», debe dicir: «Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia».