DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 24 de maio de 2010 Páx. 9.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de abril de 2010 pola que se modifica a autorización do centro privado Luis Vives, do concello de Ourense.

Examinado o expediente iniciado pola titularidade do centro privado Luis Vives, do concello de Ourense, no cal solicita a ampliación dunha unidade de educación especial e a supresión de dúas unidades de bacharelato.

O expediente foi tramitado polo Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que o remite cos informes favorables correspondentes, en cumprimento do Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria; do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e da Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, e demais normativa vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a ampliación dunha unidade de educación especial e a supresión de dúas unidades de bacharelato no centro privado que se relaciona a continuación:

Denominación: centro privado Luis Vives.

Código do centro: 32016728.

Domicilio: Aira de Fonsillón número 4.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Luis Vives-Ourense, Sociedade Cooperativa Limitada.

Composición resultante:

Educación infantil: seis unidades.

Educación primaria: doce unidades.

Educación secundaria obrigatoria: oito unidades.

Bacharelato: catro unidades, modalidades de ciencias e tecnoloxía e a de humanidades e ciencias sociais.

Educación especial: dúas unidades.

*Quenda tarde-noite:

Educación de persoas adultas:

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas.

Segundo.-Para a posta en funcionamento da unidade que se amplía, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia.

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria