DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 14 de maio de 2010 Páx. 8.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de maio de 2010 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro público integrado de Seoane no concello de Folgoso do Courel.

De conformidade co previsto no número 2º do artigo 1 do Regulamento orgánico dos centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias, aprobado polo Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, DOG do 26 de xaneiro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Folgoso do Courel.

Código: 27003655.

Denominación anterior: Centro Público Integrado de Seoane.

Nova denominación: Centro Público Integrado Poeta Uxío Novoneyra.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria