A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, no seu artigo 40 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento de Paloma Rueda Rúa como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, en representación da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2010.
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar