DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 06 de maio de 2010 Páx. 7.818

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 70/2010, do 8 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en audioloxía protésica.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

A devandita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1.30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, creado polo Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, e modificado polo Real decreto 1416/2005, do 25 de novembro, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V establece as directrices xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

O Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, estableceu no seu capítulo II a estrutura dos títulos de formación profesional, tomando como base o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu capítulo IV, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6.3º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos corresponde ntes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.

Publicado o Real decreto 1685/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en audioloxía protésica e se fixan as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2º, correspóndelle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto establece o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico superior en audioloxía protésica. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto a especialización e polivalencia e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o ámbito profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado e as súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociados a cada resultado de aprendizaxe establécemse unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

O módulo de proxecto que se inclúe neste ciclo formativo permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo.

De acordo co artigo 9.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta da persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo, e 12/2007, do 27 de xullo, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de abril de dous mil dez,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en audioloxía protésica, determinado polo Real decreto 1685/2007, do 14 de decembro.

Capítulo II

Identificación do título, perfil profesional,

ámbito profesional e prospectiva do título no sector

ou nos sectores

Artigo 2º.-Identificación.

O título de técnico superior en audioloxía protésica identifícase polos seguintes elementos:

-Denominación: audioloxía protésica.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

-Familia profesional: sanidade.

-Referente europeo: CINE-5b (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

Artigo 3º.-Perfil profesional do título.

O perfil profesional do título de técnico superior en audioloxía protésica determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.

Artigo 4º.-Competencia xeral.

A competencia xeral deste título consiste en seleccionar e adaptar próteses auditivas realizando a avaliación audiolóxica, o seguimento da persoa usuaria e o mantemento de próteses, así como determinar medidas de protección acústica a partir da avaliación dos niveis sonoros.

Artigo 5º.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan a seguir:

a) Realizar exploracións audiolóxicas para analizar a funcionalidade do oído.

b) Seleccionar o tipo de prótese auditiva non implantada para cada paciente.

c) Regular as próteses auditivas implantadas e adaptar as non implantadas para cada caso.

d) Seleccionar e adaptar axudas técnicas auditivas segundo a valoración das necesidades da persoa usuaria.

e) Elaborar adaptadores anatómicos e protectores auditivos a partir das características morfolóxicas do oído e dos dispositivos que se vaian aloxar no seu interior.

f) Montar os dispositivos electroacústicos ou acústicos no adaptador anatómico e no protector auditivo.

g) Detectar e substituír os elementos avariados de próteses auditivas e axudas técnicas auditivas segundo protocolos de seguridade e calidade establecidos.

h) Seleccionar residuos e produtos caducados para a súa eliminación consonte a normativa ambiental.

i) Instruír pacientes e familiares no uso e no mantemento da prótese auditiva e das axudas técnicas auditivas.

j) Elaborar orzamentos calculando o custo de adaptacións, elaboracións e reparacións de próteses ou protectores auditivos.

k) Medir niveis sonoros en recintos para elaborar informes e mapas de niveis sonoros.

l) Recomendar medidas de protección específica contra o ruído en función dos niveis de exposición estimados, conforme a normativa.

m) Colaborar no equipo de atención interdisciplinar, asumindo as súas responsabilidades, cumprindo os obxectivos asignados e mantendo o fluxo de información adecuado.

n) Comunicarse coa persoa usuaria empregando sistemas complementarios.

o) Apoiar psicoloxicamente as persoas usuarias mantendo un trato cortés e de respecto.

p) Xestionar a documentación administrativa e sanitaria xerada no gabinete audioprotésico para dar resposta ás necesidades de atención das persoas usuarias.

q) Adaptarse a diferentes postos de traballo e a novas situacións laborais, orixinados por cambios tecnolóxicos e organizativos na prestación dos servizos.

r) Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo as normas e os procedementos establecidos, definidos dentro do ámbito da súa competencia.

s) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas das relacións laborais, consonte o establecido na lexislación.

t) Xestionar a súa carreira profesional, analizando as oportunidades de emprego, de autoemprego e de aprendizaxe.

u) Crear e xestionar unha empresa, realizando un estudo de viabilidade, de planificación e de comercialización.

v) Participar na vida económica, social e cultural, cunha actitude crítica e de responsabilidade.

Artigo 6º.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

Audioprótese, SAN126_3 (Real decreto 1087/2005), que abrangue as seguintes unidades de competencia

-UC0382_3: xestionar un gabinete audioprotésico.

-UC0383_3: analizar as características anatomosensoriais auditivas.

-UC0384_3: seleccionar e adaptar próteses auditivas.

-UC0385_3: elaborar adaptadores anatómicos, protectores e próteses auditivas.

-UC0386_3: reparar próteses auditivas.

-UC0387_3: medir niveis sonoros e recomendar proteccións contra o ruído.

Artigo 7º.-Ámbito profesional.

1. Este profesional exerce a súa actividade no sector sanitario público e privado, en empresas privadas do sector, en gabinetes audioprotésicos e en prevención de efectos de ruído ambiental.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

-Técnico/a superior en audioprótese.

-Técnico/a especialista audioprotesista.

-Técnico/a en elaboración de moldes e protectores auditivos.

-Técnico/a en medición de nivel sonoro.

-Audiometrista.

Artigo 8º.-Prospectiva do título no sector ou nos sectores.

1. Os avances terapéuticos no tratamento das deficiencias auditivas, a maior esperanza de vida da poboación e o fenómeno da inmigración determinan, entre outros aspectos, que se realicen probas audiolóxicas a sectores da poboación cada vez máis amplos, o que lles exixe a estas persoas dar resposta ás necesidades de colectivos que ata o presente non solicitaban estes servizos.

2. Os avances en próteses implantables exixen profesionais con formación, para colaboraren co equipo interdisciplinar no seguimento de pacientes.

3. Existe tamén unha tendencia progresiva na demanda de próteses auditivas e axudas técnicas que este persoal profesional elabora, adapta e, de ser o caso, repara, atendendo non só á recuperación da función auditiva, senón tamén a aspectos de comodidade e de facilidade de manipulación e a razóns estéticas.

4. Pero os retos máis importantes nos próximos anos para este persoal profesional son os que fan referencia ao seu labor como membros dos equipos multidisciplinares que atenden as persoas con perda auditiva, nos cales deberán asumir tarefas de maior responsabilidade, xa que o éxito da recuperación funcional da persoa require tamén a súa implicación no proceso.

5. Para iso este persoal necesita adquirir capacitación para detectar actitudes e estados emocionais que a perda auditiva produce nas persoas e coñecer as vías da súa integración sociolaboral.

6. É nomeadamente importante coñecer as opcións educativas dos cativos e as cativas con perda auditiva e facilitar, desde o seu campo de actuación, o labor doutros profesionais da educación, para levar ao máximo o aproveitamento dos restos auditivos dos nenos e das nenas con xordeira.

7. Tendo en conta a importancia da comunicación co paciente para conseguir unha maior calidade na prestación do servizo, é necesaria a formación en sistemas de comunicación alternativa para a adaptación das técnicas de avaliación auditiva en situacións en que as alteracións non auditivas afecten o proceso avaliador.

8. Por último, o problema crecente da contaminación acústica abre para este persoal profesional un novo campo de actuación na área sanitaria preventiva, orientando as persoas usuarias do gabinete en comportamentos que reduzan a súa exposición ao ruído, recomendando protectores auditivos, determinando os niveis de ruído no contorno sociolaboral e orientando nas medidas de illamento que se lles poidan aplicar ás fontes que o xeran.

Capítulo III

Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos

de contexto

Artigo 9º.-Obxectivos xerais.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

a) Identificar as fases do proceso en relación cos obxectivos, para realizar exploracións audiolóxicas.

b) Identificar os tipos de próteses auditivas e analizar as súas características e as súas aplicacións para a súa posterior selección.

c) Recoñecer as características anatomosensoriais mediante a análise de resultados de exploracións e probas audiolóxicas para adaptar a prótese auditiva.

d) Identificar procesos de fabricación e montaxe en relación coas posibilidades técnicas e características da persoa hipoacúsica, para elaborar adaptadores anatómicos, protectores e próteses auditivas.

e) Caracterizar as axudas técnicas auditivas e identificar as súas aplicacións, para as seleccionar en función das necesidades da persoa usuaria.

f) Analizar os tipos de adaptadores anatómicos e protectores auditivos en relación coas características morfolóxicas do oído, para a súa elaboración ou adaptación.

g) Relacionar as fases de montaxe coa súa aplicación para montar dispositivos electroacústicos ou acústicos.

h) Identificar avarías en próteses auditivas e axudas técnicas e valorar a súa repercusión na funcionalidade do dispositivo, para detectar e substituír elementos.

i) Analizar a repercusión no ambiente dos materiais utilizados en gabinetes de audioprótese, para seleccionar os residuos xerados.

j) Recoñecer as características das próteses auditivas e das axudas técnicas auditivas en relación coas súas aplicacións, para instruír no seu uso e no seu mantemento.

k) Determinar o custo dos elementos, os equipamentos e a man de obra en relación coa dificultade asociada ao proceso, para elaborar orzamentos previos de adaptacións, axustes, elaboracións e reparacións de próteses ou protectores auditivos.

l) Identificar os elementos de protección sonora mediante análise dos niveis de exposición ao ruído, para recomendar medidas de protección específica contra o ruído.

m) Aplicar técnicas de comunicación en relación coas características da poboación usuaria, para atender as persoas hipoacúsicas.

n) Caracterizar o plan de mantemento do gabinete seguindo instrucións técnicas e aplicando normas de calidade, seguridade e hixiene para manter equipamentos e maquinaria do gabinete.

o) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, analizando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais para participar na cidadanía democrática.

p) Valorar as actividades de traballo na prestación do servizo e identificar a súa achega ao proceso global para conseguir os obxectivos establecidos.

q) Identificar e valorar as oportunidades de aprendizaxe e emprego, analizando as ofertas e as demandas do mercado laboral, para xestionar a súa carreira profesional.

r) Recoñecer as oportunidades de negocio, identificando e analizando demandas do mercado, para crear e xestionar unha pequena empresa.

s) Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, analizando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

Artigo 10º.-Módulos profesionais.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo, que se desenvolven no anexo I deste decreto, son os que se relacionan a seguir:

-MP0199. Características anatomosensoriais auditivas.

-MP0200. Tecnoloxía electrónica en audioprótese.

-MP0201. Acústica e elementos de protección sonora.

-MP0202. Elaboración de moldes e protectores auditivos.

-MP0203. Elección e adaptación de próteses auditivas.

-MP0204. Atención á persoa hipoacúsica.

-MP0205. Audición e comunicación verbal.

-MP0206. Proxecto de audioloxía protésica.

-MP0207. Formación e orientación laboral.

-MP0208. Empresa e iniciativa emprendedora.

-MP0209. Formación en centros de traballo.

Artigo 11º.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son os establecidos no anexo II deste decreto.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberán estar en función do número de alumnos e alumnas e serán os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos, e cantas outras sexan de aplicación e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12º.-Profesorado.

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas deste ciclo formativo correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A) deste decreto.

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da devandita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores, para efectos de docencia, para as especialidades do profesorado son as recollidas no anexo III B) deste decreto.

3. O profesorado especialista terá atribuída a competencia docente dos módulos profesionais especificados no anexo III A) deste decreto.

4. O profesorado especialista deberá cumprir os requisitos xerais exixidos para o ingreso na función pública docente establecidos no artigo 12 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da devandita lei.

5. Ademais, co fin de garantir que responda ás necesidades dos procesos involucrados no módulo profesional, cómpre acreditar no comezo de cada nomeamento unha experiencia profesional recoñecida no campo laboral correspondente, debidamente actualizada, con polo menos dous anos de exercicio profesional nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

6. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C) deste decreto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, en que se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

-Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

-Que se acredite mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional, realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

Capítulo IV

Accesos e vinculación a outros estudos e correspondencia

de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13º.-Preferencias para o acceso a este ciclo formativo en relación coas modalidades e as materias de bacharelato cursadas.

Terá preferencia para acceder a este ciclo formativo o alumnado que cursara a modalidade de bacharelato de ciencias e tecnoloxía.

Artigo 14º.-Acceso a outros estudos e validacións.

1. O título de técnico superior en audioloxía protésica permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.

2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.

3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.

Artigo 15º.-Validacións e exencións.

1. As validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos profesionais dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, recóllense no anexo IV deste decreto.

2. Serán obxecto de validación os módulos profesionais comúns a varios ciclos formativos, de igual denominación, duración, contidos, obxectivos expresados como resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación, establecidos nos reais decretos polos que se fixan as ensinanzas mínimas dos títulos de formación profesional. Malia o anterior e consonte o artigo 45.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, quen superara o módulo profesional de formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terá validados os devanditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

3. O módulo profesional de formación e orientación laboral de calquera título de formación profesional poderá ser obxecto de validación sempre que se cumpran os requisitos establecidos no artigo 45.3º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, que se acredite polo menos un ano de experiencia laboral e se posúa o certificado de técnico en prevención de riscos laborais, nivel básico, expedido consonte o disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

4. De acordo co establecido no artigo 49 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada con este ciclo formativo nos termos previstos no devandito artigo.

Artigo 16º.-Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención.

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título para a súa validación ou exención queda determinada no anexo V A) deste decreto.

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo V B) deste decreto.

Capítulo V

Organización da impartición

Artigo 17º.-Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo VI deste decreto.

Artigo 18º.-Unidades formativas.

1. De acordo co artigo 9.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, e coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VII a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Artigo 19º.-Módulo de proxecto.

1. O módulo de proxecto incluído no currículo deste ciclo formativo ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente será a cargo do profesorado que imparta docencia no ciclo formativo.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de formación en centros de traballo e avaliarase despois de cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposicións adicionais

Primeira.-Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia deste título.

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais deste ciclo formativo nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o procedemento que se estableza.

Segunda.-Titulacións equivalentes.

1. O título que se indica a seguir terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico superior en audioloxía protésica, establecido no Real decreto 1685/2007, do 14 de decembro, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

-Título de técnico superior en audioprótese, establecido polo Real decreto 62/2001, do 26 de xaneiro.

2. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Terceira.-Regulación do exercicio da profesión.

1. De conformidade co establecido no Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas no número 1 da disposición adicional segunda deste decreto débense entender sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Cuarta.-Accesibilidade universal nas ensinanzas deste título.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria garantirá que o alumnado poida acceder e cursar este ciclo formativo nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de «deseño para todos». Para tal efecto, recollerán as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Quinta.-Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto.

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas deste ciclo formativo exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Sexta.-Desenvolvemento do currículo.

1. O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao contorno socioeconómico do centro e ás características do alumnado, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

Disposición transitoria

Única.-Centros privados con autorización para impartir ciclos formativos de formación profesional.

A autorización concedida aos centros educativos de titularidade privada para impartir as ensinanzas do título o que se fai referencia no artigo 1.2º do Real decreto 1685/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en audioloxía protésica, entenderase referida ás ensinanzas reguladas neste decreto.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación de normas.

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto, sen prexuízo da disposición derradeira primeira.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto.

1. No curso 2009-2010 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o primeiro curso das ensinanzas do título a que se fai referencia no artigo 1.2º do Real decreto 1685/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en audioloxía protésica.

2. No curso 2010-2011 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o segundo curso das ensinanzas do título a que se fai referencia no artigo 1.2º do Real decreto 1685/2007, do 14 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en audioloxía protésica.

3. No curso 2009-2010 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Segunda.-Desenvolvemento normativo.

1. Autorízase a persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Terceira.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de abril de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1. ANEXO I

Módulos profesionais

1.1. Módulo profesional: características anatomosensoriais auditivas.

*Equivalencia en créditos ECTS: 19.

*Código: MP0199.

*Duración: 292 horas.

1.1.1. Unidade formativa 1: características anatomosensoriais auditivas xerais.

*Código: MP0199_12.

*Duración: 240 horas.

1.1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Describe as características anatomofisiolóxicas e patolóxicas xerais e do sistema auditivo e interpreta prescricións facultativas.

-CA1.1. Describíronse as características anatómicas relacionadas.

-CA1.2. Precisáronse os mecanismos fisiolóxicos e sensoriais relacionados.

-CA1.3. Recoñecéronse as patoloxías xerais que inflúen na audición ou que teñen repercusión na adaptación protésica.

-CA1.4. Utilizáronse os termos médico-sanitarios básicos.

-CA1.5. Describíronse as características anatómicas do sistema auditivo.

-CA1.6. Precisáronse os mecanismos fisiolóxicos e sensoriais do sistema auditivo.

-CA1.7. Recoñecéronse as patoloxías otolóxicas asociadas á deficiencia auditiva.

-CA1.8. Interpretouse a prescrición facultativa.

-CA1.9. Rexistráronse os datos na historia clínica audioprotésica.

*RA2. Describe o equipamento audiolóxico e deseña o plan de mantemento.

-CA2.1. Identificouse o instrumental de exploración.

-CA2.2. Describíronse as características xerais e os elementos necesarios dunha cabina ou sala sonoamortecida para probas audiométricas.

-CA2.3. Interpretáronse os elementos e os accesorios que constitúen os audiómetros.

-CA2.4. Describíronse as características xerais dos equipamentos utilizados nas probas audiolóxicas obxectivas.

-CA2.5. Realizáronse as técnicas de limpeza, desinfección e esterilización do instrumental e do material.

-CA2.6. Determinouse a necesidade de calibración dos equipamentos.

-CA2.7. Deseñouse un plan de calibración dos equipamentos.

*RA3. Realiza exploracións e probas audiolóxicas en persoas adultas e xustifica as probas seleccionadas.

-CA3.1. Realizouse e describiuse a exploración otoscópica.

-CA3.2. Realizáronse e describíronse as probas audiolóxicas subxectivas: técnicas acumétricas, audiometría tonal liminar, técnicas de audiometría supraliminar, probas de audiometría verbal e probas psicoacústicas.

-CA3.3. Describíronse e realizáronse as probas audiolóxicas obxectivas.

-CA3.4. Realizáronse e describíronse as probas de audioloxía laboral.

-CA3.5. Rexistráronse os resultados das probas nos códigos internacionais.

-CA3.6. Aplicouse o protocolo con rigor, orde, método e precisión.

*RA4. Determina as posibilidades de corrección das perdas auditivas analizando as características anatomosensoriais da persoa usuaria e as indicacións clínicas das próteses auditivas.

-CA4.1. Interpretáronse os datos obtidos na exploración e na historia clínica audioprotésica.

-CA4.2. Clasificáronse os tipos de perda auditiva en función da localización da alteración anatomosensorial que a orixine.

-CA4.3. Relacionáronse as desviacións obtidas nas probas audiolóxicas cos tipos de perda auditiva.

-CA4.4. Describíronse as implicacións de cada tipo de perda auditiva na selección, na adaptación e no rendemento de próteses auditivas.

-CA4.5. Describíronse as principais contraindicacións morfolóxicas e funcionais para a adaptación de próteses auditivas.

-CA4.6. Seleccionouse o formato e a gráfica de presentación dos resultados.

-CA4.7. Interpretáronse os resultados da avaliación audiolóxica.

1.1.1.2 Contidos básicos.

BC1. Interpretación da prescrición facultativa da persoa usuaria hipoacúsica.

*Terminoloxía médico-sanitaria básica.

*Anatomofisioloxía xeral relacionada.

*Patoloxía xeral relacionada coa perda de audición ou coa adaptación protésica.

*Estrutura e función do sistema auditivo.

*Patoloxías do sistema auditivo.

*Historia clínica audioprotésica.

BC2. Equipamentos audiolóxicos e plan de mantemento.

*Instrumentos de exploración anatómica e funcional do oído.

*Cabina sonoillada e sala de campo sonoro para probas audiométricas.

*Audiómetros: elementos e accesorios.

*Equipamento de impedanciómetro.

*Equipamento de otoemisións acústicas.

*Equipamento de potenciais evocados auditivos.

*Mantemento, limpeza, desinfección e esterilización do instrumental, dos equipamentos e do material.

*Plan de calibración dos equipamentos.

BC3. Realización de exploracións e probas audiolóxicas en persoas adultas.

*Otoscopia.

*Realización de probas audiométricas subxectivas:

-Acumetría.

-Audiometría tonal liminar. Técnicas de enmascaramento clínico.

-Logoaudiometría. Técnicas de enmascaramento clínico.

-Audiometría supraliminar.

*Probas psicoacústicas.

*Probas audiolóxicas obxectivas:

-Impedanciometría.

-Otoemisións acústicas.

-Potenciais evocados auditivos.

*Rexistro gráfico dos resultados das probas.

BC4. Determinación das posibilidades de corrección de perdas auditivas.

*Tipos de perda auditiva.

*Patróns audiolóxicos de cada tipo de perda auditiva.

*Contraindicacións morfolóxicas e funcionais para a adaptación de próteses auditivas.

*Prognóstico de corrección auditiva para cada tipo de perda.

*Integración de probas audiolóxicas.

*Gráficas audiométricas.

1.1.2. Unidade formativa 2: estudo audiolóxico infantil.

*Código: MP0199_22.

*Duración: 52 horas.

1.1.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Realiza estudos de audición infantil en relación coas características físicas e o desenvolvemento cognitivo do cativo ou da cativa.

-CA1.1. Describíronse as características xerais dos equipamentos, os instrumentos e os materiais utilizados nas probas audiolóxicas infantís.

-CA1.2. Describíronse as técnicas de cribaxe auditiva infantil e identificouse o programa de detección precoz da xordeira en Galicia.

-CA1.3. Describíronse os estudos necesarios de audioloxía infantil.

-CA1.4. Realizouse a posta a punto do equipamento para a exploración.

-CA1.5. Seleccionáronse as exploracións e as probas necesarias na orientación audioprotésica.

-CA1.6. Diferenciáronse as técnicas en función da idade.

-CA1.7. Aplicáronse técnicas en función das características físicas e o desenvolvemento cognitivo.

-CA1.8. Clasificáronse os tipos de perda auditiva e relacionáronse as desviacións obtidas nas probas audiolóxicas cos tipos de perda auditiva.

-CA1.9. Describíronse as implicacións de cada tipo de perda auditiva na selección, na adaptación e no rendemento de próteses auditivas infantís.

-CA1.10. Interpretáronse os resultados obtidos.

-CA1.11. Elaboráronse informes do estado auditivo.

1.1.2.2 Contidos básicos.

BC1. Realización de estudos de audición infantil.

*Equipamento das probas audiolóxicas infantís e calibración.

*Cribaxe auditiva.

*Historia clínica e exploración audioprotésica infantil.

*Elementos diferenciais da anatomía infantil.

*Características do desenvolvemento cognitivo e motor no pequeno ou na pequena.

*Probas audiolóxicas subxectivas segundo a idade.

-Por reflexo non condicionado: audiometría por observación da conduta.

-Por reflexo condicionado: audiometría por reforzo visual.

-Condicionamento por xogo.

*Probas verbais

*Avaliación da capacidade funcional auditiva segundo a idade, o desenvolvemento físico e cognitivo e o grao de hipoacusia.

*Probas audiolóxicas obxectivas.

*Integración das probas e interpretación dos resultados.

*Informes do estado auditivo.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de valoración e análise das características anatomosensoriais da persoa con perda auditiva.

A valoración e a análise das características anatomosensoriais da persoa con perda auditiva abranguen aspectos como:

-Exploración clínica segundo o protocolo.

-Recoñecemento do tipo de perda ou de deficiencia auditiva.

-Valoración de resultados.

-Avaliación audiolóxica clínica previa á selección dunha prótese.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Gabinetes audioprotésicos.

-Clínicas audiolóxicas.

-Servizos de otorrinolaringoloxía de hospital.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c) e d) do ciclo formativo e as competencias a) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de estruturas anatómicas sobre modelos e láminas.

-Comprensión do funcionamento do órgano da audición mediante modelos prácticos e vídeos.

-Observación de imaxes de diferentes patoloxías.

-Recoñecemento dos equipamentos e do seu plan de calibración.

-Realización de técnicas de exploración segundo protocolos.

-Interpretación de gráficos e resultados de casos clínicos.

-Valoración de características sensoriais auditivas mediante a correlación dos resultados obtidos.

-Rexistro de datos na historia clínica audioprotésica.

As TIC e o idioma comunitario máis acaído aos contidos do módulo integraranse no proceso de ensino e aprendizaxe por parte tanto do alumnado como do profesorado, cando sexa pertinente.

Para cursar con aproveitamento a unidade formativa 2 cómpre ter adquiridos coñecementos de audiometría básica.

1.2. Módulo profesional: tecnoloxía electrónica en audioprótese.

*Equivalencia en créditos ECTS: 13.

*Código: MP0200.

*Duración: 267 horas.

1.2.1. Unidade formativa 1: electrónica básica aplicada á audioprótese.

*Código: MP0200_12.

*Duración: 214 horas.

1.2.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Mide magnitudes eléctricas e electromagnéticas en circuítos eléctricos, tendo en conta a relación entre os instrumentos e as técnicas de medida.

-CA1.1. Identificáronse os fenómenos eléctricos e electromagnéticos que aparecen nos circuítos electrónicos.

-CA1.2. Definíronse as magnitudes eléctricas e electromagnéticas fundamentais presentes nos circuítos de corrente continua e de corrente alterna, así como as súas unidades de medida.

-CA1.3. Enunciáronse as leis e os principios eléctricos e electromagnéticos fundamentais.

-CA1.4. Distinguíronse magnitudes eléctricas utilizando diversos aparellos de medida.

-CA1.5. Seleccionáronse o instrumento de medida e os elementos auxiliares máis axeitados en función da magnitude, o rango e a precisión que se requiran.

-CA1.6. Seguíronse os procedementos normalizados para a conexión do aparello de medida.

-CA1.7. Interpretáronse os resultados obtidos e relacionáronse os efectos producidos coas súas causas.

-CA1.8. Elaborouse un informe das actividades desenvolvidas e dos resultados obtidos.

-CA1.9. Recoñecéronse os tipos de fontes de enerxía que se utilizan en próteses auditivas.

*RA2. Monta circuítos eléctricos e electrónicos analóxicos, para o que interpreta esquemas e diagramas de bloques.

-CA2.1. Identificouse e explicouse o principio de funcionamento, así como as características morfolóxicas e eléctricas dos compoñentes electrónicos analóxicos básicos, a súa tipoloxía e as aplicacións máis salientables.

-CA2.2. Describiuse o funcionamento dos circuítos electrónicos analóxicos básicos e explicáronse as características, os valores das magnitudes eléctricas, o tipo e a forma dos sinais presentes, así como o tratamento que sofren os devanditos sinais ao longo do circuíto.

-CA2.3. Identificáronse as compoñentes do circuíto.

-CA2.4. Relacionáronse cos elementos reais os símbolos que aparecen nos esquemas.

-CA2.5. Identificáronse os bloques funcionais presentes no circuíto e explicáronse as súas características e a súa tipoloxía.

-CA2.6. Calculáronse as magnitudes básicas características do circuíto.

-CA2.7. Montáronse circuítos analóxicos básicos utilizando sistemas de inserción rápida.

-CA2.8. Identificáronse as variacións nos parámetros característicos do circuíto con suposicións e modificacións nos seus compoñentes.

-CA2.9. Explicouse a relación entre os efectos detectados e as súas causas.

-CA2.10. Montáronse circuítos analóxicos básicos utilizando placas de circuíto impreso de proceso manual.

*RA3. Monta circuítos electrónicos dixitais e describe os seus esquemas e o seu funcionamento.

-CA3.1. Identificáronse as compoñentes do circuíto.

-CA3.2. Interpretáronse os símbolos e os bloques funcionais que aparecen nos esquemas.

-CA3.3. Explicouse o funcionamento, as características e a tipoloxía de compoñentes e bloques funcionais do circuíto.

-CA3.4. Explicouse o funcionamento do circuíto.

-CA3.5. Aplicáronse as leis e os teoremas fundamentais da álxebra de Boole na análise do circuíto.

-CA3.6. Montáronse circuítos dixitais básicos.

-CA3.7. Contrastáronse os estados lóxicos previstos cos sinais reais medidos.

-CA3.8. Identificáronse as variacións no circuíto modificando os parámetros.

*RA4. Detecta disfuncións básicas en circuítos electrónicos con dispositivos programables e periféricos asociados e describe os esquemas e o funcionamento.

-CA4.1. Explicáronse as diferenzas básicas entre os circuítos electrónicos dixitais con cables e programados.

-CA4.2. Identificáronse os compoñentes e os bloques funcionais do circuíto.

-CA4.3. Relacionáronse cos elementos reais os símbolos que aparecen nos esquemas.

-CA4.4. Explicouse o funcionamento dos bloques funcionais presentes no dispositivo microprocesador.

-CA4.5. Explicouse o funcionamento do circuíto e as súas medicións.

-CA4.6. Relacionáronse as funcións do programa de control cos sinais de entrada e saída do dispositivo microprocesador e os periféricos asociados.

-CA4.7. Describíronse os bloques dos audiófonos e das próteses implantables.

-CA4.8. Identificáronse as variacións no circuíto modificando os parámetros.

-CA4.9. Describiuse o comportamento de próteses non implantables.

-CA4.10. Identificouse a relación entre os efectos detectados e as súas causas.

*RA5. Realiza soldaduras e desoldaduras brandas, utilizando os instrumentos e os accesorios necesarios.

-CA5.1. Seleccionáronse os instrumentos e os accesorios utilizados en soldadura e desoldadura.

-CA5.2. Describíronse os instrumentos e os accesorios utilizados en soldadura e desoldadura.

-CA5.3. Seguíronse os criterios establecidos para a realización das soldaduras e as desoldaduras.

-CA5.4. Comprobouse a calidade da soldadura.

1.2.1.2 Contidos básicos.

BC1. Medición de magnitudes eléctricas e electromagnéticas.

*Magnitudes eléctricas e electromagnéticas.

*Fontes de enerxía.

*Circuítos en corrente continua.

*Circuítos en corrente alterna.

*Medida de magnitudes analóxicas.

*Aplicación de leis e teoremas no cálculo básico de circuítos.

BC2. Montaxe de circuítos eléctricos e electrónicos analóxicos.

*Compoñentes eléctricos e electrónicos.

*Transdutores.

*Circuítos de aplicación e os seus elementos.

*Aplicacións con circuítos integrados lineais.

*Construción manual de circuítos impresos.

BC3. Montaxe de circuítos electrónicos dixitais.

*Portas lóxicas.

*Circuítos combinacionais.

*Circuítos secuenciais.

*Circuítos dixitais aritméticos.

*Circuítos electrónicos de conversión A/D e D/A.

*Circuítos específicos: características.

BC4. Detección de disfuncións simples en circuítos electrónicos con dispositivos programables e periféricos asociados.

*Sistemas con cables e sistemas programables: diferenzas.

*Memorias electrónicas e matrices programables.

*Buses utilizados nas memorias.

*Microprocesadores, microcontroladores e dispositivos periféricos. DSP: microprocesadores aplicados en audiófonos.

*Medidas en electrónica dixital.

*Diagramas de bloques de audiófonos e próteses implantables.

*Detección de disfuncións en audiófonos e próteses implantables.

BC5. Soldadura branda.

*Sistemas de conexións de compoñentes e condutores: soldadura.

*Sistemas de soldadura: soldadores e estacións de soldadura.

*Materiais utilizados en soldadura: estaño e resinas.

*Instrumentos utilizados en microsoldadura: lupas e elementos de soporte.

*Soldadura branda.

1.2.2. Unidade formativa 2: reparación de próteses auditivas e axudas técnicas.

*Código: MP0200_22.

*Duración: 53 horas.

1.2.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Repara audiófonos e axudas técnicas auditivas, para o que identifica as súas compoñentes e os relaciona coas súas avarías.

-CA1.1. Describíronse as avarías nos equipamentos.

-CA1.2. Utilizouse a información fornecida polo usuario e a documentación proporcionada por fábrica.

-CA1.3. Operouse con aparellos de medición e mediante a observación visual e auditiva.

-CA1.4. Aplicáronse as técnicas de reparación de próteses auditivas e axudas técnicas auditivas.

-CA1.5. Clasificáronse os equipamentos de axudas técnicas electrónicas en audioprótese.

-CA1.6. Describíronse os bloques que compoñen as axudas técnicas e as próteses auditivas.

-CA1.7. Manexáronse os mandos presentes en cada equipamento.

-CA1.8. Comprobouse que o comportamento das axudas técnicas e próteses auditivas fose o previsto.

-CA1.9. Aplicáronse os protocolos de seguridade e saúde laboral.

-CA1.10. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

-CA1.11. Aplicouse a normativa de residuos e protección ambiental.

1.2.2.2 Contidos básicos.

BC1. Reparación de audiófonos e axudas técnicas auditivas.

*Tipos de próteses e axudas técnicas auditivas.

*Protocolos normalizados no proceso de reparación.

*Compoñentes das próteses e das axudas técnicas auditivas.

*Detección e causas de avarías.

*Técnicas de reparación de próteses e axudas técnicas auditivas.

*Normativa sobre seguridade e saúde laboral.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de análise, montaxe e operación de próteses auditivas e axudas técnicas.

A análise, a montaxe e a operación de próteses auditivas e axudas técnicas abrangue aspectos como:

-Análise de magnitudes eléctricas e equipamentos.

-Montaxe de circuítos utilizados en próteses auditivas.

-Estudo e posta en práctica das axudas técnicas auditivas.

-Valoración de resultados.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Gabinetes audioprotésicos.

-Talleres de montaxe e reparación de audiófonos.

-Fábricas de elaboración de equipamentos audioprotésicos e axudas técnicas.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais g) e h) do ciclo formativo e as competencias d), f) e g).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de equipamentos electrónicos utilizados en audioprótese.

-Interpretación de documentación técnica e instrucións de uso de equipamentos.

-Medición de magnitudes eléctricas, con especial atención ás relacionadas coa amplificación de sinais.

-Identificación de circuítos electrónicos analóxicos e dixitais.

-Realización de técnicas de soldadura e desoldadura.

-Identificación de dispositivos programables.

-Descrición do comportamento de próteses implantables usando simuladores.

As TIC e o idioma comunitario máis acaído aos contidos do módulo integraranse no proceso de ensino e aprendizaxe por parte tanto do alumnado como do profesorado, cando sexa pertinente.

Para cursar con aproveitamento a unidade formativa 2 cómpre ter adquiridos coñecementos de electrónica básica.

1.3. Módulo profesional: acústica e elementos de protección sonora.

*Equivalencia en créditos ECTS: 11.

*Código: MP0201.

*Duración: 187 horas.

1.3.1. Unidade formativa 1: son, percepción auditiva e procesos psicoacústicos.

*Código: MP0201_12.

*Duración: 131 horas.

1.3.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Recoñece a natureza do son, describe as súas propiedades físicas e mide os seus parámetros.

-CA1.1. Describíronse as características do movemento vibratorio harmónico.

-CA1.2. Describiuse a propagación do movemento ondulatorio.

-CA1.3. Identificáronse os parámetros das ondas sonoras.

-CA1.4. Identificáronse os fenómenos de interferencias entre as ondas.

-CA1.5. Recoñeceuse o fenómeno da difracción.

-CA1.6. Definíronse as leis da reflexión e da refracción.

-CA1.7. Identificouse o fenómeno de focalización.

-CA1.8. Describíronse os factores que interveñen na velocidade de propagación do son.

-CA1.9. Definíronse as ondas estacionarias sonoras, os modos normais de vibración e o fenómeno da resonancia acústica.

-CA1.10. Aplicouse o teorema de Fourier para a análise das ondas sonoras complexas.

*RA2. Determina a percepción auditiva do individuo e describe os procesos psicoacústicos involucrados.

-CA2.1. Definiuse o rango dinámico do oído.

-CA2.2. Describiuse o enmascaramento na percepción sonora, os seus tipos e os seus patróns.

-CA2.3. Describíronse as características da selectividade frecuencial e da discriminación de frecuencias en persoas normooíntes e con perda auditiva.

-CA2.4. Describiuse a discriminación de intensidade sonora e o fenómeno subxectivo de sonoridade.

-CA2.5. Describiuse a discriminación frecuencial e o fenómeno subxectivo de percepción tonal.

-CA2.6. Enunciáronse as teorías de percepción do ton.

-CA2.7. Describíronse as características da resolución e da integración temporal na audición normal e na perda auditiva.

-CA2.8. Describíronse os mecanismos da percepción auditiva do espazo.

-CA2.9. Describíronse os mecanismos dos patróns auditivos e da percepción de obxectos.

-CA2.10. Describíronse as características da percepción da fala.

1.3.1.2 Contidos básicos.

BC1. Medición de parámetros físicos do son.

*Sons, infrasóns e ultrasóns.

*Parámetros físicos do son. Unidades.

*Fontes sonoras: esféricas, cilíndricas e planas.

*Niveis acústicos.

*Superposición de ondas sonoras.

*Resonancia acústica.

*Difracción de ondas sonoras.

*Acoplamento de impedancias.

*Filtros acústicos.

BC2. Determinación da percepción auditiva.

*Limiares absolutos de percepción sonora: métodos de determinación.

*Rango dinámico normal e patolóxico.

*Enmascaramento auditivo: tipos e patróns.

*Resolución e discriminación de frecuencias: modelos, alteracións e consecuencias. Filtros auditivos.

*Estimación psicofísica da compresión coclear.

*Sonía e sensación de intensidade.

*Percepción da sonoridade. Liñas isofónicas. Lei de Weber-Fechner. Métodos de estimación da sonoridade. Unidades e relacións.

*Alteracións da percepción normal da sonoridade. Fenómenos da adaptación e o recrutamento.

*Discriminación de intensidade na audición normal e na hipoacusia.

*Resolución frecuencial. Curvas psicofísicas de sintonización.

*Percepción do ton en tons puros e sons complexos.

*Resolución e integración temporal na audición normal e na perda auditiva.

*Percepción auditiva do espazo. Efecto Haas. Audición binaural na audición normal e nas persoas con hipoacusia.

*Patróns auditivos e percepción de obxectos.

*Percepción da fala na audición normal e nas persoas con hipoacusia.

1.3.2. Unidade formativa 2: acústica de salas, estudo da exposición ao ruído e protección auditiva.

*Código: MP0201_22.

*Duración: 56 horas.

1.3.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Deseña salas de campo sonoro, tendo en conta a relación entre as propiedades do recinto e as probas que se vaian efectuar.

-CA1.1. Describíronse as características acústicas das salas de campo sonoro.

-CA1.2. Describiuse a normativa.

-CA1.3. Seleccionáronse os materiais para o acondicionamento acústico da sala.

-CA1.4. Determinouse a posición dos elementos na sala.

-CA1.5. Identificáronse os métodos de calibración dun campo acústico de medida.

-CA1.6. Interpretáronse as normas de funcionamento do sonómetro.

-CA1.7. Aplicáronse procedementos de determinación de limiares auditivos para a calibración da sala.

-CA1.8. Utilizouse o sonómetro para determinar a adecuación do acondicionamento da sala.

-CA1.9. Interpretáronse os datos obtidos na determinación.

-CA1.10. Revisouse visualmente e acusticamente o equipamento no rango das frecuencias de exame.

-CA1.11. Leváronse a cabo comprobacións electroacústicas no equipamento.

*RA2. Mide niveis sonoros e de exposición ao ruído aplicando técnicas de sonometría.

-CA2.1. Describiuse a audición verbal e musical nun recinto pechado.

-CA2.2. Describíronse as características acústicas de recintos abertos e pechados.

-CA2.3. Identificáronse os parámetros que determinan os niveis de exposición ao ruído.

-CA2.4. Describiuse a normativa en medición de niveis sonoros.

-CA2.5. Verificouse o correcto funcionamento dos dispositivos de medida dos niveis sonoros.

-CA2.6. Determináronse niveis sonoros en recintos abertos e pechados.

-CA2.7. Utilizouse o software correspondente para a análise dos datos obtidos das medicións co sonómetro.

-CA2.8. Elaboráronse informes e mapas dos niveis sonoros dos recintos avaliados.

*RA3. Determina necesidades de protección auditiva, tendo en conta a relación entre as medicións do contorno e a normativa.

-CA3.1. Describíronse os efectos do ruído na audición humana.

-CA3.2. Describíronse os elementos de protección sonora e illamento acústico.

-CA3.3. Definíronse as recomendacións de protección sobre exposición ao ruído.

-CA3.4. Utilizouse o software dos dispositivos de medición para a elaboración dun programa de medidas de protección auditiva.

-CA3.5. Identificáronse os tipos de protectores auditivos.

-CA3.6. Determináronse as características e as necesidades das persoas usuarias para o asesoramento sobre o protector acaído.

-CA3.7. Analizouse a información proporcionada por fábrica nos protectores elaborados industrialmente.

-CA3.8. Seleccionouse o material de protección acústica consonte a normativa.

-CA3.9. Comprobouse a efectividade dos elementos de protección sonora.

-CA3.10. Emitiuse un informe coas condicións de emprego dos protectores e o comportamento das persoas no contorno ruidoso.

-CA3.11. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

-CA3.12. Demostrouse interese por atender as necesidades da persoa usuaria.

1.3.2.2 Contidos básicos.

BC1. Deseño de salas de campo sonoro.

*Instrumentos de medida acústica.

*Instrumentos de medida da vibración.

*Análise acústica e de vibracións.

*Cabinas anecoicas, semianecoicas e reverberantes.

*Campo sonoro libre, case libre e difuso.

*Características acústicas das salas audiométricas de campo sonoro.

*Normativa sobre as características técnicas das instalacións de campo sonoro.

*Niveis sonoros en recintos.

*Coeficientes de absorción sonora.

*Absorción sonora debida a materiais, obxectos e persoas.

*Corrección acústica dunha sala. Illamento acústico: técnicas e materiais. Lei da masa.

*Acondicionamento acústico.

*Salas audiométricas: características físicas e acústicas.

BC2. Medición de niveis sonoros e exposición ao ruído.

*Audición verbal e musical en recintos pechados.

*Son en espazos abertos e pechados.

*Efectos do ruído na fisioloxía humana e no rendemento das persoas.

*Efectos do ruído e da reverberación sobre a comunicación por medio da fala.

*Molestias inducidas polo ruído nas persoas e nos colectivos de individuos.

*Perda da audición por exposición ao ruído.

*Técnicas de medida do ruído.

*Medida da exposición sonora e doses de ruído.

*Realización de mapas de ruído.

*Normativa en materia de medición de niveis sonoros.

BC3. Protección auditiva en contornos ruidosos.

*Elementos de protección sonora. Equipamentos de protección individual. Illamento de maquinaria.

*Criterios de exposición ao ruído.

*Programas de conservación da audición.

*Lexislación sobre protección auditiva.

*Selección e uso de protectores auditivos.

*Mantemento de protectores auditivos.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo e de prevención, seguridade e protección.

A prestación do servizo e a prevención, a seguridade e a protección abranguen aspectos como:

-Calibración de salas de campo acústico.

-Medición de niveis sonoros e niveis de exposición ao ruído.

-Elaboración de mapas de ruído.

-Análise das necesidades de protección auditiva en contornos ruidosos.

-Recomendación de medidas de protección contra o ruído.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Gabinetes de adaptación audioprotésica.

-Clínicas audiolóxicas.

-Empresas de medición e protección sonora.

-Equipamentos de medicina laboral.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais do ciclo formativo i), l) e n) e as competencias profesionais, persoais e sociais k) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de equipamentos e instalacións.

-Interpretación de documentación técnica e instrucións de uso de instrumentos e de equipamentos.

-Realización de supostos prácticos de calibración de salas de campo sonoro.

-Análise das características acústicas de recintos a partir dos resultados obtidos.

-Confección de mapas de ruído seguindo protocolos.

-Deseño de programas de medidas de protección auditiva.

-Selección de protectores auditivos en contornos ruidosos partindo de supostos prácticos.

Para cursar con aproveitamento a unidade formativa 2 cómpre ter adquiridos coñecementos de son, percepción auditiva e procesos psicoacústicos.

As TIC e o idioma comunitario máis acaído aos contidos do módulo integraranse no proceso de ensino e aprendizaxe por parte tanto do alumnado como do profesorado, cando sexa pertinente.

1.4. Módulo profesional: elaboración de moldes e protectores auditivos.

*Equivalencia en créditos ECTS: 14.

*Código: MP0202.

*Duración: 262 horas.

1.4.1. Unidade formativa 1: confección e axuste de moldes e protectores auditivos.

*Código: MP0202_12.

*Duración: 209 horas.

1.4.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Obtén a impresión do oído externo e relaciona as técnicas de impresión cos tipos de moldes ou protectores auditivos.

-CA1.1. Identificáronse os tipos de moldes e protectores auditivos á medida e as súas aplicacións.

-CA1.2. Describíronse os protocolos para a toma de impresión.

-CA1.3. Transmitíuselles información ás persoas usuarias con claridade, orde e precisión.

-CA1.4. Identificáronse as características anatómicas do oído externo e determináronse os parámetros de medición.

-CA1.5. Comprobouse o estado de saúde do oído externo e detectáronse as patoloxías que condicionan ou contraindican a toma de impresión.

-CA1.6. Seleccionáronse os materiais e os instrumentos para a toma de impresión.

-CA1.7. Obtívose a impresión do oído externo empregando sistemas de toma de impresión.

-CA1.8. Aplicáronse os protocolos de seguridade e hixiene.

-CA1.9. Comprobouse que a impresión obtida cumpra os criterios de fiabilidade e calidade.

-CA1.10. Rexistrouse a impresión no soporte correspondente.

-CA1.11. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

*RA2. Prepara a impresión, tendo en conta a relación entre as técnicas e os moldes ou os protectores auditivos.

-CA2.1. Describíronse os procesos de preparación manual ou dixitalizada.

-CA2.2. Obtívose a preparación da impresión utilizando materiais, instrumental e equipamentos.

-CA2.3. Manexáronse aplicacións informáticas para dixitalizar a impresión.

-CA2.4. Considerouse a forma do molde ou do protector auditivo.

-CA2.5. Creouse un ficheiro informático coa dixitalización da impresión.

-CA2.6. Aplicáronse protocolos de seguridade e hixiene.

-CA2.7. Comprobouse que a preparación da impresión obtida satisfaga os criterios de fiabilidade e calidade.

-CA2.8. Aplicouse a normativa de residuos e protección ambiental.

-CA2.9. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

*RA3. Confecciona o contramolde, tendo en conta a relación entre as técnicas de elaboración e os moldes ou protectores auditivos.

-CA3.1. Describíronse as características dos materiais empregados na confección do contramolde.

-CA3.2. Utilizáronse os aparellos, os materiais e os útiles habituais no proceso.

-CA3.3. Describíronse os procesos de confección do contramolde.

-CA3.4. Aplicáronse as técnicas de confección do contramolde.

-CA3.5. Aplicáronse os protocolos de seguridade e hixiene.

-CA3.6. Comprobouse que o contramolde obtido satisfaga os criterios de fiabilidade e calidade.

-CA3.7. Aplicouse a normativa de residuos e protección ambiental.

-CA3.8. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

*RA4. Selecciona protectores auditivos tendo en conta a relación entre as características illantes do protector, as necesidades das persoas usuarias ou os requisitos da lei.

-CA4.1. Describíronse as características dos materiais empregados nos protectores auditivos á medida.

-CA4.2. Analizáronse as características do contorno e as necesidades das persoas usuarias para o asesoramento sobre o protector acaído.

-CA4.3. Describíronse as diferenzas acústicas entre os protectores auditivos á medida sen filtro e con filtro acústico.

-CA4.4. Determinouse a atenuación necesaria segundo cada caso.

-CA4.5. Seleccionáronse os filtros acústicos apropiados para obter o maior rendemento auditivo.

-CA4.6. Seleccionouse o protector auditivo máis adecuado en función das necesidades da persoa usuaria e consonte a normativa.

*RA5. Elabora o molde ou protector auditivo aplicando técnicas de acabamento e de polimerización ou vulcanización.

-CA5.1. Seleccionáronse materiais, aparellos, ferramentas e útiles.

-CA5.2. Describíronse os procesos de elaboración segundo o tipo de molde ou protector auditivo.

-CA5.3. Realizáronse as técnicas de polimerización ou vulcanización segundo o molde ou protector auditivo.

-CA5.4. Efectuáronse os procedementos de mecanizado e acabamento para cada molde ou protector auditivo.

-CA5.5. Comprobouse que o molde ou protector auditivo obtido satisfaga os criterios de fiabilidade e calidade.

-CA5.6. Efectuouse o mantemento dos moldes e protectores auditivos á medida con ou sen filtro.

-CA5.7. Seleccionáronse as condicións de almacenaxe e de conservación dos produtos e dos materiais, en función do seu tipo e das súas características.

-CA5.8. Avaliouse a posibilidade de reaxuste.

-CA5.9. Efectuáronse os procedementos de reaxuste para cada molde ou protector auditivo.

-CA5.10. Aplicáronse os protocolos de seguridade e hixiene.

-CA5.11. Aplicouse a normativa de residuos e protección ambiental.

-CA5.12. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

*RA6. Monta dispositivos acústicos e describe as técnicas de ensamblaxe ao protector auditivo.

-CA6.1. Seleccionáronse os materiais e as técnicas adecuadas.

-CA6.2. Montáronse os filtros acústicos.

-CA6.3. Utilizáronse os medios técnicos adecuados para realizar a montaxe.

-CA6.4. Seguíronse os protocolos de montaxe dos dispositivos nos protectores auditivos.

-CA6.5. Realizáronse as medicións dos parámetros dos equipamentos.

-CA6.6. Realizouse o control de calidade final dos protectores auditivos con filtro acústico.

-CA6.7. Aplicáronse os protocolos de seguridade e hixiene laboral.

-CA6.8. Aplicouse a normativa de residuos e protección ambiental.

-CA6.9. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

1.4.1.2. Contidos básicos.

BC1. Obtención da impresión do oído externo.

*Tipos de moldes, de cápsulas e de protectores auditivos á medida.

*Tipos de materiais e instrumentos empregados na toma de impresión.

*Procedementos para a confección da impresión.

*Sistemas de toma de impresión.

*Controis de calidade do proceso e da impresión obtida.

*Protocolos de seguridade e hixiene.

*Normativa de residuos e protección ambiental.

BC2. Preparación de impresións.

*Tipos de materiais e instrumentos empregados na preparación manual da impresión.

*Procesos de preparación da impresión.

*Técnicas de preparación da impresión.

*Equipamentos e aplicacións informáticas para dixitalizar a impresión.

*Controis de calidade do proceso e da impresión manipulada.

*Protocolos de seguridade e hixiene.

*Normativa de residuos e protección ambiental.

BC3. Confección do contramolde.

*Tipos de materiais empregados na confección do contramolde.

*Equipamento empregado na confección do contramolde.

*Procesos de confección do contramolde.

*Técnicas de confección do contramolde.

*Controis de calidade do proceso e do contramolde obtido.

*Protocolos de seguridade e hixiene.

*Normativa de residuos e protección ambiental.

BC4. Selección de protectores auditivos á medida.

*Clasificación de protectores auditivos.

*Características illantes dos materiais empregados na confección de protectores auditivos.

*Clasificación dos contornos que poidan precisar de protectores auditivos.

*Tipos de filtros acústicos.

*Aplicación das táboas de atenuación dos protectores.

BC5. Elaboración de moldes e protectores auditivos.

*Tipos de materiais empregados na elaboración de moldes e protectores auditivos.

*Equipamento necesario empregado na elaboración de moldes e protectores auditivos.

*Procesos de elaboración de moldes e protectores auditivos.

*Técnicas de elaboración segundo o molde e o protector auditivo.

*Mecanizado de moldes e protectores auditivos.

*Técnicas de acabamento nos moldes e nos protectores auditivos.

*Posibles modificacións nos moldes e nos protectores auditivos.

*Control de calidade.

*Análise dos procesos produtivos.

*Almacenaxe e conservación dos produtos e dos materiais.

*Normativa sobre seguridade e saúde laboral.

*Normativa de residuos e protección ambiental.

BC6. Montaxe de dispositivos acústicos nos protectores auditivos.

*Selección de filtros acústicos.

*Procesos de ensamblaxe de filtros acústicos.

*Técnicas de montaxe de filtros acústicos.

*Medios técnicos empregados na montaxe do filtro acústico.

*Verificación da atenuación proporcionada polo protector auditivo con filtro acústico.

*Equipamento empregado na comprobación da atenuación do protector auditivo.

*Protocolos de seguridade e hixiene.

*Normativa de residuos e protección ambiental.

1.4.2. Unidade formativa 2: elaboración de próteses auditivas á medida.

*Código: MP0202_22.

*Duración: 53 horas.

1.4.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Elabora a cápsula aplicando técnicas de polimerización e de acabamento.

-CA1.1. Identificáronse os tipos de próteses auditivas á medida e as súas aplicacións.

-CA1.2. Obtívose a impresión do oído externo e relacionáronse as técnicas de impresión cos tipos de próteses auditivas á medida.

-CA1.3. Tívose en conta a relación entre as técnicas e as próteses auditivas á medida ao preparar a impresión.

-CA1.4. Tívose en conta a relación entre as técnicas de elaboración e as próteses auditivas á medida ao confeccionar o contramolde.

-CA1.5. Seleccionáronse materiais, aparellos, ferramentas e útiles para usar na elaboración.

-CA1.6. Describíronse os procesos de elaboración da cápsula.

-CA1.7. Realizouse a técnica de polimerización segundo a cápsula

-CA1.8. Efectuáronse os procedementos de mecanizado e acabamento para cada cápsula.

-CA1.9. Comprobouse que a cápsula obtida satisfaga os criterios de fiabilidade e calidade.

-CA1.10. Avaliouse a posibilidade de reaxuste.

-CA1.11. Efectuáronse os procedementos de reaxuste para cada cápsula.

-CA1.12. Aplicáronse os protocolos de seguridade e hixiene.

-CA1.13. Aplicouse a normativa de residuos e protección ambiental.

-CA1.14. Aplicáronse métodos de organización e programación da produción.

-CA1.15. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

*RA2. Monta dispositivos electroacústicos e describe as técnicas de ensamblaxe á cápsula.

-CA2.1. Seleccionáronse os circuítos electroacústicos para obter o maior rendemento auditivo.

-CA2.2. Montáronse os circuítos e os filtros.

-CA2.3. Utilizouse o equipamento de medición e os medios técnicos para realizar a montaxe.

-CA2.4. Seguíronse os protocolos de montaxe dos dispositivos nas cápsulas.

-CA2.5. Realizáronse as medicións dos parámetros dos equipamentos.

-CA2.6. Realizouse o control de calidade final das próteses auditivas.

-CA2.7. Aplicáronse os protocolos de seguridade e hixiene laboral.

-CA2.8. Aplicouse a normativa de residuos e protección ambiental.

-CA2.9. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias.

1.4.2.2 Contidos básicos.

BC1. Elaboración de cápsulas.

*Tipos de próteses auditivas á medida.

*Técnicas de toma de impresión.

*Proceso de preparación da impresión.

