DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 07 de maio de 2010 Páx. 8.011

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 26 de abril de 2010 pola que se dispón o cesamento dun vogal en representación da Xunta de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, no seu artigo 40 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento por petición propia, e en representación da Xunta de Galicia, de José Manuel Álvarez-Campana Gallo como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2010.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR