DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2010 Páx. 8.204

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 72/2010, do 8 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en confección e moda.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

A dita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1.30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, creado polo Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, e modificado polo Real decreto 1416/2005, do 25 de novembro, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V establece as directrices xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

O Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, estableceu no seu capítulo II a estrutura dos títulos de formación profesional, tomando como base o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu capítulo IV, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas, en desenvolvemento do artigo 6.3º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.

Publicado o Real decreto 955/2008, do 6 de xuño, polo que se establece o título de técnico en confección e moda e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2º, correspóndelle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto establece o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico en confección e moda. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto á especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o ámbito profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociado a cada resultado de aprendizaxe establécense unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos en situacións reais de traballo no ámbito produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo.

De acordo co artigo 9.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta da persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas Leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo, e 12/2007, do 27 de xullo, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de abril de dous mil dez,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en confección e moda, determinado polo Real decreto 955/2008, do 6 de xuño.

Capítulo II

Identificación do título, perfil profesional,

ámbito profesional e prospectiva do título no sector

ou nos sectores

Artigo 2º.-Identificación.

O título de técnico en confección e moda identifícase polos seguintes elementos:

-Denominación: confección e moda.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

-Familia profesional: téxtil, confección e pel.

-Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

Artigo 3º.-Perfil profesional do título.

O perfil profesional do título de técnico en confección e moda determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.

Artigo 4º.-Competencia xeral.

A competencia xeral deste título consiste en confeccionar á medida e industrialmente pezas, complementos e outros artigos téxtiles e de pel, conforme especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

Artigo 5º.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan a seguir:

a) Determinar os procesos de confección, con interpretación da información técnica.

b) Preparar as máquinas, os equipamentos e os materiais que interveñen na confección, consonte as características do produto que haxa que obter.

c) Cortar tecidos, peles e outros materiais téxtiles a partir de patrón, para obter pezas coa calidade requirida.

d) Ensamblar pezas de artigos téxtiles e de pel, actuando baixo normas de competencia técnica e de seguridade laboral e ambiental.

e) Realizar o remate de pezas e complementos téxtiles e de pel, asegurando a calidade do produto final.

f) Elaborar patróns para confección á medida de artigos de vestir, adaptándoos ao modelo.

g) Atender a clientela nos servizos de realización de vestiario á medida, informala e, de ser o caso, resolver os problemas formulados no marco das responsabilidades asignadas.

h) Realizar o mantemento de primeiro nivel en máquinas e equipamentos de confección, de acordo coa ficha de mantemento.

i) Cumprir cos obxectivos da produción colaborando co equipo de traballo, conforme os principios de responsabilidade e tolerancia.

j) Resolver as incidencias relativas á propia actividade e identificar as súas causas, con responsabilidade á hora de tomar decisións.

k) Adaptarse a diferentes postos de traballo e a novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos.

l) Aplicar procedementos de calidade e de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido nos procesos de confección.

m) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas que derivan das relacións laborais, consonte o establecido na lexislación.

n) Xestionar a propia carreira profesional, analizando oportunidades de emprego, de autoemprego e de aprendizaxe.

o) Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando o estudo de viabilidade de produtos, de planificación da produción e de comercialización.

Artigo 6º.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Corte de materiais, TCP071_2 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro, e Real decreto 1199/2007, do 14 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC0195_2: recoñecer materias primas e produtos de confección, calzado e marroquinaría.

-UC0198_2: cortar tecidos e laminados.

-UC0199_2: cortar peles e coiros.

b) Ensamblaxe de materiais, TCP070_2 (Real decreto 295/2004, do 20 febreiro, e Real decreto 1199/2007, do 14 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC0195_2: recoñecer materias primas e produtos de confección, calzado e marroquinaría.

-UC0196_2: ensamblar pezas de tecidos e laminados.

-UC0197_2: ensamblar pezas de peles e coiros.

c) Remates de confección, TCP142_2 (Real decreto 1087/2005, do 16 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC0195_2: recoñecer materias primas e produtos de confección, calzado e marroquinaría.

-UC0448_2: realizar o remate de pezas e complementos en téxtil e pel.

-UC0449_2: realizar remates especiais de artigos e pezas.

d) Confección de vestiario á medida en téxtil e pel, TCP391_2 (Real decreto 329/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC1225_1: preparar materiais, ferramentas, máquinas e equipamentos de confección.

-UC1234_2: realizar o corte e a ensamblaxe á man na confección á medida.

-UC1235_2: realizar a ensamblaxe a máquina na confección á medida.

-UC1236_2: realizar o remate de pezas e artigos en confección á medida.

-UC1237_2: atender a clientela nos servizos de realización de vestiario á medida.

Artigo 7º.-Ámbito profesional.

1. Este profesional exerce a súa actividade en establecementos e industrias de confección e moda dedicados á preparación e ao corte de materiais, á produción de pezas, ao remate industrial de pezas e complementos de vestir en téxtil e pel e artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á realización de vestiario á medida.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

-Confeccionista.

-Axudante de xastraría e modistaría.

-Especialista en confección.

-Oficial de confección.

-Cortador/a de pezas e artigos téxtiles.

-Operador/a de máquinas industriais de coser e bordar.

-Cosedor/a ensamblador/ora.

-Marcador/a cortador/a de pezas e artigos en téxtil e pel.

-Pasador/a acabador/a.

-Operador/a de máquinas de remate.

Artigo 8º.-Prospectiva do título no sector ou nos sectores.

1. O sector produtivo en que se sitúa o perfil profesional do técnico en confección e moda manterá a súa relevancia no conxunto da industria española, aínda que para iso debe culminar a súa adaptación cara a unha dimensión máis axustada, conseguir unha maior competitividade en produtos de calidade, no deseño, na innovación en produtos, en procesos e en sistemas organizativos, así como a internacionalización, tanto da demanda como dos provedores, e dalgunhas etapas da cadea produtiva. En concreto, as actividades deste profesional evolucionan cara a un incremento da polivalencia e da toma de decisións, podendo participar máis activamente nas funcións de planificación e xestión da calidade.

2. O novo sistema de produción chamado de manufactura flexible (SMF) estase a implantar hoxe en día en empresas de confección para a realización de pequenas series e para unha gran diversidade de produtos. Este sistema adáptase mellor á realidade actual do mercado, xa que posibilita a redución de existencias de proceso e mellora a produtividade, a través dunha planificación e dunha xestión continua da produción. As empresas que o utilizan xeran ordes de traballo para pequenas cantidades de artigos con gran variación de modelos, talles, tecidos e cores.

3. O progresivo cambio nos métodos de produción concentrará nun mesmo operario un maior número de actividades ou funcións produtivas, chegando nalgúns casos a ensamblar pezas na súa totalidade. Así mesmo, asumirá funcións de verificación de parámetros de produto en liña de produción, o que exixirá da persoa a identificación, a análise e a resolución de problemas relativos ao seu propio traballo.

4. A evolución tecnolóxica estase a consolidar cara á incorporación xeneralizada de novas técnicas de fabricación que exixirán a integración entre as fases de deseño e produción mediante a aplicación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación. En concreto, este proceso de integración implicará o deseño mediante a xeración de modelos virtuais e a automatización dos procesos de produción.

5. O constante crecemento da industria da moda, asociado a unha gran demanda por parte do usuario, introduce cambios que necesitan unha formación axeitada en actividades de confección á medida para mellorar a atención á persoa usuaria e ofrecerlles maiores posibilidades comerciais aos establecementos.

6. A práctica totalidade das empresas do sector estarán nun futuro próximo informatizadas e hoxe apréciase un investimento crecente en novas tecnoloxías, que vai exixir a formación axeitada do persoal nestes campos.

7. No horizonte dos próximos anos as empresas do sector veranse obrigadas a empregar tecnoloxías de fabricación que non danen o ambiente e que sexan sustentables a longo prazo.

Capítulo III

Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros

básicos de contexto

Artigo 9º.-Obxectivos xerais.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

a) Analizar as fases do proceso da confección en relación coas características do produto final, para determinar as operacións que se deban executar.

b) Seleccionar utensilios, ferramentas e accesorios, analizando o proceso de confección e as indicacións da ficha técnica do produto, para preparar as máquinas, os equipamentos e os materiais.

c) Identificar as propiedades e as características máis salientables das materias téxtiles, as peles e os coiros, e describir as súas aplicacións e os criterios de utilización, para obter a calidade desexada.

d) Determinar o rendemento da marcaxe analizando a distribución dos patróns, para mellorar o corte de tecidos, peles e outros materiais.

e) Caracterizar o proceso de corte analizando os parámetros de corte, para cortar tecidos, peles e outros materiais.

f) Analizar os procesos de ensamblaxe e identificar os procedementos e os materiais de unión, para ensamblar pezas de artigos téxtiles e de pel.

g) Analizar as técnicas de remate en relación coas características do produto, para realizar o remate de pezas e complementos en téxtil e pel.

h) Identificar as técnicas de elaboración de patróns e prototipos, e analizar as características do modelo, para a confección á medida de pezas e artigos de vestir.

i) Identificar as técnicas de comunicación e de xestión de reclamacións en relación coa tipoloxía da clientela, para a súa atención nos servizos de realización de vestiario á medida.

j) Identificar as necesidades de mantemento de máquinas e equipamentos, e xustificar a súa importancia, para asegurar a súa funcionalidade.

k) Valorar as actividades de traballo nun proceso produtivo e identificar a súa achega ao proceso global, para conseguir os obxectivos da produción.

l) Recoñecer e valorar continxencias, determinar as súas causas e describir as accións correctoras para resolver as incidencias asociadas á súa actividade profesional.

m) Identificar os cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e laborais na actividade propia, e analizar as súas implicacións no ámbito de traballo, para adaptarse a diferentes postos de traballo e a novas situacións laborais.

n) Describir as normas de calidade e as medidas de protección ambiental e de prevención de riscos laborais, con identificación da normativa aplicable aos procedementos de traballo, para asegurar a calidade e o cumprimento de normas e medidas de protección ambiental.

o) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, analizando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

p) Identificar e valorar as oportunidades de aprendizaxe e emprego, analizando as ofertas e as demandas do mercado laboral, para xestionar a súa carreira profesional.

q) Recoñecer as oportunidades de negocio, identificando e analizando demandas do mercado para crear e xestionar unha pequena empresa.

Artigo 10º.-Módulos profesionais.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo, que se desenvolven no anexo I deste decreto, son os que se relacionan a seguir:

-MP0116. Principios de mantemento electromecánico.

-MP0264. Moda e tendencias.

-MP0265. Patróns.

-MP0267. Corte de materiais.

-MP0268. Confección á medida.

-MP0269. Confección industrial.

-MP0270. Remates en confección.

-MP0271. Información e atención á clientela.

-MP0272. Formación e orientación laboral.

-MP0273. Empresa e iniciativa emprendedora.

-MP0275. Materiais téxtiles e pel.

-MP0274. Formación en centros de traballo.

Artigo 11º.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son os establecidos no anexo II deste decreto.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo, e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante cerramentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberán estar en función do número de alumnos e alumnas, e serán os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos e cantas outras sexan de aplicación e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12º.-Profesorado.

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas deste ciclo formativo correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A) deste decreto.

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da dita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores, para os efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B) deste decreto.

3. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C) deste decreto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, no cal se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

-Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas abrangan os obxectivos dos módulos profesionais.

-Que se acredite mediante certificación unha experiencia laboral de polo menos tres anos no sector vinculado á familia profesional, realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

Capítulo IV

Accesos e vinculación a outros estudos, e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13º.-Acceso a outros estudos.

1. O título de técnico en confección e moda permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.

2. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos en que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados.

3. Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.

Artigo 14º.-Validacións e exencións.

1. As validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos profesionais dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, recóllense no anexo IV deste decreto.

2. Serán obxecto de validación os módulos profesionais comúns a varios ciclos formativos, de igual denominación, duración, contidos, obxectivos expresados como resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación, establecidos nos reais decretos polos que se fixan as ensinanzas mínimas dos títulos de formación profesional. Malia o anterior, e consonte o artigo 45.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, quen superase o módulo profesional de formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terá validados os ditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

3. O módulo profesional de formación e orientación laboral de calquera título de formación profesional poderá ser obxecto de validación sempre que se cumpran os requisitos establecidos no artigo 45.3º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, que se acredite polo menos un ano de experiencia laboral e se posúa o certificado de técnico en prevención de riscos laborais, nivel básico, expedido consonte o disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

4. De acordo co establecido no artigo 49 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada con este ciclo formativo nos termos previstos no dito artigo.

Artigo 15º.-Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención.

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título para a súa validación ou exención queda determinada no anexo V A) deste decreto.

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo V B) deste decreto.

Capítulo V

Organización da impartición

Artigo 16º.-Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo VI deste decreto.

Artigo 17º.-Unidades formativas.

1. Consonte o artigo 9.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, e coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VII a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Disposicións adicionais

Primeira.-Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia deste título.

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais deste ciclo formativo nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o procedemento que se estableza.

Segunda.-Titulacións equivalentes.

1. Consonte o establecido na disposición adicional trixésimo primeira da Lei orgánica 2/2006, de educación, os títulos que se relacionan a seguir terán os mesmos efectos profesionais que o título de técnico en confección e moda, establecido no Real decreto 955/2008, do 6 de xuño, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

-Título de técnico auxiliar en moda e confección, rama de moda e confección, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

-Título de técnico auxiliar en confección industrial, rama de moda e confección, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

2. O título que se indica a seguir terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico en confección e moda, establecido no Real decreto 955/2008, do 6 de xuño, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

-Título de técnico en confección establecido polo Real decreto 743/1994, do 22 de abril, cuxo currículo para Galicia foi establecido polo Decreto 54/2000, do 3 de marzo.

3. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

Terceira.-Regulación do exercicio da profesión.

1. De conformidade co establecido no Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas nos números 1 e 2 da disposición adicional segunda deste decreto entenderanse sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Cuarta.-Accesibilidade universal nas ensinanzas deste título.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria garantirá que o alumnado poida acceder e cursar este ciclo formativo nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de «deseño para todos». Para tal efecto, recollerán as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Quinta.-Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto.

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas deste ciclo formativo exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Sexta.-Desenvolvemento do currículo.

1. O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao ámbito socioeconómico do centro e ás características do alumnado, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

Disposición transitoria

Única.-Centros privados con autorización para impartir ciclos formativos de formación profesional.

A autorización concedida aos centros educativos de titularidade privada para impartir as ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 54/2000, do 3 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en confección, entenderase referida ás ensinanzas reguladas neste decreto.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación de normas.

Queda derrogado o Decreto 54/2000, do 3 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en confección, e todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto, sen prexuízo da disposición derradeira primeira.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto.

1. No curso 2009-2010 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o primeiro curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 54/2000, do 3 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en confección.

2. No curso 2010-2011 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o segundo curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 54/2000, do 3 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en confección.

3. No curso 2009-2010 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Segunda.-Desenvolvemento normativo.

1. Autorízase a persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Terceira.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de abril de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I

Módulos profesionais

1.1. Módulo profesional: principios de mantemento electromecánico.

*Código: MP0116.

*Duración: 105 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Identifica os elementos mecánicos de equipamentos, máquinas e instalacións, e describe a súa función e a súa influencia no conxunto.

-CA1.1. Identificáronse os mecanismos principais dos grupos mecánicos dos equipamentos e das instalacións.

-CA1.2. Describiuse a función e as características técnicas básicas dos elementos mecánicos.

-CA1.3. Describíronse os elementos mecánicos transmisores e transformadores do movemento, e recoñeceuse a súa presenza nos equipamentos de proceso.

-CA1.4. Clasificáronse os elementos mecánicos en función da transformación que realizan.

-CA1.5. Describíronse as relacións funcionais dos elementos e das pezas dos grupos.

-CA1.6. Identificáronse as propiedades e as características dos materiais empregados nos mecanismos.

-CA1.7. Identificáronse as partes ou os puntos críticos dos elementos e das pezas onde poidan aparecer desgastes, e razoáronse as súas causas.

-CA1.8. Analizáronse as medidas de prevención e seguridade para ter en conta no funcionamento dos elementos mecánicos.

*RA2. Recoñece os elementos que interveñen nas instalacións pneumáticas e analiza a súa función e a súa influencia no conxunto da instalación.

-CA2.1. Describíronse os usos da pneumática como técnica de aplicación do aire comprimido.

-CA2.2. Definíronse as propiedades do aire comprimido.

-CA2.3. Identificáronse os circuítos de produción e tratamento do aire comprimido e describíronse as misións dos seus elementos principais.

-CA2.4. Identificáronse as redes de distribución do aire comprimido e os seus elementos de protección.

-CA2.5. Identificáronse os elementos pneumáticos de regulación e control e recoñeceuse a súa presenza nas instalacións.

-CA2.6. Describíronse os elementos pneumáticos de accionamento ou de traballo e identificouse a súa presenza en equipamentos de proceso.

-CA2.7. Describiuse o funcionamento de esquemas de circuítos pneumáticos simples manuais, semiautomáticos e automáticos.

-CA2.8. Enumeráronse as anomalías máis frecuentes das instalacións pneumáticas e as súas medidas correctoras.

-CA2.9. Valorouse a utilidade do aire comprimido na automatización dos procesos do sector.

*RA3. Recoñece os elementos das instalacións hidráulicas e describe a súa función.

-CA3.1. Describíronse os sistemas hidráulicos como medios de produción e transmisión de enerxía.

-CA3.2. Enumeráronse os principios físicos fundamentais da hidráulica.

-CA3.3. Enumeráronse os fluídos hidráulicos e as súas propiedades.

-CA3.4. Relacionáronse os elementos hidráulicos coa súa simboloxía.

-CA3.5. Identificouse a unidade hidráulica e os seus elementos funcionais e de protección.

-CA3.6. Relacionáronse os elementos hidráulicos de traballo co tipo de mantemento que cumpra realizar.

-CA3.7. Describiuse o funcionamento de esquemas de circuítos hidráulicos simples.

-CA3.8. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes do emprego de instalacións hidráulicas na automatización de proceso do sector.

-CA3.9. Citáronse as anomalías máis frecuentes das instalacións hidráulicas e as súas medidas correctoras.

*RA4. Identifica os elementos das instalacións eléctricas e describe a súa misión no conxunto da instalación.

-CA4.1. Describiuse a estrutura básica das instalacións eléctricas de interior.

-CA4.2. Recoñecéronse os elementos de protección, manobra e conexión dos circuítos eléctricos.

-CA4.3. Relacionouse o funcionamento de instalacións eléctricas aplicadas aos equipamentos industriais co seu esquema unifilar.

-CA4.4. Relacionáronse os elementos de protección e manobra co correcto funcionamento e a protección das instalacións eléctricas aplicadas aos equipamentos do sector.

-CA4.5. Calculáronse magnitudes eléctricas (tensión, intensidade, potencia e caída de tensión, etc.) en instalacións básicas aplicadas do sector.

-CA4.6. Verificouse a aplicación das instrucións técnicas do REBT nas instalacións eléctricas aplicadas do sector.

-CA4.7. Recoñecéronse os elementos eléctricos de control e manobra, así como a súa función.

-CA4.8. Relacionáronse as características eléctricas dos dispositivos de protección coas liñas e os receptores eléctricos que deban protexer.

-CA4.9. Describíronse as condicións de seguridade e prevención que cumpra aplicar na manipulación dos compoñentes eléctricos e electrónicos.

*RA5. Identifica as máquinas eléctricas e os elementos construtivos que interveñen na integración dos equipamentos industriais do sector, e describe o seu funcionamento e as súas aplicacións.

-CA5.1. Identificáronse as máquinas eléctricas utilizadas nos equipamentos e nas instalacións do sector.

-CA5.2. Clasificáronse as máquinas eléctricas pola súa tipoloxía e a súa función.

-CA5.3. Describiuse o funcionamento e as características das máquinas eléctricas, así como a súa aplicación no sector.

-CA5.4. Relacionouse a información da placa de características coas magnitudes eléctricas e mecánicas da instalación.

-CA5.5. Representouse mediante a súa simboloxía o esquema de conexión (arranque e inversión de xiro) das máquinas eléctricas e as súas proteccións.

-CA5.6. Relacionouse o consumo das máquinas co seu réxime de funcionamento de baleiro e carga, e as súas proteccións eléctricas.

-CA5.7. Verificouse a aplicación das instrucións técnicas do REBT nas instalacións de alimentación das máquinas eléctricas.

-CA5.8. Identificáronse os sistemas de integración das máquinas eléctricas nos equipamentos industriais do sector.

-CA5.9. Relacionáronse os sistemas de suxeición das máquinas eléctricas ao equipamento (tipo de movemento, potencia de transmisión, ruído, vibracións, etc.).

-CA5.10. Describíronse as condicións de seguridade e prevención que se deben aplicar na manipulación dos circuítos e das máquinas eléctricas en funcionamento.

*RA6. Aplica o mantemento de primeiro nivel tendo en conta a relación dos procedementos utilizados cos equipamentos e coas instalacións implicadas.

-CA6.1. Describíronse os procedementos de cada operación de mantemento de primeiro nivel (básico) que haxa que realizar sobre os equipamentos.

-CA6.2. Identificáronse os elementos sobre os que cumpra realizar as operacións de mantemento preventivo ou correctivo de primeiro nivel.

-CA6.3. Indicáronse as avarías máis frecuentes nos equipamentos e nas instalacións.

-CA6.4. Identificáronse os equipamentos e as ferramentas necesarias para realizar os labores de mantemento de primeiro nivel.

-CA6.5. Determináronse as condicións requiridas da área de traballo para intervencións de mantemento.

-CA6.6. Puxéronse en marcha motores eléctricos ou inverteuse o sentido de xiro, e medíronse as magnitudes fundamentais durante o proceso.

-CA6.7. Aplicáronse técnicas de mantemento ou substitución de elementos básicos nos equipamentos e nas instalacións.

-CA6.8. Rexistráronse no soporte adecuado as operacións de mantemento realizadas.

-CA6.9. Describíronse as operacións de limpeza, engraxamento e comprobación do estado da instalación e dos equipamentos no mantemento de primeiro nivel.

-CA6.10. Analizouse a normativa sobre prevención e seguridade relativa ao mantemento de equipamentos e instalacións.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Identificación de elementos mecánicos.

*Materiais: comportamento e propiedades dos principais materiais dos equipamentos e das instalacións.

*Nomenclatura e siglas de comercialización.

*Cinemática e dinámica das máquinas.

*Elementos mecánicos transmisores do movemento: descrición, funcionamento, simboloxía e mantemento de primeiro nivel.

*Elementos mecánicos transformadores do movemento: descrición, funcionamento e simboloxía.

*Elementos mecánicos de unión: descrición, funcionamento e mantemento de primeiro nivel.

*Elementos mecánicos auxiliares: descrición, funcionamento e mantemento de primeiro nivel.

*Normas de prevención e seguridade no manexo de elementos mecánicos.

*Valoración do desgaste dos elementos mecánicos: lubricación e mantemento preventivo.

BC2. Recoñecemento de elementos das instalacións pneumáticas.

*Circuítos de produción e tratamento do aire comprimido: descrición, elementos, funcionamento, simboloxía, mantemento e medidas de seguridade.

*Redes de distribución do aire comprimido: características e materiais construtivos, mantemento e medidas de seguridade.

*Elementos pneumáticos de regulación e control: descrición, funcionamento, simboloxía, mantemento e medidas de seguridade.

*Elementos pneumáticos de accionamento ou actuadores: descrición, funcionamento, simboloxía, mantemento e medidas de seguridade.

*Lectura dos esquemas de circuítos pneumáticos manuais, semiautomáticos e automáticos.

*Uso eficiente do aire comprimido nos procesos do sector.

BC3. Recoñecemento de elementos das instalacións hidráulicas.

*Unidade hidráulica: fundamentos, elementos, funcionamento, mantemento de primeiro nivel e medidas de seguridade.

*Elementos hidráulicos de distribución e regulación: descrición, funcionamento, simboloxía, mantemento e medidas de seguridade.

*Elementos hidráulicos de traballo: descrición, funcionamento, simboloxía e mantemento.

*Lectura de esquemas de circuítos hidráulicos.

*Impacto ambiental das instalacións hidráulicas.

BC4. Identificación de elementos das instalacións eléctricas.

*Sistema eléctrico. Corrente trifásica e monofásica.

*Magnitudes eléctricas fundamentais: definición e unidades.

*Relacións fundamentais. Cálculo de magnitudes básicas das instalacións.

*Elementos de control e manobra de circuítos eléctricos: descrición, simboloxía e funcionamento.

*Elementos de protección de circuítos eléctricos: descrición, simboloxía e funcionamento.

*Normativa sobre instalacións eléctricas (REBT) e de prevención de riscos laborais.

BC5. Identificación de máquinas eléctricas e a súa integración en equipamentos industriais.

*Máquinas eléctricas estáticas e rotativas: tipoloxía e características.

*Clasificación das máquinas eléctricas: xeradores, transformadores e motores.

*Partes construtivas. Funcionamento.

*Placa de características. Cálculo de magnitudes das instalación de alimentación e arranque das máquinas.

*Dispositivos de integración e suxeicións das máquinas aos seus equipamentos industriais.

*Normativa sobre instalacións eléctricas (REBT) e de prevención de riscos laborais.

BC6. Aplicación de técnicas de mantemento de primeiro nivel.

*Operacións de mantemento preventivo: limpeza de filtros, cambio de discos cegos, aperto de feches, acondicionamento de balsas, limpeza de chisqueiros, engraxamentos, purgas e revisións regulamentarias.

*Operacións de mantemento correctivo (substitución de elementos).

*Normativa sobre instalacións eléctricas (REBT) e de prevención de riscos laborais.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional é de soporte, polo que dá resposta á necesidade de fornecer unha base teórica e práctica axeitada para a comprensión e a aplicación de técnicas básicas de mantemento de equipamentos e instalacións utilizadas no sector.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), c), d), e), g), h), l), n) e o) do ciclo formativo, e as competencias b), c), d), g), k), l), m) e n).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Descrición de materiais e elementos mecánicos.

-Descrición dos principios básicos de electricidade, magnetismo, hidráulica e pneumática.

-Descrición de máquinas eléctricas.

-Principios de mantemento básico dos equipamentos.

1.2. Módulo profesional: moda e tendencias.

*Código: MP0264.

*Duración: 107 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Xustifica as razóns do home para vestirse e analiza as súas motivacións.

-CA1.1. Xustificáronse as razóns relacionadas coa protección como motivación para vestirse.

-CA1.2. Analizáronse razóns como o pudor e o adobío como motivación para vestirse.

-CA1.3. Analizáronse as razóns de índole social (posición social, integración, diferenciación dos demais, etc.) como motivación para vestirse.

-CA1.4. Analizáronse outras razóns como motivacións para vestirse.

*RA2. Identifica as características da indumentaria ao longo da historia humana en relación coa evolución histórica, cos estilos de vestir e coas tendencias do momento.

-CA2.1. Relacionouse a historia da indumentaria coa da humanidade.

-CA2.2. Clasificáronse deseños de pezas de vestir dalgúns dos deseñadores de moda actuais en función de criterios estilísticos.

-CA2.3. Recoñeceuse a tendencia na obra de diferentes autores.

-CA2.4. Analizouse o papel da muller na estrutura industrial e social, e a súa repercusión na moda do vestir.

-CA2.5. Describíronse as características básicas do deseño de alta costura e «prêt-à-porter».

-CA2.6. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes na confección de deseños de alta costura e «prêt-à-porter».

*RA3. Identifica os factores que inflúen na evolución da indumentaria en relación cos avances tecnolóxicos e co concepto de moda ao longo da historia.

-CA3.1. Relacionáronse os fenómenos industriais coa organización dos procesos industriais e a aparición de novas tecnoloxías.

-CA3.2. Analizouse a aparición da máquina de coser e a súa influencia na transformación do vestido e o seu proceso de confección.

-CA3.3. Relacionouse o avance tecnolóxico coa aparición das tempadas anuais de modo de vestir e do concepto de «moda».

-CA3.4. Identificáronse os acontecementos tecnolóxicos e os cambios nos modos e os estilos de vestir.

-CA3.5. Razoouse a aparición do deseñador de moda e as súas funcións.

-CA3.6. Describiuse a organización actual da moda, as tempadas e as pasarelas.

*RA4. Elabora paletas de cor e textura para a súa aplicación á confección, e xustifica a súa composición en relación co propósito en cada caso.

-CA4.1. Clasificáronse as cores segundo criterios de harmonía e contraste.

-CA4.2. Recoñecéronse os métodos adoptados internacionalmente para a catalogación e a identificación das cores.

-CA4.3. Elaboráronse escalas cromáticas que se lle poden aplicar a un artigo.

-CA4.4. Efectuáronse composicións de coloridos inspirados nun tema elixido.

-CA4.5. Aplicáronse as composicións en diferentes materiais e texturas.

-CA4.6. Recoñecéronse as texturas, os coloridos e os motivos empregados nos deseños.

-CA4.7. Aplicáronse programas informáticos sobre o tratamento da cor.

*RA5. Esboza pezas de vestir e xustifica a gama de cor elixida e a combinación de texturas seleccionada.

-CA5.1. Preparáronse os utensilios e os materiais necesarios para debuxar deseños de moda.

-CA5.2. Seleccionouse un motivo inspirador do deseño que se deba realizar.

-CA5.3. Efectuouse un esbozo do futuro deseño.

-CA5.4. Compuxéronse varias combinacións e formas acordes co motivo do deseño.

-CA5.5. Aplicáronse combinacións de texturas, cores e motivos.

-CA5.6. Elixiuse a combinación de texturas, cores e motivos apropiada á tendencia imperante no momento.

-CA5.7. Respectáronse as proporcións antropométricas na elaboración.

-CA5.8. Realizouse o esbozo con pulcritude e limpeza.

*RA6. Identifica tendencias de moda e valora a información salientable en relación ao sector de poboación a que se dirixe e coa tempada considerada.

-CA6.1. Identificáronse as características dos materiais asociados a cada tendencia.

-CA6.2. Relacionouse a tendencia co sector a que vaia dirixido (infantil, señora, xente nova, etc.).

-CA6.3. Relacionáronse as tendencias co contexto social imperante (deportivo, tempo libre, etiqueta, etc.).

-CA6.4. Identificáronse as principais vías para obter a información das próximas tendencias.

-CA6.5. Extraeuse información de diversas fontes (revistas, noticiarios, internet, exposicións, etc.).

-CA6.6. Elaborouse un expediente sobre a información obtida acerca de tendencias e composicións de cores.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xustificación e motivación da indumentaria humana.

*Indumentaria como necesidade de protección en relación co ambiente.

*Análise do pudor como motivo moral na vestimenta.

*Adobío e ornamentación como factores estéticos.

*Diferenciación entre culturas.

*Indumentaria como indicador de estatus social e valoración.

*Vestimenta como axente facilitador de integración nun círculo social determinado.

*Caracterización como pertenza a un grupo (tribos urbanas, etc.) a través da indumentaria.

BC2. Identificación das características da indumentaria e a súa evolución.

*Evolución da indumentaria a través da historia.

*Factores que inflúen no modo de vestir na historia da humanidade: fenómenos políticos, militares e culturais.

*Indumentaria das persoas primitivas e das primeiras civilizacións.

*Indumentaria desde os grandes imperios da antigüidade ata a Idade Media: da elegancia clásica á Europa medieval.

*Indumentaria desde a Idade Media ata mediados do século XIX: do Renacemento ao reinado da crinolina e o polisón.

*Movementos culturais que influíron na evolución da vestimenta: factores económicos, sociais, etc.

*Cambios sociais e entrada da muller no mundo laboral: repercusión na moda. Época da Primeira Guerra Mundial.

*Deseños de moda actuais.

*Importancia da confección á medida na industria (deseños de alta costura): características funcionais e técnicas (individualidade e pezas personalizadas).

*Confección ready to wear e «prêt-à-porter»: características funcionais e técnicas (deseños sen personalizar).

*Casas de modas: figura do deseñador.

*Problemas na confección dos deseños de alta costura e a súa solución.

*Problemas na confección de deseños «prêt-à-porter» e a súa solución.

BC3. Evolución da indumentaria e avances tecnolóxicos.

*Revolución Industrial: proceso de produción mecanizada. Cambios na sociedade e na moda no vestir.

*Revolución da vestimenta coa aparición da máquina de coser e as súas consecuencias: talles e produción en serie.

*Avance das novas tecnoloxías: división do traballo, incremento da produción de bens materiais, redución da cantidade de traballo, etc.

*División do ano en tempadas para o vestir: primavera-verán e outono-inverno.

*Aparición do concepto de «moda».

*Novas tecnoloxías: máquinas e utensilios que inflúen na moda do vestir: deseño de pezas e tecidos asistido por computador.

BC4. Elaboración de paletas de cor para a confección.

*Cor: código fisiolóxico da cor.

*Cores fundamentais: círculo cromático.

*Cor luz e cor pigmento. Mestura aditiva e subtractiva.

*Características da cor: ton, saturación, brillo e luminosidade.

*Gama cromática: melódica, harmónica, fría, cálida e quebrada.

*Cor e iluminación.

*Temperatura de cor: D50 e D65.

*Normas e métodos internacionais de catalogación dos cores: HSV, CMYK, RGB, Pantone e CIE.

*Colorímetro e programas de colorimetría informatizados para a determinación das coordenadas dunha cor e a súa utilización nos campos téxtil e da moda.

*Técnicas para a realización de composicións de cor: proporcións, simetría, equilibrio e escalas.

*Aplicación de composicións a obxectos ou ambientes.

*Psicoloxía da cor.

*Estudo e elaboración de paletas de cor.

BC5. Elaboración de esbozos de pezas de vestir.

*Signos, motivos, imaxes e inspiración de deseños que plasman materialmente unha idea.

*Aplicación de combinacións de cores inspiradas nun tema.

*Esbozos de moda: tipos. Realización segundo os tipos.

*Proporcións da figura humana na realización de figurinos. Canons de proporcionalidade da figura.

*Aplicación de motivos en diferentes materiais e texturas: peles, tecidos e outros materiais.

*Glosarios de moda e téxtil en relación coas pezas de vestir.

BC6. Identificación de tendencias.

*O motivo como elemento inspirador na formulación dunha tendencia.

*Influencia dos acontecementos políticos e artísticos na indumentaria.

*Medios de comunicación na moda.

*Moda actual e deseñadores: seguimento e análise sobre as tendencias dos deseñadores máis salientables do momento.

*Tendencias clásicas: primavera-verán e outono-inverno.

*Coincidencias en deseños da mesma tendencia e o mesmo autor.

*Identificación dun estilo: imaxe dunha marca asociada a unha ideoloxía.

*Recompilación, análise e tratamento da información sobre as tendencias actuais obtida a través de diferentes vías: salóns monográficos, feiras da moda, desfiles en pasarelas, revistas técnicas, museos, hemerotecas, internet, etc.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional é de soporte e contén a formación necesaria para fundamentar os módulos específicos deste ciclo formativo.

A formación contida neste módulo aplícaselle ao conxunto das funcións que as persoas con esta titulación poden desempeñar, e abrangue aspectos relacionados con:

-Identificación de tendencias da indumentaria e a moda desde o principio da humanidade ata os nosos días.

-Análise da influencia que sobre a moda tivo a situación política e económica de cada país e cada época.

-Interpretación de ideas do deseñador ao referirse a tendencias de épocas determinadas.

-Manexo de formas e de cartas de cores que normalmente se empregaron e se empregan en cada estamento social.

-Identificación de estruturas e composición de tecidos.

-Obtención de información de novas modas e tendencias a través de diversos canles.

-Elaboración de bosquexos e deseños básicos de novos modelos de moda no vestir.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a) e c) do ciclo formativo e as competencias a) e f) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Historia da moda.

-Análise das formas e os materiais da indumentaria ao longo da historia das civilizacións, as súas motivacións e as súas causas.

-Análise da cor e elaboración de cartas de cores.

-Influencia das novas tecnoloxías nos deseños de moda.

-Seguimento de canles relacionadas co mundo da moda (salóns monográficos, pasarelas da moda, revistas especializadas de moda, televisión, etc.).

1.3. Módulo profesional: patróns.

*Código: MP0265.

*Duración: 123 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Toma medidas sobre o modelo en relación co sistema de talle.

-CA1.1. Indicáronse sobre o corpo humano os puntos básicos para a toma de medidas.

-CA1.2. Relacionáronse as dimensións antropométricas cos procedementos de medida.

-CA1.3. Determinouse o talle axustado ao uso da peza.

-CA1.4. Expresouse o talle coa nomenclatura normalizada (UNE, ISO).

-CA1.5. Comparouse o talle nos sistemas normalizados de talle.

-CA1.6. Elaboráronse táboas de medidas de patronaxe.

*RA2. Identifica as pezas ou os patróns de que se compoña un modelo e recoñece as súas formas e as súas dimensións.

-CA2.1. Identificouse e clasificouse o tipo de peza.

-CA2.2. Determináronse os volumes das pezas e os factores que inflúen na execución do patrón (funcionalidade e estética).

-CA2.3. Identificáronse as características dos compoñentes da peza.

-CA2.4. Analizouse o deseño, para o que se descompuxo o modelo que se vaia realizar en pezas planas (patróns).

-CA2.5. Determinouse o tipo de material que se vaia empregar.

-CA2.6. Determinouse a dirección e a posición das pezas do modelo.

-CA2.7. Elaboráronse fichas de patronaxe.

*RA3. Elabora patróns base, aplicando os perfís de patronaxe establecidos.

-CA3.1. Identificáronse as medidas de patronaxe necesarias para realizar o patrón.

-CA3.2. Identificáronse o número de pezas e as súas formas.

-CA3.3. Seleccionáronse as ferramentas e os utensilios para realizar patróns.

-CA3.4. Realizouse o patrón base en función da táboa de medida de patronaxe.

-CA3.5. Verificouse a exactitude das medidas.

-CA3.6. Aplicáronse sinais de costura ou unión e posición.

-CA3.7. Aplicáronse as marxes de costura.

-CA3.8. Cortáronse os patróns axustándose aos perfís establecidos.

*RA4. Transforma patróns base e verifica a súa adaptación ás características do modelo.

-CA4.1. Identificáronse os tipos de transformacións.

-CA4.2. Aplicáronse transformacións sinxelas debuxadas sobre o patrón.

-CA4.3. Manipulouse o patrón para a súa transformación adecuada á forma requirida.

-CA4.4. Verificouse a adaptación funcional e estética do modelo.

-CA4.5. Identificáronse as posibles rectificacións.

-CA4.6. Comprobouse que as medidas corresponden coas da ficha de patronaxe.

-CA4.7. Verificáronse os percorridos dos contornos dos patróns.

-CA4.8. Sinaláronse as marcas exteriores e interiores.

1.3.2. Contidos básicos.

BC1. Obtención de medidas sobre modelos:

*Configuración anatómica: tipos e características de canons.

*Puntos básicos para a toma de medidas: sétima cervical, peito, tórax máximo, etc.

*Toma de medidas para patronaxe de xeito directo: perimetrais e lonxitudinais.