*Proceso de confección de contramoldes.

*Tipos de materiais empregados na confección da cápsula.

*Procesos de elaboración da cápsula.

*Técnicas empregadas na elaboración da cápsula.

*Equipamento necesario empregado na elaboración da cápsula.

*Mecanizado de cápsulas.

*Técnicas de acabamento.

*Controis de calidade do proceso e da cápsula obtida.

*Protocolos de seguridade e hixiene.

*Normativa de residuos e protección ambiental.

BC2. Montaxe de circuítos electroacústicos na cápsula.

*Selección dos circuítos electroacústicos.

*Procedementos de ensamblaxe dos circuítos electroacústicos.

*Técnicas de montaxe dos circuítos electroacústicos.

*Medios técnicos empregados na ensamblaxe dos circuítos.

*Verificación do funcionamento da prótese auditiva.

*Equipamento empregado na comprobación da prótese auditiva.

*Protocolos de seguridade e hixiene.

*Normativa de residuos e protección ambiental.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de elaboración e modificación de próteses auditivas.

A elaboración e a modificación de próteses auditivas abrangue aspectos como:

-Obtención e preparación da impresión.

-Confección do contramolde.

-Elaboración do molde, do protector auditivo e da cápsula.

-Montaxe do circuíto electroacústico no audiófono intraauricular.

-Montaxe do dispositivo acústico no protector auditivo.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Gabinetes audioprotésicos.

-Talleres de elaboración e montaxe de próteses auditivas.

-Fábricas de elaboración de próteses auditivas.

-Departamentos comerciais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais d), f) e i) do ciclo formativo e as competencias xerais profesionais e), f) e h).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de equipamentos e instalacións.

-Obtención de impresións do oído externo, seguindo o proceso indicado.

-Elaboración de moldes, cápsulas e protectores auditivos.

-Montaxe de dispositivos electroacústicos nas próteses auditivas.

-Montaxe de dispositivos acústicos nos protectores auditivos.

As TIC e o idioma comunitario máis acaído aos contidos do módulo integraranse no proceso de ensino e aprendizaxe por parte tanto do alumnado como do profesorado, cando sexa pertinente.

Para cursar con aproveitamento a unidade formativa 2 cómpre ter adquirido coñecementos sobre confección e axuste de moldes e protectores auditivos.

1.5. Módulo profesional: elección e adaptación de próteses auditivas.

*Equivalencia en créditos ECTS: 15.

*Código: MP0203.

*Duración: 262 horas.

1.5.1. Unidade formativa 1: próteses auditivas non implantables.

*Código: MP0203_13.

*Duración: 172 horas.

1.5.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Selecciona a prótese auditiva non implantable a partir da prescrición médica, tendo en conta a relación entre as súas especificacións técnicas e as características persoais e anatomosensoriais da persoa usuaria.

-CA1.1. Describíronse as características técnicas e electroacústicas das próteses auditivas non implantables.

-CA1.2. Describíronse as características persoais, sociais e anatomosensoriais da persoa hipoacúsica.

-CA1.3. Definíronse os obxectivos da adaptación audioprotésica.

-CA1.4. Emitiuse un prognóstico audioprotésico.

-CA1.5. Seleccionouse a vía de estimulación.

-CA1.6. Determináronse os parámetros de estimulación a través do método de prescrición da ganancia.

-CA1.7. Determináronse as características da adaptación protésica.

-CA1.8. Comprobáronse as características electroacústicas das próteses seleccionadas.

-CA1.9. Determináronse os métodos complementarios de rehabilitación do sistema auditivo.

-CA1.10. Demostrouse interese por atender as necesidades da persoa usuaria.

*RA2. Axusta a prótese auditiva non implantable aplicando técnicas de adaptación.

-CA2.1. Manexáronse equipamentos e aplicacións informáticas para a programación das próteses auditivas.

-CA2.2. Demostrouse interese pola incorporación de novas tecnoloxías e novos procedementos na adaptación audioprotésica.

-CA2.3. Axustáronse os valores dos parámetros das próteses auditivas.

-CA2.4. Realizáronse medicións electroacústicas de verificación do preaxuste das próteses auditivas de vía aérea.

-CA2.5. Tivéronse en conta as características individuais da persoa usuaria no axuste dos parámetros da audioprótese.

*RA3. Comproba o resultado da adaptación da prótese non implantable aplicando técnicas audiolóxicas subxectivas e obxectivas.

-CA3.1. Comprobouse o axuste físico da prótese no paciente.

-CA3.2. Describíronse as probas obxectivas e subxectivas.

-CA3.3. Seleccionáronse as probas de verificación en función do tipo de prótese.

-CA3.4. Considerouse a idade da persoa usuaria e a súa capacidade de resposta durante a avaliación.

-CA3.5. Realizáronse as probas de verificación electroacústica no oído do paciente.

-CA3.6. Realizáronse as probas subxectivas de verificación.

-CA3.7. Determináronse as correccións para mellorar os resultados.

-CA3.8. Realizáronse os reaxustes e verificouse o resultado final.

-CA3.9. Responsabilizouse do traballo desenvolvido e do cumprimento dos obxectivos.

-CA3.10. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias relacionadas coa súa actividade

*RA4. Avalía a satisfacción da persoa usuaria aplicando protocolos de calidade.

-CA4.1. Describíronse as características xerais das escalas de valoración da calidade de vida.

-CA4.2. Clasificáronse as escalas consonte a idade de aplicación e os seus obxectivos.

-CA4.3. Describiuse o protocolo de aplicación de cada escala.

-CA4.4. Seleccionouse a escala segundo as características individuais da persoa usuaria.

-CA4.5. Analizáronse os resultados cuantitativamente e cualitativamente.

-CA4.6. Determinouse a necesidade de revisión da adaptación protésica ou de axudas técnicas auditivas.

-CA4.7. Demostrouse responsabilidade ante os éxitos e os fracasos.

1.5.1.2 Contidos básicos.

BC1. Elección da prótese auditiva non implantable.

*Próteses auditivas non implantables: características técnicas e electroacústicas.

*Vías e modalidades de adaptación.

*Efectos acústicos dos moldes e das cápsulas.

*Medición das características electroacústicas das próteses auditivas.

*Normativa de medición.

*Métodos de prescrición da ganancia.

*Métodos complementarios de rehabilitación do sistema auditivo.

BC2. Adaptación da prótese auditiva non implantable.

*Equipamentos e aplicacións informáticas.

*Parámetros de adaptación.

*Preaxuste en acoplador acústico.

*Adaptación protésica en cativos e cativas, na poboación adulta e en persoas anciás.

BC3. Verificación do resultado da adaptación de próteses non implantables.

*Comprobación do axuste físico das próteses no paciente.

*Clasificación das probas de verificación.

*Probas de verificación subxectiva en nenos e nenas e en persoas adultas.

*Probas de verificación electroacústica en oído real. Outras probas de verificación obxectiva.

*Proceso de adaptación fina e resolución de problemas.

BC4. Avaliación da satisfacción da persoa usuaria.

*Escalas de aplicación xeral.

*Escalas para a avaliación de nenos e nenas.

*Escalas para a avaliación da poboación adulta.

*Escalas específicas para a avaliación de persoas anciás.

1.5.2. Unidade formativa 2: próteses auditivas implantables.

*Código: MP0203_23.

*Duración: 60 horas.

1.5.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Adapta a prótese auditiva implantada aplicando técnicas específicas.

-CA1.1. Describíronse as próteses auditivas implantables.

-CA1.2. Identificouse a prótese implantada.

-CA1.3. Manexáronse equipamentos e aplicacións informáticas para a adaptación das próteses.

-CA1.4. Avaliouse a integridade da implantación coclear.

-CA1.5. Seleccionouse o modo de estimulación, a estratexia de codificación e os parámetros de adaptación da implantación coclear.

-CA1.6. Determinouse o rango dinámico eléctrico correspondente a cada eléctrodo da implantación coclear.

-CA1.7. Adaptouse a implantación de oído medio.

-CA1.8. Axustouse o audiófono osteointegrado.

-CA1.9. Describiuse a implantación de tronco cerebral.

*RA2. Comproba o resultado da adaptación da prótese implantada aplicando técnicas audiolóxicas subxectivas e obxectivas.

-CA2.1. Comprobouse o axuste físico das partes externas da prótese no paciente.

-CA2.2. Describíronse as probas obxectivas e subxectivas.

-CA2.3. Seleccionáronse as probas de verificación en función do tipo de prótese.

-CA2.4. Considerouse a idade da persoa usuaria e a súa capacidade de resposta durante a avaliación.

-CA2.5. Realizáronse as probas obxectivas de verificación.

-CA2.6. Realizáronse as probas subxectivas de verificación.

-CA2.7. Determináronse as correccións para mellorar os resultados.

-CA2.8. Realizáronse os reaxustes e verificouse o resultado final.

-CA2.9. Responsabilizouse do traballo desenvolvido e do cumprimento dos obxectivos.

-CA2.10. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias relacionadas coa súa actividade.

*RA3. Avalía a satisfacción da persoa usuaria aplicando protocolos de calidade.

-CA3.1. Describíronse as características xerais das escalas de valoración da calidade de vida.

-CA3.2. Clasificáronse as escalas consonte a idade de aplicación e os seus obxectivos.

-CA3.3. Describiuse o protocolo de aplicación de cada escala.

