Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 (publicado no BOE do 5 de xaneiro de 2010 por resolución do secretario de Estado de Universidades do 13 de novembro de 2009).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4º da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de graduado ou graduada en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, que quedará estruturado segundo consta no anexo.
A Coruña, 14 de abril de 2010.
José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña
Ver referencia pdf "09100D006P039.PDF"