DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 24 de maio de 2010 Páx. 9.116

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria.

A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é un principio básico e fundamental recoñecido na Constitución española. O seu artigo 1.1º establece a igualdade como un valor superior do ordenamento xurídico, e o artigo 9.2º formula o mandamento expreso aos poderes públicos para que a fagan efectiva, e o artigo 14 prohibe expresamente calquera discriminación por razón de sexo.

O Estatuto de autonomía determina, no seu artigo 4, que lles corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.

A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, reforza o compromiso da Comunidade Autónoma na eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da igualdade, establecendo como criterio xeral de actuación da Xunta de Galicia neste ámbito a colaboración coas asociacións e grupos de mulleres.

Mediante o Decreto 79/2009, do 19 de abril, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. En virtude do disposto na dita norma, o Decreto 82/2009, do 21 de abril, fixa a Secretaría Xeral da Igualdade como un dos órganos superiores que dependen da Presidencia da Xunta de Galicia.

Polo anteriormente exposto a Secretaría Xeral da Igualdade considera necesario contribuír a estimular e ao mesmo tempo a dinamizar a vida interna das asociacións de mulleres, na procura da potenciación dos valores e finalidades destas entidades, para o que pon en marcha axudas económicas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións.

Esta resolución axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007 e, así mesmo, adáptase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos, e os demais requisitos exixidos na Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, existindo crédito axeitado e suficiente para o financiamento do gasto que se proxecta.

A disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra nas secretarías xerais dependentes da Presidencia a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Na súa virtude e en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria de axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, con destino a gastos correntes derivados do seu mantemento e funcionamento durante o ano 2010.

2. A concesión destas subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva segundo os criterios que se establecen nesta resolución.

Artigo 2º.-Entidades beneficiarias.

1. As axudas poderán ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, nas áreas de actuación da muller ou de igualdade.

2. Para os efectos desta resolución é compatible a solicitude de subvención por parte dunha asociación coa pertenza a unha federación que, así mesmo, solicite a subvención.

3. Non se considerarán as solicitudes das entidades que non estean inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

4. Tanto no caso das asociacións como das federacións as mulleres socias representarán, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas.

5. Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a:

a) Promover a igualdade entre homes e mulleres.

b) Promover a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.

Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos expresamente nos estatutos da asociación ou federación, e non serán obxecto de consideración as solicitudes de entidades que non cumpran este requisito.

6. As entidades solicitantes deberán cumprir, en todo caso, os requisitos para obter a condición de beneficiarias exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3º.-Orzamento e contía da subvención.

1. A Secretaría Xeral da Igualdade financiará as axudas obxecto desta convocatoria por un importe total máximo de 300.000 euros ou o que resulte da súa actualización, no caso de que se aproben modificacións orzamentarias de conformidade coa lexislación vixente, con cargo á partida orzamentaria 04.40.313B.480.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010. O dito crédito será obxecto de desconcentración nos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de xeito proporcional ao número de instancias presentadas en cada provincia.

2. A contía de cada axuda determinarase sobre a base da puntuación asignada en función dos criterios de valoración establecidos no artigo 7, e poderá alcanzar como máximo o 90% do total do orzamento presentado, sen que en ningún caso supere os 6.000 euros por entidade beneficiaria.

Artigo 4º.-Conceptos e gastos subvencionables.

1. As axudas reguladas nesta resolución teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha liña de apoio ao seu mantemento e funcionamento. Por este motivo, concederanse axudas económicas para compensar os gastos realizados e efectivamente pagados que orixine o mantemento ou funcionamento destas entidades entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2010.

2. O mantemento inclúe o financiamento dos gastos correntes en bens e servizos asociados ao local onde se sitúe a sede social da entidade, obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicar incremento do valor patrimonial do dito inmoble.

3. A subvención do funcionamento ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento das actividades propias e habituais da entidade, incluíndo gastos de subministracións, material funxible de oficina e ofimático, correo e outros análogos. Tamén serán subvencionables os gastos de persoal que desenvolva unicamente funcións administrativas.

4. Todos os gastos serán correntes, polo tanto, as entidades beneficiarias non poderán imputar gastos de investimento para a xustificación da axuda concedida.

5. Terán a consideración de subvencionables, entre outros, os seguintes gastos correntes en bens e servizos:

a) Gastos correspondentes ao aluguer do local onde se sitúe a sede social da asociación ou federación.

b) Gastos de administración xeral e material funxible de oficina e ofimático, gastos de correo e outros análogos.

c) Gastos de persoal administrativo contratado pola asociación ou federación.

d) Obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicar incremento do valor patrimonial da sede social.

e) Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación ou federación.

f) Gastos derivados das subministracións de auga, electricidade e similares relativos ao local da sede social, así como gastos da liña telefónica.

Instalación de liñas ADSL, mantemento de equipos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación ou federación.

6. En ningún caso serán subvencionables os gastos correntes derivados do desenvolvemento de actividades ou programas da entidade solicitante.

Artigo 5º.-Solicitudes, documentación e prazo.

1. As entidades que desexen solicitar as axudas reguladas nesta resolución deberán dirixir a súa solicitude ao/á xefe/a do departamento territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza competente en función da provincia en que a asociación teña establecida a súa sede social, segundo o modelo oficial que figura como anexo I desta resolución.

2. Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade.

b) Fotocopia do DNI da persoa representante legal que asina a solicitude. Non obstante, o anexo V da solicitude recolle a posibilidade de autorizar a Secretaría Xeral da Igualdade para a consulta dos datos de identidade, caso en que non será preciso achegar o dito documento.

c) Certificación bancaria orixinal da conta da que é titular a entidade solicitante e onde se desexa que se faga efectivo o pagamento da subvención.

d) Fotocopia dos estatutos da entidade.

e) Certificación expedida pola secretaría da entidade, acreditativa da identidade da persoa que posua a súa representación legal, conforme o modelo que figura como anexo II desta resolución.

f) Memoria explicativa da entidade segundo anexo III desta resolución; non serán admitidas aquelas memorias que non sexan realizadas segundo o dito anexo.

g) Memoria das actividades realizadas nos últimos dous anos en que deberá constar, cando menos, o nome da actividade realizada, o ano, o número de horas, o número de persoas participantes, os contidos impartidos e os obxectivos (anexo IV).

h) Memoria das actividades formativas organizadas polas administracións públicas no ámbito da igualdade en que participase a entidade nos últimos 2 anos (anexo IV) xunto coa documentación acreditativa da dita participación.

i) Declaración de non estar incursa en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir axudas ou subvencións da Administración pública (anexo V).

j) Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas concedidas e/ou solicitadas para o mesmo proxecto procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (anexo V).

k) Certificación emitida pola secretaria da asociación co visto e prace da presidenta de que, tanto no caso das asociacións como das federacións, as mulleres socias representan, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas (anexo VI).

Para o caso das federacións de asociacións de mulleres, achegarase ademais certificación da secretaría da federación en que conste a relación nominal de asociacións que a compoñen.

l) Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo VII).

m) Relación dos gastos para os cales se solicita subvención, onde conste a súa natureza e contía (anexo VIII).

3. Sen prexuízo do disposto na normativa vixente, as entidades solicitantes poderán non achegar os documentos sinalados nas letras a), b) e c) deste artigo cando xa consten en poder da Secretaría Xeral da Igualdade, agás que se producise algunha variación nos ditos datos. Para estes efectos deberase indicar o procedemento en que constan.

A inscrición da entidade no rexistro de entidades será verificada de oficio por parte da Secretaría Xeral da Igualdade, e non serán admitidas as inscricións posteriores ao último día do prazo de presentación de solicitudes establecido no número 5 deste artigo.

4. As solicitudes xunto coa documentación requirida deberán presentarse mediante instancia normalizada debidamente cuberta a través de calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 6º.-Tramitación dos expedientes.

1. Os respectivos servizos de igualdade dos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza comprobarán que os expedientes reúnen todos os requisitos exixidos nesta resolución. En caso contrario, conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirán a entidade solicitante para que nun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da recepción deste requirimento, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

2. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, crearase en cada delegación unha comisión de valoración para estes efectos, a cal estará presidida pola/o xefa/e do Servizo de Igualdade do respectivo departamento territorial e da cal formarán parte ademais dúas/dous traballadoras/es designados polo/a respectivo/a xefe/a territorial. Actuará como secretaria/o unha/un das traballadoras/es anteriormente mencionadas/os.

Se por calquera causa algún dos seus compoñentes non puidese asistir ás reunións, será substituído por quen designe o órgano competente para o outorgamento da axuda.

3. A comisión de valoración, motivadamente, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional, que non estando en poder da administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

Artigo 7º.-Criterios de avaliación.

1. Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades peticionarias teranse en conta os seguintes criterios, e de acordo coas ponderacións sinaladas a seguir:

a) Actividades organizadas pola entidade peticionaria nos últimos 2 anos no ámbito das políticas de igualdade. Ata 40 puntos, outorgando 1 punto por cada 5 horas de duración da actividade.

Para os efectos de valoración soamente se terán en conta aquelas actividades dunha duración mínima de 5 horas que consten relacionadas no anexo IV, sendo necesario que quede acreditada inequivocamente a súa vinculación coa información, sensibilización e/ou formación en materia de igualdade.

b) Participación en actividades formativas organizadas polas administracións públicas no ámbito da igualdade nos últimos 2 anos. Ata 35 puntos, outorgando 1 punto por cada 5 horas de duración das actividades que consten relacionadas no anexo IV. Para estes efectos non serán valoradas aquelas cuxa duración sexa inferior a 5 horas.

c) Domicilio social en municipios pequenos (segundo o último padrón municipal publicado polo IGE no momento da solicitude):

-Poboación inferior a 5.000 habitantes: 10 puntos.

-Poboación inferior a 2.500 habitantes: 15 puntos.

d) Apoio a asociacións de nova ou recente creación: 4 puntos para aquelas que teñan unha antigüidade non superior a 4 anos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

e) Emprego da lingua galega: 1 punto.

2. No caso de que dúas ou máis solicitudes acaden idéntica puntuación, seguirase para o desempate a puntuación acadada en cada unha das epígrafes do baremo establecido no número 1 deste artigo segundo a orde en que aparecen publicadas.

Artigo 8º.-Resolución e notificación.

1. Correspóndelle a resolución destas axudas ao/á xefe/a do departamento territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no/na cal se delega a competencia para resolver a concesión ou denegación da axuda solicitada ao abeiro desta resolución, de acordo co establecido no Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e mais no Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, por proposta da comisión de valoración e despois da fiscalización pola respectiva intervención territorial.

2. A resolución da subvención será notificada no prazo máximo de catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; se transcorrido o dito prazo non se notificasen as resolucións, as solicitudes entenderanse desestimadas.

Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación individual poderá ser substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade, con indicación neste caso da data da convocatoria, da entidade beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. Así mesmo, relacionaranse as solicitudes desestimadas con expresión dos motivos da desestimación.

Artigo 9º.-Réxime de recursos.

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados ao abeiro do disposto nesta resolución esgotarán a vía administrativa e contra elas caberá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se é expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do citado recurso contencioso-administrativo, poderase interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo, na forma e prazos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.

Artigo 10º.-Aceptación da axuda.

Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para comunicar a súa renuncia expresa á subvención. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Artigo 11º.-Obrigas das entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias das axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente ao seguinte:

1. Cumprir o obxectivo e executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados co fin de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

6. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 12º.-Forma de pagamento.

1. As entidades destinatarias das axudas, unha vez aceptada esta, quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos á finalidade concreta para a cal foron concedidos. (A Secretaría Xeral da Igualdade poderá comprobar, cando o considere conveniente, o cumprimento da finalidade da axuda).

