DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 24 de maio de 2010 Páx. 9.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2010 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 28 de setembro).

O artigo 14 da orde reguladora dispón: «Unha vez que finalice o prazo de presentación de solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 44.02.741A.771.0, ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2009 pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión das subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "09600D007P062.PDF"