*Talle dunha peza. Nomenclatura e expresión dos talles: estatura, peito, cintura, cadeira, colo, cabeza e DROP.

*Medidas antropométricas: sectores de poboación. Identificación de puntos. Tipos de pezas.

*Identificación e expresión do talle: unidimensional, bidimensional e tridimensional.

*Sistemas normalizados de talles: normas UNE e ISO. Intervalos por talle. Segmento de poboación.

*Táboas de medidas.

BC2. Identificación de pezas ou patróns.

*Despezamento dun modelo.

*Volumes e características funcionais dunha peza: modelo e funcionalidade. Materias e tipos.

*Descomposición do volume do modelo en figuras planas: cálculo de medidas. Sistema de patronaxe.

*Factores que inflúen na execución do patrón (funcionalidade e estética): durabilidade, comodidade, conservación, aspecto, moda, axuste, calidade e prezo do produto final.

*Características dos compoñentes da peza: forma e dimensións. Patróns principais, secundarios e auxiliares.

*Selección dos materiais: funcionalidade, tipos e características. Tecido exterior, forros e entreforros.

*Composición de patróns a partir dun modelo: bases anatómicas, transformadas e manipuladas.

BC3. Elaboración de patróns base.

*Materiais, ferramentas e útiles para a elaboración de patróns.

*Elaboración de patróns segundo as TNE e á medida: técnicas manuais e informáticas. Sistemas de patronaxe. Informática: sistemas e equipamentos.

*Industrialización de patróns.

*Sinais de unión e posición: marcas interiores de posición e marcas exteriores de coincidencia.

*Piquetas de referencia: marcas de posición.

*Marxes de costuras: tipos, localización e características.

*Disposición de fornituras e requisitos do patrón en función delas.

*Correspondencia das medidas. Verificación comparativa entre patróns de medidas anatómicas e medida normalizada segundo as TNE. Sector de poboación. Tolerancias estimadas e/ou desafogos. Medidas do patrón e medidas do usuario.

*Corte de patróns: prevención de riscos laborais.

BC4. Transformación de patróns base.

*Transformacións sinxelas en dianteiros, costas, traseiros, colos e mangas.

*Alteración de volumes e formas: dobras, frunces, cortes asimétricos, godets, nesgas, drapeamento, etc.

*Manipulación de patróns: cortes verticais, horizontais, de fantasía e entallamentos.

*Correspondencia coas medidas anatómicas: táboa de TNE. Medidas de pezas rematadas.

*Rectificación de patróns: volume, tolerancias, longo, largura, DROP e configuracións anatómicas.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realización de patróns sinxelos na confección á medida.

A función de realización de patróns na confección á medida abrangue aspectos como a realización e a transformación de patróns.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na toma de medidas e no desenvolvemento de modelos de confección.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais h) e i) do ciclo formativo e a competencia f).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación dos talles en relación coas medidas.

-Recoñecemento de formas e dimensións dos modelos.

-Recoñecemento e toma das medidas antropométricas.

-Aplicación de técnicas para realizar patróns.

-Aplicación de técnicas para a confección de prototipos.

-Verificación do prototipo e comprobación do seu axuste ao modelo.

1.4. Módulo profesional: corte de materiais.

*Código: MP0267.

*Duración: 213 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Realiza marcaxes de tecidos, peles e outros materiais para o corte, tendo en conta a relación entre a disposición de patróns e a optimización.

-CA1.1. Analizouse o comportamento no corte de tecidos, peles e outros materiais.

-CA1.2. Clasificáronse e describíronse as tolerancias dos materiais.

-CA1.3. Analizáronse os sistemas de extensión tecido en relación coas características do material.

-CA1.4. Distribuíronse os patróns consonte a súa marca de posición.

-CA1.5. Efectuáronse marcaxes e calculouse o rendemento de cada unha ata obter a maior porcentaxe posible de aproveitamento.

-CA1.6. Realizouse a marcaxe sobre pel consonte as normas exixidas de calidade.

*RA2. Prepara máquinas, equipamentos e instrumentos de corte en confección, xustifica a secuencia de operacións e identifica os parámetros de funcionamento.

-CA2.1. Interpretouse a información necesaria para preparar o proceso de corte.

-CA2.2. Realizáronse as operacións de montaxe e desmontaxe dos elementos operativos, así como a lubricación, o engraxamento e a limpeza das máquinas de corte.

-CA2.3. Afiáronse os elementos cortantes segundo procedementos e normas.

-CA2.4. Axustáronse os parámetros de corte en función do material que se vaia cortar.

-CA2.5. Realizouse o mantemento de primeiro nivel das máquinas de corte e a súa ferramenta.

-CA2.6. Realizouse a preparación e o mantemento con autonomía, orde, método, precisión e adecuación ao tipo de corte e de material.

-CA2.7. Interpretouse a información técnica nas actividades de preparación.

*RA3. Corta pezas tecidas, pel e outros materiais, e xustifica a técnica seleccionada en función do produto.

-CA3.1. Estendeuse o material para o corte de xeito que se eviten deformacións, dobras e tensións.

-CA3.2. Seleccionouse o sistema de corte consonte as indicacións técnicas.

-CA3.3. Enumeráronse os parámetros que haxa que controlar na operación de corte para evitar desviacións.

-CA3.4. Identificouse a secuencia de acordo coa información técnica, o tipo e a cantidade de compoñentes do artigo.

-CA3.5. Verificouse a calidade das compoñentes cortadas.

-CA3.6. Comprobouse a correspondencia das pezas cortadas coas sinaladas na orde de produción.

-CA3.7. Clasificáronse, etiquetáronse e empaquetáronse as pezas cortadas segundo a ficha técnica.

-CA3.8. Identificáronse os documentos das operacións de corte.

-CA3.9. Elaborouse a documentación técnica (ordes, incidencias, produción, etc.).

*RA4. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e ambientais no corte de pezas, e identifica os riscos asociados e as medidas de prevención.

-CA4.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, utensilios e máquinas de corte.

-CA4.2. Operouse coas máquinas de corte respectando as normas de seguridade.

-CA4.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas e máquinas de corte.

-CA4.4. Describíronse as medidas de seguridade e de protección persoal que cumpra adoptar na preparación e na execución das operacións de corte.

-CA4.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas de corte coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.

-CA4.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación ambiental.

-CA4.7. Valorouse a orde e a limpeza das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.

-CA4.8. Aplicáronse técnicas ergonómicas nas operacións de preparación e corte de tecidos, pel e outros materiais.

-CA4.9. Clasificáronse os residuos xerados no proceso de corte.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Realización de marcaxes de tecidos, pel e outros materiais para o corte.

*Fichas técnicas de marcaxes e de corte.

*Referencias internas e externas dos patróns.

*Estudo de marcaxes: manual e informatizada.

*Distribución dos patróns en diferentes tipos de tecidos e peles:

-Dirección do patrón sobre o tecido.

-Desviación angular.

*Cálculo do rendemento: procedementos de óptimo aproveitamento.

*Orde de corte.

*Comportamento de tecidos, peles e outros materiais no corte.

*Criterios de disposición e preparación dos materiais para o corte e a empaquetaxe.

*Tolerancias e comportamento dos materiais: clasificación.

*Sistemas e equipamentos para o óptimo aproveitamento do corte.

BC2. Preparación de máquinas, equipamentos e instrumentos de corte.

*Información técnica para o proceso de corte.

*Máquinas de corte convencional, por presión e por control numérico.

*Máquinas auxiliares de corte.

*Órganos operativos e ferramentas de corte.

*Operacións de montaxe e desmontaxe de compoñentes en máquinas de corte.

*Engraxamento e lubrificación das máquinas.

*Elementos cortantes: afiadura, calibración e posta a punto. Normas.

*Programas informáticos de corte: regulación, axuste e aplicación.

*Sistemas de seguridade das máquinas: funcionamento e comprobación.

*Mantemento de primeiro nivel en máquinas e ferramentas de corte en confección.

*Documentación técnica de máquinas e equipamentos.

BC3. Corte de pezas.

*Recepción e revisión de primeiras materias: taras.

*Sistemas para estender tecidos e peles.

*Parámetros que interveñen no proceso de corte.

*Técnicas de corte: corte convencional, con coitelas e serra de fita, con chorro de auga ou láser, por troquel e informatizado.

*Control de pezas cortadas. Calidade:

-Número de compoñentes.

-Control de medidas.

-Piquetas exteriores e marcas interiores.

*Identificación de pezas: etiquetaxe e empaquetaxe.

*Documentación técnica: fichas técnicas e rexistro de incidencias.

BC4. Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e ambientais.

*Normas de prevención de riscos.

*Normativa de seguridade na utilización de máquinas, utensilios e equipamentos complementarios de corte.

*Elementos de seguridade implícitos nas máquinas de corte de tecidos.

*Elementos externos de seguridade (luvas metálicas, lentes, etc.).

*Condicións de seguridade do posto de traballo.

*Ergonomía nos procedementos para estender e cortar tecidos.

*Limpeza e conservación das máquinas e do posto de traballo.

*Residuos no proceso de corte.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de cortar tecidos e peles nos procesos de confección téxtil.

A función de cortar tecidos e peles abrangue aspectos como:

-Preparación e posta a punto de máquinas e equipamentos.

-Mantemento de primeiro nivel de máquinas e instalacións.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Óptimo aproveitamento de marcaxes.

-Corte de materiais.

-Control de calidade de produtos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), c), d), e) e i) do ciclo formativo e as competencias b), c) e f).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Organización e secuencia das actividades de traballo a partir da interpretación de fichas técnicas.

-Análise da marcaxe xa feita (manual ou por computador), intentando mellorar o rendemento dos materiais, ou realización da marcaxe con cálculo do mínimo desperdicio de material.

-Preparación do material para cortar.

-Selección, preparación e mantemento de primeiro nivel de maquinaria, ferramentas e utensilios dispoñibles na aula-taller para as operacións de corte.

-Formalización de fichas técnicas de produción de artigos ou pezas cortadas, para o seu posterior seguimento no proceso produtivo.

A execución de operacións de preparación e corte de materiais, segundo o proceso e a calidade do produto que se desexe obter, é relativa a:

-Aplicación das medidas de seguridade e dos equipamentos de protección individual na execución operativa.

-Aplicación de criterios de calidade en cada fase do proceso.

-Aplicación da normativa de protección ambiental relacionada cos residuos, os aspectos contaminantes e o seu tratamento.

-Detección de fallos ou desaxustes na execución das fases do proceso mediante a verificación e a valoración do produto obtido.

1.5. Módulo profesional: confección á medida.

*Código: MP0268.

*Duración: 209 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Prepara máquinas e equipamentos de costura en confección á medida, e selecciona utensilios e accesorios en función do produto que se desexe obter.

-CA1.1. Interpretouse a información e os manuais referentes ao funcionamento, á utilización e á posta a punto das máquinas de coser que se utilizan nos procesos de confección á medida.

-CA1.2. Preparáronse os utensilios, os accesorios e os materiais requiridos para a ensamblaxe á man na confección á medida.

-CA1.3. Puxéronse a punto e preparáronse os equipamentos e as máquinas necesarias para o proceso de ensamblaxe á máquina na confección á medida.

-CA1.4. Comprobouse o correcto funcionamento dos seus sistemas de seguridade.

-CA1.5. Realizouse o mantemento de primeiro nivel das máquinas de coser.

-CA1.6. Realizouse a preparación e o mantemento con autonomía, orde, método e precisión.

*RA2. Cose á man tecidos ou peles en confección á medida, e xustifica o tipo de unión, a puntada, as ferramentas e os utensilios seleccionados.

-CA2.1. Describíronse os procesos para a ensamblaxe por costura á man das pezas e dos artigos en téxtil e de pel.

-CA2.2. Seleccionáronse os tipos de utensilios, accesorios e ferramentas que se utilizan na confección á man, segundo as características dos tecidos e das peles.

-CA2.3. Identificáronse os tipos de puntadas que se poden realizar na confección á man, segundo as características dos tecidos e das peles.

-CA2.4. Realizouse a ensamblaxe por confección á man das compoñentes téxtiles ou de pel.

-CA2.5. Realizáronse pequenos arranxos ou operacións manuais de costura en artigos e pezas de vestir.

-CA2.6. Revisáronse as operacións realizadas nos procesos de ensamblaxe na confección á man, co fin de garantir a calidade requirida.

*RA3. Cose á máquina tecidos e peles en confección á medida e xustifica o tipo de unión, a puntada e os accesorios en función do tipo de produto.

-CA3.1. Recoñecéronse as máquinas, os equipamentos, os programas e os accesorios para a ensamblaxe.

-CA3.2. Describíronse as fases do manexo de máquinas de ensamblaxe na confección á medida.

-CA3.3. Practicouse a adaptación á cinemática da máquina de coser.

-CA3.4. Aplicáronse puntadas de diversos tipos utilizando diferentes máquinas.

-CA3.5. Realizáronse costuras á máquina.

-CA3.6. Coséronse pezas e artigos, aplicando as puntadas e as costuras correspondentes.

-CA3.7. Realizáronse arranxos de pezas de vestir (composturas) coa máquina de coser.

-CA3.8. Revisáronse as operacións realizadas nos procesos de ensamblaxe, co fin de garantir a calidade requirida.