2. Para o cobramento da axuda as entidades presentarán con carácter xeral a seguinte documentación:

a) Unha relación dos gastos realizados, onde conste a natureza e o importe de cada un deles, coa identificación do acredor e do documento, data de emisión e data de pagamento, expedida pola secretaría da entidade co visto e prace da súa presidencia (anexo IX).

b) As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente dos gastos correspondentes. Estes documentos deberán estar emitidos conforme a normativa aplicable e xuntaranse os xustificantes bancarios de pagamento e, de ser o caso, dos xustificantes de ter aboado as cotas, taxas ou impostos correspondentes. As entidades presentarán os orixinais para seren selados pola unidade tramitadora correspondente. Unha vez completa esta dilixencia e sempre que se solicite expresamente, os ditos orixinais serán devoltos coa maior brevidade posible.

Segundo o establecido no artigo 42.3º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para gastos de importe inferior a 1.000 euros admitirase a xustificación do pagamento mediante recibo do/a provedor/a.

c) No caso de gastos de persoal administrativo achegarase como xustificante tanto as nóminas acreditativas do pagamento como os documentos xustificativos de ingreso dos seguros sociais e do IRPF.

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

e) Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Nos supostos en que a cantidade xustificada mediante documentos acreditativos do gasto (facturas, recibos, etc.) fose inferior ao orzamento presentado para a solicitude da axuda, efectuarase a correspondente e proporcional diminución no montante da subvención, consonte o disposto no artigo 21 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O prazo de remisión da documentación xustificativa remata o 5 de novembro de 2010.

5. Os departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de atopar conforme a documentación xustificativa, proporán o pagamento do importe concedido ou do resultante da minoración determinada conforme o número 3 deste artigo, o cal en ningún caso superará o 90% do importe dos xustificantes presentados.

6. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria.

7. A entidade beneficiaria ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

8. Transcorrido o prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación requirirase a entidade para que no prazo improrrogable de 10 días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo anteriormente sinalado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Artigo 13º.-Modificación das resolucións de concesión das axudas.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da subvención, tal e como se establece no artigo 17.4º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14º.-Reintegro da axuda ou subvención.

Procederá o reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de mora xerados, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos nesta resolución.

d) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

O procedemento de reintegro tramitarase de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As cantidades que deban reintegrarse terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 ao 23 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 15º.-Fiscalización e control.

1. A concesión das subvencións reguladas nesta resolución estará sometida ao exercicio da función interventora e do control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

2. A Secretaría Xeral da Igualdade poderá inspeccionar en calquera momento as actuacións realizadas.

Artigo 16º.-Publicidade.

Segundo o artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o/a beneficiario/a, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 15.3º da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias deberán dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento das actuacións que sexan obxecto de subvención, nos termos regulamentariamente establecidos.

Por outra banda, e de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publicarase na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade a relación das entidades beneficiarias e os importes das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude supón de forma expresa a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

Finalmente, as entidades beneficiarias, coa presentación das solicitudes, autorizan a Secretaría Xeral da Igualdade a incluír e facer público, nos rexistros de axudas, subvencións, e convenios e de sancións, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos á axuda recibida así como ás sancións impostas.

Disposicións adicionais

Primeira.-Apróbase a delegación de atribucións nos/as xefes/as dos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos ámbitos competenciais respectivos, para resolver a concesión, denegación, modificación das subvencións previstas nesta resolución, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta dos pagamentos, e as relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segunda.-As entidades beneficiarias están suxeitas ao réxime de infraccións e sancións que en materia de subvencións establece o título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todo o non recollido nesta resolución aplicarase o disposto para esta materia na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de aplicación.

Segunda.-Correspóndelle á secretaria xeral da Igualdade ditar as instrucións que sexan necesarias para o axeitado desenvolvemento e cumprimento desta convocatoria.

Terceira.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2010.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "09600D001P008.PDF"

ANEXO IX