*RA4. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais nos procesos de confección á medida e identifica os riscos asociados e as medidas de prevención.

-CA4.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas e utensilios para a confección á medida.

-CA4.2. Operouse coas máquinas de costura e remate na confección á medida respectando as normas de seguridade.

-CA4.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas e máquinas para a costura e remates, na confección á medida.

-CA4.4. Describíronse as medidas de seguridade e de protección persoal que cumpra adoptar na preparación e na execución das operacións de confección á medida.

-CA4.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas de coser e pasar o ferro coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.

-CA4.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación ambiental.

-CA4.7. Valorouse a orde e a limpeza das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.

-CA4.8. Aplicáronse técnicas ergonómicas nas operacións de confección á medida.

1.5.2. Contidos básicos.

BC1. Preparación de máquinas e equipamentos de costura en confección á medida.

*Información técnica para o proceso.

*Máquina de coser: estrutura e compoñentes.

*Máquinas auxiliares (equipamentos de pasada, bordadoras, máquinas de ollais, etc.): estrutura e compoñentes.

*Posta a punto de equipamentos e máquinas.

*Cambio de agullas, de prensatecidos e de funís.

*Tensamento de correas e poleas.

*Sistemas de seguridade específicos: funcionamento e comprobación.

*Mantemento de primeiro nivel en máquinas e ferramenta de ensamblaxe en confección á medida: lubricación, engraxamento e limpeza das máquinas.

BC2. Costura á man na confección á medida.

*Útiles e ferramentas da costura á man.

*Puntadas realizadas á man: tipos e características. Normas UNE, grupo 200.

*Costuras realizadas á man: tipos e características. Normas UNE.

*Preparación de pezas e fornituras para a costura á man, segundo a natureza, as características dos materiais e o lugar que vaian ocupar na peza.

*Fases da costura á man: tipos, características e parámetros.

*Cosido á man dun artigo ou dunha peza téxtil: técnicas. Fichas técnicas do proceso.

*Cosido á man dunha peza de pel: técnicas. Fichas técnicas do proceso.

*Calidade da costura á man: parámetros básicos; aplicación no uso; tipos e defectos máis comúns, as súas causas e as correccións aplicables.

BC3. Costura á máquina na confección á medida.

*Máquinas de coser para a confección á medida: puntadas grupos 100, 300, 400, 500, 600 e 800.

*Funcionamento de máquinas de coser: cinemática.

*Fases da confección á máquina: preparación, execución e evacuación.

*Preparación de pezas e fornituras para a costura á máquina.

*Puntadas e costuras á máquina na confección á medida: normas UNE.

*Aplicación de fornituras e adobíos na confección á medida.

*Cosido á máquina dun artigo ou dunha peza téxtil: tipos de arrastres, prensatecidos, agullas e fíos. Características e aplicacións.

*Cosido á máquina dunha peza de pel: tipos de arrastres, prensatecidos, agullas, fíos, colas e adhesivos. Características e aplicacións.

*Acolchamentos e bordados.

*Composturas.

*Normas de calidade na costura á máquina na confección á medida: largura de costura, tipo de agulla, título de fío, densidade de puntada e tensión do fío.

BC4. Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais nos procesos de confección á medida.

*Normas de prevención de riscos.

*Normativa de seguridade na utilización de máquinas, utensilios e equipamentos complementarios de ensamblaxe e remate na confección á medida.

*Elementos de seguridade implícitos nas máquinas de ensamblaxe e remate na confección á medida.

*Elementos externos de seguridade (luvas metálicas e lentes).

*Condicións de seguridade do posto de traballo.

*Ergonomía na confección á medida.

*Limpeza e conservación das máquinas e do posto de traballo.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de confección á medida de tecidos e peles.

A función de confección á medida de tecidos e peles abrangue aspectos como:

-Preparación e posta a punto de maquinaria e equipamentos.

-Verificación da calidade do produto rematado.

-Mantemento de primeiro nivel, ou de usuario, de equipamentos e ferramentas.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Interpretación de información técnica.

-Preparación dos materiais.

-Execución da ensamblaxe.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), i), k) e p) do ciclo formativo e as competencias: a), b), d), e), g), h), i) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Organización e secuencia das actividades de traballo a partir da ficha técnica ou da folla de traballo na confección á medida.

-Selección, preparación e mantemento de primeiro nivel de maquinaria e utensilios dispoñibles no taller para as operacións de ensamblaxe na confección á medida.

A execución de operacións de ensamblaxe na confección á medida de pezas e artigos téxtiles e de pel, segundo o proceso e a calidade do produto que se desexe obter, é relativa a:

-Aplicación das medidas de seguridade e dos equipamentos de protección individual na execución operativa.

-Aplicación de criterios de calidade en cada fase do proceso.

-Detección de fallos ou desaxustes na execución das fases do proceso mediante a verificación e a valoración do produto obtido.

1.6. Módulo profesional: confección industrial.

*Código: MP0269.

*Duración: 266 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Selecciona a información salientable para a confección industrial, para o que interpreta documentación técnica en relación coas características do produto final.

-CA1.1. Elaboráronse diagramas dos procesos de fabricación.

-CA1.2. Establecéronse as similitudes e as diferenzas de organización, funcionamento e produción nos procesos industriais.

-CA1.3. Especificáronse as principais fases e operacións dos procesos.

-CA1.4. Vinculáronse máquinas e equipamentos para empregar nas fases do proceso.

-CA1.5. Interpretouse a documentación relacionada co control de calidade do proceso de confección industrial.

*RA2. Prepara máquinas e outros equipamentos de ensamblaxe en confección industrial, e xustifica as variables seleccionadas e os seus valores de consigna.

-CA2.1. Identificáronse as variables que cumpra regular para controlar o proceso.

-CA2.2. Recoñecéronse os valores de consigna dos equipamentos e das máquinas do proceso de ensamblaxe na confección industrial.

-CA2.3. Realizáronse as operacións de montaxe e desmontaxe, lubricación, limpeza, regulación, axuste e carga de programa (máquinas informatizadas), utilizando os procedementos e as técnicas industriais.

-CA2.4. Efectuouse o cambio de brazos e de pratos en máquinas e en equipamentos de pasar o ferro, de axuste e regulación de presión e vapor, de aspiración, de sopramento, de secado ou arrefriamento e de temperatura, en función do material.

-CA2.5. Realizouse o mantemento de primeiro nivel das máquinas de ensamblaxe e remate.

-CA2.6. Resolvéronse anomalías sinxelas nas pezas e nos elementos de máquinas de coser ou termofixar, para o que se valorou o seu desgaste ou a súa rotura, e identificáronse as súas causas ou os factores que as provocan.

-CA2.7. Verificouse a calidade da preparación dos compoñentes (aparencia, exactitude á forma e tipo de rebaixe) e dos aspectos globais (fidelidade ao patrón, localización de bordado, adobío e/ou fornituras).

-CA2.8. Realizouse a preparación e o mantemento de uso con autonomía, orde, método e precisión.

* RA3. Ensambla compoñentes e fornituras, e describe as técnicas seleccionadas en relación coas características do produto final.

-CA3.1. Describiuse o procedemento de manexo de máquinas de ensamblaxe na confección industrial.

-CA3.2. Seleccionouse a maquinaria e os accesorios segundo o procedemento de ensamblaxe.

-CA3.3. Seleccionáronse os materiais para a ensamblaxe (tipos de fío e adhesivos).

-CA3.4. Estableceuse a secuencia ordenada das fases da ensamblaxe consonte a información técnica.

-CA3.5. Aplicáronse técnicas de ensamblaxe utilizando diferentes técnicas de unión e tipos de materiais.

-CA3.6. Verificouse a calidade da ensamblaxe ou unión de costuras, a pegadura ou a termoselaxe, e corrixíronse as anomalías detectadas.

-CA3.7. Efectuouse a ensamblaxe con autonomía, método, pulcritude e criterio estético.

*RA4. Controla a calidade do proceso, na procura da súa mellora continua.

-CA4.1. Describíronse os factores que cumpra ter en conta para establecer a calidade dunha peza ou dun artigo téxtil ou de pel.

-CA4.2. Identificáronse os tipos estándares de calidade en función dos produtos e dos procesos de confección.

-CA4.3. Recoñecéronse os controis de calidade aplicables ao funcionamento da maquinaria.

-CA4.4. Identificáronse as normas de calidade.

-CA4.5. Valorouse a xestión da calidade.

-CA4.6. Recoñecéronse os rexistros do sistema de xestión de calidade.

-CA4.7. Caracterizouse o plan para a mellora continua.

-CA4.8. Definiuse o procedemento para a análise dos resultados obtidos na revisión do sistema de xestión da calidade.

*RA5. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e ambientais nos procesos de confección industrial, e identifica os riscos asociados e as medidas de prevención.

-CA5.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas e utensilios para a confección industrial.

-CA5.2. Respectáronse as normas de seguridade no manexo das máquinas de ensamblaxe en confección industrial.

-CA5.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas e máquinas para a ensamblaxe e remates na confección industrial.

-CA5.4. Describíronse as medidas de seguridade e de protección persoal que se deben adoptar na preparación e na execución das operacións de confección industrial.

-CA5.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas de ensamblaxe e remates coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.

-CA5.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación ambiental.

-CA5.7. Valorouse a orde e a limpeza das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.

-CA5.8. Aplicáronse técnicas ergonómicas nas operacións de confección industrial.

1.6.2. Contidos básicos.

BC1. Información técnica para a confección industrial.

*Operacións nos procesos de confección industrial.

*Diagramas e listaxes de fases.

*Organización, funcionamento e produción en procesos industriais de confección.

*Distribución en planta (representación de máquinas e diagramas de percorrido).

*Fichas técnicas.

BC2. Preparación de máquinas e equipamentos de ensamblaxe en confección industrial.

*Identificación de maquinaria e equipamentos.

*Máquinas de ciclo fixo e de ciclo variable.

*Máquinas programables de confección industrial.

*Máquinas auxiliares.

*Máquinas de ensamblaxe por termoselaxe e pegadura.

*Posta a punto das máquinas de confección industrial.

*Sistemas de seguridade específicos: funcionamento e comprobación.

*Mantemento de primeiro nivel en máquinas e ferramentas de ensamblaxe en confección industrial:

-Cambio de agullas e sistemas de arrastre nas máquinas industriais de confección.

-Galgamento dos elementos móbiles nas máquinas industriais de confección.

-Lubricación e engraxamento das engrenaxes e dos elementos operadores das máquinas de confección industrial.

*Mantemento de primeiro nivel nas prensas e nos ferros do proceso de confección. Caldeiras de vapor. Aire comprimido. Niveis de auga.

*Sistemas de seguridade segundo o tipo e a funcionalidade da máquina.

BC3. Ensamblaxe de compoñentes e fornituras.

*Procedementos de manexo de máquinas de ensamblaxe industrial.

*Sistemas de costura industrial segundo tipo de materiais para ensamblar.

*Tipos e clases de agullas:

-Numeración das agullas.

-Clasificación das agullas en función do modelo ou o tipo de máquina, e segundo o seu número.

-Relación entre agulla e tecido.

-Selección adecuada da agulla segundo o traballo que se realice.

*Tipos e clases de arrastres nas máquinas de confección industrial: simple, dobre, triplo arrastre, por rolos e manual.

*Puntadas e costuras na confección industrial en téxtil e en pel. Norma UNE 40511:2002: puntadas grupo: 100 - 300 - 400 - 500 - 600. Costuras fundamentais: superpostas, engarzadas, reberetadas, no borde e ornamentais.

*Fornituras e apliques na confección industrial.

*Confección de pezas téxtiles: proceso e execución.

*Preparación das peles para a pegadura: utensilios.

*Pegadura das peles. Produtos: adhesivos e colas.

*Termoseladura.

*Costuras na ensamblaxe de tecidos e pel.

*Características especificas das máquinas para confección de pel.

*Normas de calidade na confección industrial téxtil.

BC4. Control de calidade en procesos.

*Concepto de calidade.

*Factores que interveñen na calidade dunha peza ou dun artigo téxtil ou de pel.

*Estándares de calidade.

*Calidade do proceso (máquinas, utensilios e ferramentas): controis intermedios.

*Calidade na confección de pezas de pel.

*Recoñecemento dos rexistros do sistema de xestión da calidade.

*Plan para a mellora continua de métodos e tempos.

*Documentación relacionada coa ensamblaxe: fichas técnicas e manual de procedementos.

*Rexistro de incidencias.

BC5. Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental nos procesos de confección industrial.

*Normas de prevención de riscos.

*Normativa de seguridade na utilización de máquinas, utensilios e equipamentos complementarios de ensamblaxe e remates na confección industrial.

*Normas de seguridade nas operacións con adhesivos.

*Normas de seguridade individual e ambiental na utilización de produtos químicos en tratamentos especiais de remates.

*Normas de seguridade para a almacenaxe de pezas e artigos téxtiles e de pel.

*Elementos de seguridade implícitos nas máquinas de ensamblaxe e remate na confección industrial.

*Elementos externos de seguridade (luvas metálicas e lentes).

*Condicións de seguridade do posto de traballo.

*Ergonomía na confección industrial.

*Orde, limpeza e conservación do posto de traballo.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de confección industrial de tecidos e artigos de téxtil ou de pel.

A función de confección industrial abrangue aspectos como a execución dos procesos de ensamblaxe de materiais, o control de calidade das operacións de ensamblaxe e o mantemento de usuario ou de primeiro nivel.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Interpretación de fichas técnicas e de produción.

-Preparación e posta a punto de máquinas.

-Preparación dos materiais.

-Organización do posto de traballo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), f), g), k), l), n) e p) do ciclo formativo e as competencias a), b), f), h), i), k) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Organización e secuencia das actividades de traballo a partir da ficha técnica na confección industrial.

-Selección, preparación e mantemento de primeiro nivel da maquinaria, as ferramentas e os utensilios dispoñibles na aula-taller para as operacións de ensamblaxe e remates na confección industrial.

A execución de operacións de ensamblaxe industrial, segundo o proceso e a calidade do produto que se desexa obter, é relativa a:

-Aplicación das medidas de seguridade e dos equipamentos de protección individual na execución operativa.

-Aplicación de criterios de calidade en cada fase do proceso.

-Aplicación da normativa de protección ambiental relacionada cos residuos, os aspectos contaminantes e o seu tratamento.

-Detección de fallos ou desaxustes na execución das fases do proceso mediante a verificación e a valoración do produto obtido.

1.7. Módulo profesional: acabamentos en confección.

*Código: MP0270.

*Duración: 140 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Prepara máquinas e outros equipamentos de remates en confección, xustifica a secuencia de operacións e identifica os parámetros de funcionamento.

-CA1.1. Interpretouse a información e os manuais no referente ao funcionamento, á utilización e á posta a punto das máquinas e dos equipamentos de remate.

-CA1.2. Describíronse as características das máquinas e dos equipamentos de remate.

-CA1.3. Preparáronse os utensilios e os materiais requiridos para o remate de produtos de confección.

-CA1.4. Comprobouse o correcto funcionamento dos seus sistemas de seguridade.

-CA1.5. Realizouse o mantemento de primeiro nivel das máquinas e dos equipamentos de remate.

-CA1.6. Realizouse a preparación e mantemento con autonomía, orde, método e precisión.

*RA2. Remata o produto de confección, analiza as súas características e xustifica a técnica seleccionada.

-CA2.1. Describíronse os procedementos de termofixación.

-CA2.2. Describíronse as técnicas de remate: lavado, vaporización e secado.

-CA2.3. Aplicáronse técnicas de termofixación.

-CA2.4. Aplicáronse técnicas de remate en seco e húmidas.

-CA2.5. Comprobouse a calidade do remate e asegurouse que o produto non sufra alteracións de forma.

-CA2.6. Analizouse o comportamento dos materiais no proceso de remate.

*RA3. Aplica tratamentos especiais de remate de pezas e artigos téxtiles e de pel, e analiza os aspectos e as características que marcan as tendencias de moda.

-CA3.1. Describíronse as características dos acabamentos especiais asociadas ás tendencias ou aos estilos de moda.

-CA3.2. Preparáronse e programáronse equipamentos e máquinas para procesos especiais de remate.

-CA3.3. Aplicáronse tratamentos especiais de remate de pezas para lles conferir características asociadas ás tendencias ou aos estilos de moda.

-CA3.4. Identificáronse e preparáronse produtos químicos utilizados nos tratamentos especiais de remate.

-CA3.5. Aplicáronse tratamentos especiais de avellentamento, plisado, abrasión local, etc.

-CA3.6. Controláronse os parámetros de tempo, temperatura, presión e, de ser o caso, adición de produtos químicos ou abrasivos en cada un dos tratamentos especiais aplicados.

-CA3.7. Pasóuselles o ferro ás pezas ou aos artigos tratados, para lles proporcionar a súa conformación prevista.

*RA4. Pásalles o ferro a pezas e a artigos téxtiles e analiza a calidade do produto final.

-CA4.1. Recoñecéronse as máquinas, os equipamentos e os accesorios para a pasada do ferro a pezas e a artigos téxtiles.

-CA4.2. Describíronse as fases do manexo de máquinas de pasar o ferro na confección á medida.

-CA4.3. Aplicáronse técnicas de pasada do ferro para o remate das pezas confeccionadas á medida con tecidos de calada.

-CA4.4. Aplicáronse técnicas de pasada do ferro para o remate das pezas confeccionadas á medida con tecidos de punto.

-CA4.5. Aplicáronse técnicas de pasada do ferro para o remate das pezas de pel confeccionadas á medida.

-CA4.6. Realizouse a presentación final das pezas de téxtil ou pel, procurando obter a aparencia máis selectiva posible.

*RA5. Presenta artigos rematados, para o que analiza fichas técnicas, etiquetaxe e a normativa.

-CA5.1. Describíronse as técnicas e os materiais para a presentación de artigos rematados.

-CA5.2. Aplicáronse técnicas para a presentación do artigo rematado.

-CA5.3. Describíronse as características da etiquetaxe exterior.

-CA5.4. Etiquetáronse pezas e artigos téxtiles e de pel.

-CA5.5. Efectuouse a presentación final de artigos encartados, colgados en percha e embolsados.

-CA5.6. Recoñecéronse os materiais e os tipos de almacenaxe das pezas e dos artigos rematados.

*RA6. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e ambientais no remate de produtos de confección, e identifica os riscos asociados e as medidas de protección.

-CA6.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas e utensilios para a confección á medida.

-CA6.2. Operouse con máquinas de costura e remate na confección á medida, respectando as normas de seguridade.

-CA6.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas e máquinas para costura e remates na confección á medida.

-CA6.4. Describíronse as medidas de seguridade e de protección persoal que cumpra adoptar na preparación e na execución das operacións de confección á medida.

-CA6.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas de coser e pasar o ferro coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.

-CA6.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación do ámbito ambiental.

-CA6.7. Valorouse a orde e a limpeza das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.

-CA6.8. Aplicáronse técnicas ergonómicas nas operacións de confección á medida.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Preparación de máquinas e equipamentos de costura e remate en confección á medida.

*Información técnica para o proceso de remate.

*Posta a punto das máquinas de remate.

*Maquinaria para a termofixación e o remate en seco e húmido de pezas e artigos téxtiles.

*Equipamentos de pasada do ferro a pezas e artigos téxtiles.

*Filtros de auga e vapor nos ferros de pasar.

*Caldeiras de vapor.

*Lubricación, engraxamento e limpeza de máquinas de remate.

*Sistemas de seguridade específicos: funcionamento e comprobación.

*Mantemento de primeiro nivel en máquinas e ferramentas de remate.

BC2. Remate de produtos de confección.

*Fichas técnicas de remate de confección á medida en pezas exteriores.

*Remate manual de pezas exteriores en téxtil.

*Remate manual de pezas exteriores de pel.

*Remate manual de pezas exteriores en xénero de punto.

*Aplicacións exteriores e de adobío en pezas rematadas.

*Fichas técnicas de remate de confección industrial en pezas exteriores.

*Fichas de control de calidade de pezas exteriores en confección industrial e á medida.

*Características para conferir: aspecto, tacto e propiedades físicas.

*Termofixación: procedementos e materiais.

*Lavado: programas, parámetros e procedementos.

*Vaporización: comportamento dos materiais.

*Secado: características e parámetros.

BC3. Aplicación de tratamentos especiais de remate de pezas e artigos téxtiles e de pel.

*Procesos especiais de remate.

*Produtos químicos: tipos, usos e efectos obtidos.

*Tratamentos especiais: avellentamento, plisado, descoloración, abrasión total, lavado á pedra, laser marking, tie dye e scrunch.

BC4. Pasada do ferro a pezas e artigos.

*Maquinaria para lle pasar o ferro a pezas e artigos téxtiles.

*Parámetros da pasada: temperatura, presión, tempo e vapor.

*Procedemento de pasada en función dos seus parámetros e das características dos materiais e das pezas ou dos artigos.

*Pasada do ferro a pezas exteriores de tecidos de calada.

*Pasada do ferro a pezas exteriores de xénero de punto.

*Pasada do ferro a pezas e artigos téxtiles e de pel con remates especiais.

BC5. Presentación de artigos rematados.

*Operacións de presentación de artigos rematados.

*Maquinaria para o encarte e o embolsamento.

*Encarte e embolsamento de pezas e artigos téxtiles e de pel na confección industrial.

*Etiquetaxe: tipos e características.

*Presentación final: criterios técnicos, estéticos e comerciais.

*Almacenaxe.

*Presentación final do produto.

BC6. Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental nos procesos de remate.

*Normas de prevención de riscos.

*Normativa de seguridade na utilización de maquinas, utensilios e equipamentos complementarios e rematados de confección á medida.

*Elementos de seguridade implícitos en máquinas industriais de remate na confección industrial e á medida.

*Elementos externos de seguridade (luvas e lentes).

*Condicións de seguridade no posto de traballo.

*Ergonomía na confección á medida.

*Limpeza e conservación das máquinas e do posto de traballo.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de remate de produtos de confección de tecidos e peles.

A función de remate de produtos de confección de tecidos e peles inclúe aspectos como:

-Preparación de equipamentos e ferramentas.

-Mantemento de equipamentos e ferramentas a nivel de usuario ou primeiro nivel.

-Verificación da calidade do produto rematado.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Aplicación de técnicas convencionais e especiais de remate.

-Pasada do ferro aos produtos rematados e presentación.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), i), k) e p) do ciclo formativo e as competencias a), b), d), e), g), h), i) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Organización e secuencia das actividades de traballo a partir da ficha técnica ou ficha de control na confección á medida e industrial.

-Selección, preparación e mantemento de primeiro nivel de maquinaria e dos utensilios dispoñibles no taller para as operacións de remate.

-A execución de operacións de remate na confección das pezas e artigos téxtiles e de pel segundo o proceso e a calidade do produto que se desexa obter é relativa a:

-Aplicación das medidas de seguridade e dos equipamentos de protección individual na execución operativa.

-Aplicación de criterios de calidade en cada fase do proceso.

-Aplicación da normativa de protección ambiental relacionada cos residuos, os aspectos contaminantes e o seu tratamento.

-Detección de fallos ou desaxustes na execución das fases do proceso mediante a verificación e a valoración do produto obtido.

1.8. Módulo profesional: información e atención á clientela.

*Código: MP0271.

*Duración: 80 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Atende clientes, aplicando xustificadamente diversas técnicas de comunicación.

-CA1.1. Identificáronse os elementos, as barreiras, os factores modificadores e os tipos de comunicación que interveñen na atención á clientela.

-CA1.2. Analizáronse os tipos de linguaxe, as técnicas e as estratexias para unha boa comunicación.

-CA1.3. Valorouse a importancia da cortesía, a amabilidade, o respecto, a discreción, a cordialidade e o interese na relación coa clientela.

-CA1.4. Establecéronse as habilidades persoais e sociais que haxa que desenvolver para lograr unha perfecta comunicación.

-CA1.5. Comunicáronselle á clientela as posibilidades de servizo en función dos tipos de establecementos de confección.

-CA1.6. Simulouse a obtención da información necesaria de posibles clientes e en diferentes situacións.

-CA1.7. Distinguíronse os elementos fundamentais para transmitir a imaxe da empresa.

-CA1.8. Analizouse o comportamento de diversos tipos de clientes.

-CA1.9. Definíronse as características da información (inmediatez e precisión) e do asesoramento (claridade e exactitude).

-CA1.10. Describíronse as fases que compoñen a atención á clientela segundo o plan de acción definido.

*RA2. Executa actividades de asesoramento e describe e aplica as fases dun proceso de atención á clientela.

-CA2.1. Analizáronse as calidades e as actitudes que debe desenvolver o asesor ou a asesora cara á clientela e cara á empresa (mercadotecnia interna).

-CA2.2. Identificouse a tipoloxía da clientela, as súas motivacións e as súas necesidades de compra.

-CA2.3. Describiuse a importancia do coñecemento das características do produto por parte do asesor ou asesora.

-CA2.4. Determináronse as liñas de actuación no asesoramento segundo o plan de acción definido pola empresa.

-CA2.5. Desenvolvéronse as fases dun proceso de asesoramento (captar a atención, provocar o interese, espertar o desexo e mover á acción do cliente).

-CA2.6. Relacionouse o concepto de mercadotecnia coa satisfacción dos desexos do consumidor.

-CA2.7. Valorouse como facilitadora no proceso de decisión de compra a información, o asesoramento, o ambiente acolledor, a educación, a comunicación e as habilidades sociais do persoal vendedor e asesor.

-CA2.8. Definiuse a importancia de manter actualizado o ficheiro de clientes para a aplicación do plan de fidelización.

* RA3. Realiza orzamentos de proxectos de vestiario á medida, para o que analiza e valora as actividades asociadas e os materiais utilizados no proceso.

-CA3.1. Recolleuse a información subministrada necesaria para a realización do orzamento.

-CA3.2. Valoráronse os custos dos materiais estándar, os prezos indicados na tarifa aplicable e os materiais específicos necesarios sobre a base dos gastos previstos.

-CA3.3. Calculouse o custo do servizo en función da súa complexidade e do tempo previsto para cada operación e para o proceso total, para o incluír no prezo final.

-CA3.4. Recoñecéronse os xeitos de aplicación de negociacións do orzamento.

-CA3.5. Utilizáronse medios tradicionais e informáticos para a realización de orzamentos.

-CA3.6. Utilizáronse programas ofimáticos para a realización do orzamento.

-CA3.7. Comparáronse os prezos obtidos realizando un estudo de mercado.

*RA4. Formaliza encargas e entrega de produtos e artigos confeccionados, para o que describe e aplica a documentación relacionada.

-CA4.1. Identificáronse as actuacións de recepción da encarga, segundo o tipo de peza ou de artigo que se vaia realizar.

-CA4.2. Explicáronse os xeitos de control de materiais.

-CA4.3. Describíronse as formas de entrega e exhibición á clientela das pezas e dos artigos.

-CA4.4. Efectuouse a actualización e a ordenación do ficheiro de clientes.

-CA4.5. Formalizouse a documentación relacionada coa entrega de produtos e dos artigos confeccionados.

-CA4.6. Empregáronse programas informáticos.

*RA5. Atende reclamacións, queixas e suxestións de potenciais clientes, recoñecendo e aplicando criterios e procedementos de actuación.

-CA5.1. Tipificouse a actitude, a postura e o interese que cómpre adoptar ante queixas e reclamacións, cun estilo asertivo para informar a clientela.

-CA5.2. Desenvolvéronse técnicas que se utilizan para a resolución de conflitos e reclamacións.

-CA5.3. Recoñecéronse os aspectos das reclamacións de incidencia na lexislación.

-CA5.4. Describiuse o procedemento para a presentación de reclamacións.

-CA5.5. Identificáronse as alternativas ao procedemento que se lle poidan ofrecer á clientela ante reclamacións de doado arranxo.

-CA5.6. Trasladouse a información sobre a reclamación segundo a orde xerárquica preestablecida.

-CA5.7. Valorouse a importancia que para o control de calidade do servizo teñen os sistemas de información manuais e informáticos que organizan a información.

-CA5.8. Estableceuse a información rexistrada do seguimento posvenda, de incidencias, de peticións e de reclamacións de clientes como indicadores para mellorar a calidade do servizo prestado e aumentar a fidelidade.

1.8.2. Contidos básicos.

BC1. Atención á clientela.

*Elementos da comunicación: emisor e receptor.

*Tipos de comunicación: interpersoal, masiva e organizacional.

*Barreiras e dificultades da comunicación: entre o emisor e o receptor, e alleas a ambos.

*Habilidades persoais (empatía, paráfrase, palabras de reforzo, resumo, etc.) e sociais (nunha comunicación colectiva) que melloran a comunicación interpersoal.

*Técnicas da comunicación oral, escrita e dixital.

*Características da información e do asesoramento de produtos. Crecemento persoal e plural.

*Fases de atención á clientela: acollemento, comunicación, desenvolvemento e despedida.

*Tipoloxía de clientes e a súa relación coa prestación do servizo.

BC2. Asesoramento en actividades de confección.

*Mercadotecnia interna, para mellorar a produtividade, e externa, como formulación estratéxica para vender e aumentar o número de clientes.

*Proceso de decisión de compra: percepción dunha necesidade, busca de valor e compra.

*Plan de acción de empresa: obxectivos, accións temporizadas, recursos e valoración.

*Normativa e lexislación.

*Ficheiro de clientes: follas de datos de clientes e actualización do ficheiro; rexistro manual e automatizado.

*Operacións máis comúns realizadas na confección de pezas e artigos.

*Fondo documental relacionado coa moda.

BC3. Realización de orzamentos de proxectos de vestiario á medida.

*Información base: definición e análise, fundamento, valoración e tempo.

*Viabilidade do proxecto.

*Determinación dos servizos ofrecidos.

*Escandallo de pezas e artigos.

*Custos directos e indirectos: materiais, persoais e estruturais.

*Custo das operacións en función da súa complexidade.

*Tempo previsto para cada operación e do proceso total.

*Tarifas de prezos.

*Orzamento final e determinación do prezo de venda.

*Documentación básica vinculada á realización de orzamentos: fichas.

*Aplicación de programas informáticos.

*Unidades de medición comerciais dos materiais e dos compoñentes empregados na fabricación de pezas e artigos téxtiles.

BC4. Formalización de encargas e entrega de produtos confeccionados.

*Formalización da encarga e negociacións do orzamento. Exposición da clientela, asesoramento e cálculo do orzamento.

*Comprobación da aceptación do proxecto:

-Presentación do orzamento á clientela.

-Toma dos datos da clientela e sinatura de aceptación do proxecto.

*Xeitos de aplicación, datas de probas e prazo de entrega do vestiario encargado.

*Identificación e control dos materiais. Fichas de recepción e de entrega a clientes.

*Ficheiro actualizado de clientes.

*Aplicación de programas informáticos.

BC5. Atención de reclamacións.

*Técnicas para afrontar conflitos e reclamacións.

*Procedementos para reclamar. Lexislación.

*Elementos formais dunha reclamación.

*Follas de reclamacións en institucións e asociacións. Lexislación.

*Xestión de reclamacións: formalización, avaliación e control.

*Indicadores para o control de calidade do establecemento. Tolerancias e control de calidades. Indicador final.

*Mellora do servizo prestado

*Uso de ferramentas informáticas de xestión de reclamacións.

*Protección do consumidor e o usuario en España: lexislación, asociacións de consumidores, xuntas arbitrais de consumo e tribunais de xustiza.

*Protección do consumidor e do usuario na Unión Europea: Dirección Xeral de Consumidores e redes de información (centros europeos dos consumidores Rede CEC e RAPEX).

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo contén a formación necesaria para o desempeño de actividades relacionadas coas funcións de atención, información e asesoramento á clientela en establecementos de venda e realización de vestiario á medida.

As funcións de atención á clientela, información e asesoramento á clientela abranguen aspectos como:

-Xestión de reclamacións, queixas ou suxestións para a obtención da mellora no servizo prestado.

-Desenvolvemento e formalización de procesos e protocolos de calidade asociados ás actividades do servizo.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse fundamentalmente en:

-Uso e aplicación de técnicas de comunicación para informar e asesorar a clientela durante os procesos de servizo.

-Elaboración de orzamentos de realización de vestiario á medida para responder ás demandas, ás expectativas e ás necesidades expresadas pola clientela.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), j), m) e p) do ciclo formativo e as competencias a), g), j) e i).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Descrición, análise e aplicación dos procesos de comunicación e imaxe persoal.

-Aplicación de técnicas de venda de pezas e artigos de confección.

-Realización de orzamentos de proxectos de confección á medida.

-Identificación, análise e procedementos de actuación ante queixas e reclamacións da clientela.

1.9. Módulo profesional: materiais téxtiles e pel.

*Código: MP0275.

*Duración: 187 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Recoñece materias téxtiles e describe as súas propiedades e as súas aplicacións.

-CA1.1. Identificáronse os tipos de fibras e de fíos.

-CA1.2. Clasificáronse as materias téxtiles segundo a súa natureza.

-CA1.3. Definíronse as características e as propiedades das materias téxtiles.

-CA1.4. Definíronse os parámetros básicos de materias téxtiles.

-CA1.5. Describíronse os defectos máis usuais nas materias téxtiles.

-CA1.6. Recoñeceuse a normativa de simboloxía das materias téxtiles.

-CA1.7. Describíronse os usos e as aplicacións das materias téxtiles.

*RA2. Recoñece peles e coiros de aplicación na fabricación de artigos ou uso industrial, e identifica a súa orixe, as súas calidades e os seus defectos.

-CA2.1. Identificáronse os tipos de peles e coiros segundo a súa natureza.

-CA2.2. Expresáronse as características das peles coa terminoloxía, as medicións e as unidades propias.

-CA2.3. Describiuse o proceso de curtido de peles e coiros e sinaláronse os produtos de entrada e saída.

-CA2.4. Describíronse os remates e indicáronse as substancias que se empregan e as características que lles confiren ás peles e aos coiros.

-CA2.5. Sinaláronse os defectos máis comúns en coiros e peles debidos á súa natureza e ao proceso de transformación.

-CA2.6. Valoráronse as repercusións dos defectos e das anomalías máis frecuentes que inciden nas características do produto final.

*RA3. Identifica elementos complementarios en relación coas súas aplicacións en confección, calzado e marroquinaría.

-CA3.1. Identificáronse accesorios en confección e calzado.

-CA3.2. Identificáronse elementos de recheo, de reforzo, de suxeición, etc.

-CA3.3. Recoñecéronse fornituras e avíos (orla, entremedio, biés, etc.).

-CA3.4. Identificáronse tipos de adobíos.

-CA3.5. Relacionouse o elemento complementario coa súa función.

-CA3.6. Observouse a adecuación dos elementos complementarios ao modelo.

*RA4. Aplica técnicas e especificacións de conservación de materiais de confección, calzado e marroquinaría, en relación coas súas características, as propiedades e o estado.

-CA4.1. Relacionouse a natureza de materias, produtos téxtiles, peles e coiros coas condicións ambientais de conservación e almacenaxe.

-CA4.2. Identificáronse os tipos de materias, produtos, peles e coiros na súa embalaxe ou presentación comercial.

-CA4.3. Identificouse a simboloxía de composición de materias, produtos téxtiles, peles e coiros.

-CA4.4. Recoñeceuse a simboloxía de conservación e as instrucións de uso de materias, produtos téxtiles, peles e coiros.

-CA4.5. Verificáronse as especificacións da etiqueta do material ou do produto.

-CA4.6. Aplicouse a normativa sobre riscos laborais e seguridade ambiental relativa á manipulación e á almacenaxe de materias, produtos téxtiles, peles e coiros.

*RA5. Identifica os téxtiles técnicos e outras materias específicas, e describe as súas características e as súas aplicacións.

-CA5.1. Identificáronse as áreas máis representativas onde interveñen os téxtiles técnicos (automoción, xeotéxtiles, agricultura, construción, protección persoal, etc.).

-CA5.2. Recoñecéronse os seus usos e as súas aplicacións.

-CA5.3. Valorouse a importancia dos téxtiles técnicos no sector da confección.

-CA5.4. Definíronse as funcións dos chamados produtos de vestir intelixentes.

-CA5.5. Identificáronse novas tendencias en produtos téxtiles e pel.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Recoñecemento de materias téxtiles.

*Fibras, fíos e tecidos.

*Tipos e clasificación das materias téxtiles.

*Características e propiedades das materias téxtiles.

*Parámetros básicos das materias téxtiles.

*Aplicación e uso.

*Simboloxía normalizada.

*Tipos e defectos máis comúns.

*Procedementos de identificación de materias téxtiles.

*Equipamentos e instrumentos de identificación.

*Esquemas dos procesos de obtención de materias téxtiles.

*Tratamentos de ennobrecemento: tipos, características e propiedades conferidas aos produtos téxtiles.

BC2. Recoñecemento de peles e coiros.

*Natureza e características.

*Estrutura e partes da pel.

*Tipos de peles: segundo a raza do animal, polas características superficiais e polo tipo de remate.

*Esquema do proceso de curtido.

*Tratamentos previos á curtidura: conservación e ribeira. Parámetros e características que inflúen no tratamento.

*Curtido: vexetal, con cromo e con substancias sintéticas.

*Tintura e engraxamento.

*Secado e remate: tipos, características e parámetros.

*Características e propiedades das peles curtidas.

*Procedementos de identificación das peles curtidas.

*Aplicacións das peles rematadas na fabricación de artigos.

*Defectos nas peles: en bruto, curtidas e de fabricación.

*Manipulación e clasificación comercial.

*Limpeza e mantemento.

BC3. Identificación de elementos complementarios.

*Natureza e características.

*Presentación comercial de elementos complementarios.

*Gornicións e avíos: orla, entremedio, fita, biés, cordón, pasamanaría, etc.

*Complementos: cremalleiras, botóns, volantes, reberetes, vivos, vaíñas, bispeis, etc.

*Complementos de recheo ou reforzo: acolchamento, moletón, crina vexetal, plumas, etc.

*Aplicación de elementos complementarios na fabricación de artigos.

BC4. Conservación, almacenaxe e manipulación.

*Conservación e vida útil das materias e dos produtos téxtiles.

*Axentes que acurtan ou perturban a vida útil.

*Condicións óptimas de almacenaxe e conservación: temperatura, humidade e iluminación.

*Criterios de manipulación: simboloxía.

*Criterios de almacenaxe e transporte: empillamento e incompatibilidade.

*Presentación comercial das materias e dos produtos téxtiles.

*Normas de identificación: simboloxía e nomenclatura.

*Normativa sobre a etiquetaxe de composición e de conservación.

*Riscos laborais e normativa de seguridade ambiental en manipulación, almacenaxe e transporte.

BC5. Identificación de téxtiles técnicos.

*Características dos materiais dos téxtiles técnicos.

*Aplicación dos téxtiles técnicos.

*Sectores de aplicación.

*Innovación de remates.

*Produtos e artigos intelixentes de confección e calzado: identificación, aplicacións e tendencias futuras.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de produción de calidade na confección industrial e á medida.

A función de produción da calidade na confección abrangue aspectos como:

-Recepción de materias primas.

-Almacenaxe, conservación e tratamento de produtos. Expedición.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Recoñecemento de materias e produtos téxtiles segundo a natureza, a estrutura, as características, as propiedades e as aplicacións.

-Identificación dos procesos básicos de fabricación dos produtos téxtiles.

-Valoración dos defectos e das anomalías máis frecuentes.

-Conservación, presentación comercial e etiquetaxe.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), m) e p) do ciclo formativo e as competencias c), k) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de materiais téxtiles, a súa natureza e as variedades, a clasificación e os parámetros básicos e estruturais.

-Descrición dos procesos produtivos para a obtención de diversos produtos, prestacións e aplicacións.

-Detección dos defectos máis comúns e das súas repercusións.

-Descrición dos procedementos de conservación e almacenaxe de materiais téxtiles, relacionando as súas características e as condicións de manipulación.

1.10. Módulo profesional: formación e orientación laboral.

*Código: MP0272.

*Duración: 107 horas.

1.10.1. Unidade formativa 1: prevención de riscos laborais.

*Código: MP0272_12.

*Duración: 45 horas.

1.10.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionadas coa seguridade e a saúde laboral.

-CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

-CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

-CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

-CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

-CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

-CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector da confección.

-CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

*RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector da confección.

-CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico en confección e moda.

-CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

-CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico en confección e moda.

-CA2.4. Identificáronse as situacións de risco máis habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico en confección e moda.

-CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade do título.

*RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

-CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

-CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

-CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

-CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

-CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

-CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

-CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico en confección e moda.

-CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

*RA4. Determina as medidas de prevención e protección no ámbito laboral da titulación de técnico en confección e moda.

-CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

-CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

-CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

-CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

-CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia onde existan vítimas de diversa gravidade.

-CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.10.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

*Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

*Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

*Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

*Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

*Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

*Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

*Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

*Riscos específicos no sector da confección en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

*Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector da confección.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

*Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

*Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

*Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

*Planificación da prevención na empresa.

*Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

*Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

*Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

*Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

*Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

*Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

*Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.10.2. Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social, e procura de emprego.

*Código: MP0272_22.

*Duración: 62 horas.

1.10.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

-CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico en confección e moda e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

-CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

-CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

-CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

-CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

-CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

-CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

*RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

-CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

-CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

-CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

-CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

-CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

-CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico en confección e moda.

-CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

-CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

-CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

-CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

-CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

-CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos ámbitos de organización do traballo.

*RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

-CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

-CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

-CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

-CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

-CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos, e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

*RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

-CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

-CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

-CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

-CA4.4. Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

-CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico en confección e moda.

-CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

-CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico en confección e moda.

-CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

-CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.10.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

*Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

*Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

*Equipos no sector da confección segundo as funcións que desenvolvan.

*Dinámicas de grupo.

*Equipos de traballo eficaces e eficientes.

*Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

*Conflito: características, tipos, causas e etapas.

*Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

*Dereito do traballo.

*Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

*Análise da relación laboral individual.

*Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

*Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico en confección e moda.

*Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

*Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

*Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

*Sindicatos de traballadores e asociacións empresariais.

*Representación das persoas traballadoras na empresa.

*Conflitos colectivos.

*Novos ámbitos de organización do traballo.

BC3. Seguridade Social, emprego e desemprego.

*A Seguridade Social como piar do Estado social.

*Estrutura do sistema da Seguridade Social.

*Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

*Protección por desemprego.

*Prestacións contributivas da Seguridade Social.

BC4. Procura activa de emprego.

*Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

*Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico en confección e moda.

*Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

*Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico en confección e moda.

*Definición e análise do sector profesional do título de técnico en confección e moda.

*Proceso de toma de decisións.

*Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

*Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumno ou a alumna se poidan inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector da confección.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais l), m), n), p) e q) do ciclo formativo e as competencias i), j), k), l) e m).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector da confección.

-Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

-Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

-Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

-Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do curriculum vitae Europass).

-Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

-Identificación de ofertas de emprego público a que se pode acceder en función da titulación e resposta á súa convocatoria.

-Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

-Estudo das condicións de traballo do sector da confección a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector da confección.

-Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

-Análise da normativa de prevención de riscos laborais que permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión a internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.11. Módulo profesional: empresa e iniciativa emprendedora.

*Código: MP0273.

*Duración: 53 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

-CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

-CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

-CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

-CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector da confección.

-CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

-CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

-CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negociación no ámbito da confección á medida, que servirá de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

-CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

*RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

-CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

-CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

-CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

-CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

-CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de confección en función da súa posible localización.

-CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

-CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa confección e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

-CA2.8. Identificáronse, en empresas de confección, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

-CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

-CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

-CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de confección, e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

-CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de mercadotecnia.

*RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

-CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos necesarios para desenvolver a actividade empresarial.

-CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determináronse as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

-CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector da confección.

-CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

-CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

-CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

-CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

-CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de confección tendo en conta a súa localización.

-CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

*RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

-CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

-CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

-CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionadas coa confección, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

-CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de confección, e describíronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

-CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.11.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

*Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de confección (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

*Cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

*Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

*Actuación das persoas emprendedoras no sector da confección.

*O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

*Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

*Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

*Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito da confección.

BC2. A empresa e o seu contorno.

*A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

*Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de confección: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

*Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de confección: clientes, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

*Localización da empresa.

*A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

*Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

*Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

*Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

*Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de mercadotecnia.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

*Formas xurídicas das empresas.

*Responsabilidade legal da persoa empresario.

*A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

*Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

*Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

*Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de confección.

*Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

*Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector da confección.

*Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

*Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

*Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

*Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

*Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de confección: documentos administrativos e documentos de pagamento.

*Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.11.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais p) e q) do ciclo formativo e as competencias n) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de confección, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

-Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector da confección.

-Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

-A realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de confección composto por un plan de empresa e un plan financeiro, e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de mercadotecnia, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro incluirá o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.12. Formación en centros de traballo.

*Código: MP0274.

*Duración: 410 horas.

1.12.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación coa produción e coa comercialización dos produtos que confecciona.

-CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

-CA1.2. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores, clientes, sistemas de produción, almacenaxe, etc.

-CA1.3. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo.

-CA1.4. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva.

-CA1.5. Interpretouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa.

-CA1.6. Relacionáronse características do mercado, tipo de clientes e provedores e a súa posible influencia no desenvolvemento da actividade empresarial.

-CA1.7. Identificáronse as canles de comercialización máis frecuentes nesta actividade.

-CA1.8. Relacionáronse vantaxes e inconvenientes da estrutura da empresa, fronte a outro tipo de organizacións empresariais.

*RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos da empresa.

-CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

-Disposición persoal e temporal que necesita o posto de traballo.

-Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade, etc.).

-Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e medidas de protección persoal.

-Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

-Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

-Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

-Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

-CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que hai que aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais.

-CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

-CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

-CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

-CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

-CA2.7. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

-CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e informou de calquera cambio, necesidade salientable ou imprevisto.

-CA2.9. Valorouse a importancia da actividade propia e a adaptación aos cambios de tarefas asignadas no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, integrándose nas novas funcións.

-CA2.10. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

* RA3. Define o procedemento do traballo de confección que vaia realizar, interpreta as especificacións técnicas e describe as fases, as operacións e os medios necesarios.

-CA3.1. Interpretáronse na documentación os parámetros e as especificacións do proceso.

-CA3.2. Identificáronse os equipamentos, as ferramentas e os medios auxiliares necesarios para o desenvolvemento do proceso.

-CA3.3. Definíronse as fases do proceso.

-CA3.4. Seleccionáronse as ferramentas en función do tipo de material, a calidade que se queira conseguir e os medios dispoñibles.

-CA3.5. Estimáronse os custos relacionados.

-CA3.6. Identificouse a normativa de prevención de riscos que haxa que cumprir.

*RA4. Prepara máquinas, equipamentos, ferramentas e utensilios para a confección, segundo procedementos establecidos, aplicando a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

-CA4.1. Seleccionáronse as máquinas, os equipamentos, as ferramentas e os utensilios necesarios de acordo coas especificacións do proceso que se vaia desenvolver.

-CA4.2. Verificouse que o estado das ferramentas e dos utensilios sexa o adecuado para realizar as operacións indicadas no procedemento.

-CA4.3. Montáronse ferramentas e utensilios, e comprobouse que estean centrados e aliñados, coa precisión requirida.

-CA4.4. Efectuouse a preparación das máquinas e os equipamentos de corte, ensamblaxe e remates para a confección segundo a ficha técnica.

-CA4.5. Realizouse o mantemento de usuario de máquinas e equipamentos segundo instrucións e procedementos establecidos.

-CA4.6. Adoptáronse as medidas estipuladas relativas a prevención de riscos e protección ambiental no desenvolvemento das fases de preparación.

*RA5. Realiza cortes de tecidos e materiais téxtiles e de pel segundo especificacións da ficha técnica, aplicando a normativa de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

-CA5.1. Reguláronse as ferramentas e os utensilios para realizar as operacións de corte.

-CA5.2. Preparáronse tecidos, pel e outros materiais para o corte, en función da ficha técnica de produción.

-CA5.3. Realizouse o estudo do corte e calculouse o rendemento aplicando as ferramentas establecidas pola empresa.

-CA5.4. Realizáronse as operacións de corte segundo procedementos establecidos, aplicando a normativa de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

-CA5.5. Detectáronse e corrixíronse as desviacións do proceso, e actuouse sobre este ou comunicáronse as incidencias.

-CA5.6. Adoptáronse as medidas estipuladas relativas á prevención de riscos e protección ambiental no desenvolvemento das operacións de corte.

-CA5.7. Realizáronse as operacións de limpeza e mantemento de máquinas, ferramentas, útiles e accesorios para os deixar en estado óptimo de operatividade.

-CA5.8. Cumpriuse a información técnica relativa a resultados do traballo, produtividade, consumos e incidencias.

*RA6. Confecciona pezas e artigos téxtiles e de pel, para o que interpreta e relaciona instrucións e normas establecidas, aplicando técnicas e procedementos inherentes á actividade que se desenvolva.

-CA6.1. Interpretouse a información do proceso (procedementos operativos, especificacións do produto, patróns, consumo, resultados de traballo e incidencias) coa simboloxía, a terminoloxía e os medios propios da empresa.

-CA6.2. Preparáronse os materiais, os equipamentos, as máquinas, as ferramentas e os utensilios necesarios para cada fase do proceso de confección.

-CA6.3. Realizáronse todas as operacións de ensamblaxe e remate de pezas e artigos en téxtil e pel, seguindo a ficha técnica e adecuándose ás exixencias de cada centro de traballo.

-CA6.4. Conseguíronse os resultados de produción no tempo estipulado.

-CA6.5. Identificáronse os puntos críticos e corrixíronse as desviacións do proceso, e actuouse sobre este ou comunicáronse as incidencias.

-CA6.6. Verificouse a calidade dos produtos en curso e a calidade final, e identificáronse as causas das posibles anomalías.

-CA6.7. Adoptáronse as medidas estipuladas relativas a prevención de riscos e protección ambiental no desenvolvemento das operacións de corte.

-CA6.8. Realizáronse as operacións de limpeza e mantemento de máquinas, ferramentas, utensilios e accesorios para os deixar en estado óptimo de operatividade.

-CA6.9. Cumpriuse a información técnica relativa a resultados do traballo, produtividade, consumos e incidencias.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais propios deste título que se alcanzasen no centro educativo, ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.

Ver referencia pdf "08700D001P008.PDF"

*A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

*O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

*Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos e alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

*En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento.

-Computadores instalados en rede, canón de proxección e acceso á internet.

-Medios audiovisuais.

-Impresora láser de cor. Impresora de etiquetas de tecido.

-Escáner.

-Plotter con largura de papel mínima de 180 cm.

-Software de xestión de tempos e custos de confección, de patronaxe e marcaxe e de deseño de moda.

-Táboa dixitalizadora de formato A00.

-Manequín de señora, home e infantil.

-Material auxiliar de patronaxe.

-Equipamento de tendedura: mesa e carro manual.

-Perforadora de tecidos e de patróns.

-Luvas protectoras.

-Cubetas de procesos de fabricación.

-Marcador de costuras.

-Trade para facer ollais.

-Grampadora de marcaxes.

-Prensa de termofixación.

-Máquinas de coser.

-Equipamento de ferro e mesa de pasada e manequín inchable para pasar o ferro.

-Prensa para pór broches e forrar botóns e as súas brocas.

-Equipamento de afiar.

-Equipamento de ensamblaxe de plásticos.

-Equipamento de traballo de marroquinaría: agullas, sacabocados, moldes para corte, burís, matacantos, garfos, táboas, martelos, cortatiras, cortacorreas, cortadores, tesoiras, regras, subelas, compás, etc.

-Equipamento de laboratorio de química xeral.

-Balanza electrónica de precisión.

-Estufa de acondicionamento de materiais téxtiles.

-Microscopio de reflexión estereoscópica.

-Medidor de pilling.

-Esclatómetro.

-Lavadora de 7 kg de carga.

-Caixa de luz ultravioleta.

-Cuadrante de catro escalas de gradación.

-Torsiómetro eléctrico.

-Permeabilímetro.

-Medidor do grosor das peles e tecidos e da solidez dos tecidos ao rozamento.

-Escala de azuis e grises.

Ver referencia pdf "08700D001P008.PDF"