-CA3.4. Seleccionouse a escala segundo as características individuais da persoa usuaria.

-CA3.5. Analizáronse os resultados cuantitativamente e cualitativamente.

-CA3.6. Determinouse a necesidade de revisión da adaptación protésica ou de axudas técnicas auditivas.

-CA3.7. Demostrouse responsabilidade ante os éxitos e os fracasos.

1.5.2.2 Contidos básicos.

BC1. Adaptación de próteses auditivas implantadas.

*Próteses auditivas implantables.

*Adaptación de implantacións cocleares.

*Axuste de audiófonos osteointegrados.

*Programación de implantacións de oído medio.

BC2. Verificación do resultado da adaptación das próteses implantadas.

*Comprobación do axuste físico das partes externas da prótese no paciente.

*Clasificación das probas de verificación.

*Probas de verificación subxectiva en nenos e nenas e en persoas adultas.

*Probas obxectivas de verificación.

*Proceso de adaptación fina e resolución de problemas.

BC3. Avaliación da satisfacción da persoa usuaria.

*Escalas de aplicación xeral.

*Escalas para a avaliación de nenos e nenas.

*Escalas para a avaliación da poboación adulta.

*Escalas específicas para a avaliación de persoas anciás.

1.5.3. Unidade formativa 3: axudas técnicas auditivas.

*Código: MP0203_33.

*Duración: 30 horas.

1.5.3.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Selecciona a axuda técnica complementaria en relación coas características da persoa usuaria e do seu contorno.

-CA1.1. Describíronse as axudas técnicas complementarias.

-CA1.2. Identificáronse factores individuais e do contorno.

-CA1.3. Identificouse a finalidade das axudas técnicas complementarias.

-CA1.4. Determinouse a axuda técnica complementaria.

-CA1.5. Verificouse a compatibilidade da axuda técnica complementaria coa prótese auditiva da persoa usuaria.

-CA1.6. Adaptáronse os parámetros de funcionamento da axuda técnica complementaria.

-CA1.7. Verificouse o resultado da adaptación da axuda técnica complementaria.

1.5.3.2 Contidos básicos.

BC1. Selección de axudas técnicas complementarias.

*Axudas técnicas relacionadas.

*Axudas técnicas non relacionadas coa prótese auditiva.

*Selección, adaptación e verificación.

1.5.4. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de selección e adaptación de próteses e axudas técnicas auditivas, de verificación e de validación do seu rendemento.

Estas funcións abranguen aspectos como:

-Selección e adaptación audioprotésica.

-Verificación da adaptación audioprotésica.

-Validación do rendemento audioprotésico.

-Selección de axudas técnicas.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Gabinetes audioprotésicos.

-Clínicas audiolóxicas.

-Servizos de otorrinolaringoloxía de hospitais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais e), j) e m) do ciclo formativo e as competencias b), c), d) e i).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Descrición das indicacións clínicas e das contraindicacións das próteses auditivas, apoiándose en supostos prácticos.

-Coñecemento das características e interpretación de información técnica de próteses auditivas.

-Identificación de factores salientables na adaptación protésica.

-Uso de métodos de prescrición da ganancia, resposta en frecuencia e saída máxima, utilizando simulacións informáticas.

-Valoración do prognóstico audioprotésico en casos simulados.

-Realización de técnicas de adaptación segundo protocolos.

-Adaptación dos parámetros das audiopróteses implantables e non implantables, con realización de simulacións informáticas.

-Estudo do efecto da modificación dos parámetros mediante o uso de modelos simuladores.

As TIC e o idioma comunitario máis acaído aos contidos do módulo integraranse no proceso de ensino e aprendizaxe por parte tanto do alumnado como do profesorado, cando sexa pertinente.

As programacións didácticas que elabore o profesorado que imparta este módulo deberán establecer unha adecuada organización e secuencia dos resultados de aprendizaxe, os criterios de avaliación e os contidos que pola súa transversalidade sexan comúns a varias unidades formativas.

1.6. Módulo profesional: atención á persoa hipoacúsica.

*Equivalencia en créditos ECTS: 6.

*Código: MP0204.

*Duración: 107 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Detecta actitudes e estados emocionais na persoa con perda auditiva aplicando principios básicos de psicoloxía xeral.

-CA1.1. Describíronse as actitudes e os estados emocionais ligados á perda auditiva.

-CA1.2. Clasificáronse e describíronse as características psicosociais, afectivas e de conduta máis habituais no cativo ou na cativa con hipoacusia e na súa familia.

-CA1.3. Describiuse o perfil das persoas en idade adolescente con deficiencia auditiva e a súa relación co contorno.

-CA1.4. Describíronse as características das persoas adultas con perda auditiva e a súa relación co contorno.

-CA1.5. Describiuse o perfil psicosocial e psicoafectivo das persoas de idade avanzada con perda auditiva.

-CA1.6. Seleccionáronse as actuacións de apoio psicolóxico e de atención á persoa con perda auditiva e á súa familia.

*RA2. Informa a comunidade educativa dos nenos e das nenas con perda auditiva e describe modelos e pautas de actuación.

-CA2.1. Identificáronse os problemas de aprendizaxe en cativos e cativas con perda auditiva.

-CA2.2. Definíronse as opcións comunicativas na educación para este sector da poboación e describíronse os modelos para a súa integración educativa.

-CA2.3. Describíronse as situacións sociolingüísticas dos nenos e das nenas con xordeira con pai e nai xordos e as dos nenos e as nenas con xordeira de pai e nai oíntes.

-CA2.4. Identificáronse plans de actuación para o aproveitamento dos restos auditivos e o desenvolvemento da lingua oral en cativos e cativas con xordeira.

-CA2.5. Describíronse as pautas de relación con profesionais con implicación na atención educativa.

-CA2.6. Demostrouse interese na colaboración co sistema educativo.

*RA3. Establece comunicación con pacientes con xordeira aplicando sistemas de comunicación complementarios ou alternativos á comunicación oral.

-CA3.1. Clasificáronse os sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

-CA3.2. Identificáronse os fundamentos e a metodoloxía de cada sistema.

-CA3.3. Describíronse aplicacións informáticas para a comunicación.

-CA3.4. Identificáronse os sistemas de comunicación usados pola persoa usuaria.

-CA3.5. Utilizáronse os elementos básicos de cada sistema.

-CA3.6. Demostrouse interese por brindarlle información accesible á persoa usuaria.

*RA4. Intervén nos equipos interdisciplinares de prevención, asistencia e rehabilitación de perda auditiva e recoñece as súas funcións.

-CA4.1. Identificáronse os niveis de prevención, asistencia e rehabilitación auditiva no sistema sanitario de Galicia, no ámbito público e privado

-CA4.2. Utilizouse a terminoloxía axeitada.

-CA4.3. Describiuse a clasificación da discapacidade auditiva.

-CA4.4. Definíronse as áreas de intervención no programa de prevención, asistencia e rehabilitación do cativo ou da cativa e da persoa en idade adulta.

-CA4.5. Detalláronse os compoñentes dos equipos interprofesionais.

-CA4.6. Identificáronse as funcións de cada profesional nos programas de prevención, asistencia e rehabilitación.

-CA4.7. Describíronse as pautas de participación e colaboración cos equipos interprofesionais.

-CA4.8. Demostrouse cordialidade, amabilidade e actitude positiva, conciliadora e sensible.

*RA5. Informa a persoa usuaria e descríbelle o plan de adaptación protésica.

-CA5.1. Planificouse o proceso de atención á persoa usuaria.

-CA5.2. Identificáronse aspectos emocionais ante a adaptación dunha prótese auditiva.

-CA5.3. Describíronse técnicas comunicativas no proceso de información.

-CA5.4. Aplicouse a técnica comunicativa en función das actitudes e dos estados emocionais detectados.

-CA5.5. Describiuse a secuencia do proceso de adaptación.

-CA5.6. Definíronse as instrucións de uso e de mantemento da prótese ou da axuda técnica auditiva.

-CA5.7. Elaborouse o plan de seguimento da persoa usuaria.

-CA5.8. Demostrouse interese e preocupación por atender as necesidades das persoas usuarias e de quen as acompañe.

-CA5.9. Demostrouse cortesía, respecto e discreción.

-CA5.10. Identificáronse os factores que determinan a calidade na prestación do servizo e avaliouse esta.

*RA6. Elabora diferentes tipos de documentación utilizada en audioloxía protésica, manexando aplicacións informáticas de xestión.

-CA6.1. Explicouse a estrutura e o contido da documentación clínica.

-CA6.2. Describíronse os sistemas de arquivo para documentos e resultados das probas.

-CA6.3. Describíronse as aplicacións informáticas na xestión.

-CA6.4. Manexáronse bases de datos de pacientes incorporando as citacións, probas, adaptacións protésicas e revisións.

-CA6.5. Describiuse a lei orgánica de protección de datos.

-CA6.6. Aplicáronse sistemas de codificación sanitaria aos datos contidos na documentación.

*RA7. Elabora informes audioprotésicos, para o que selecciona os datos técnicos e clínicos salientables.

-CA7.1. Definíronse as características dos informes audiolóxico-protésicos.

-CA7.2. Identificáronse os datos pertinentes.

-CA7.3. Utilizouse a terminoloxía técnico-sanitaria axeitada.

-CA7.4. Redactouse o informe en función da avaliación da perda e dunha proposta audioprotésica.

-CA7.5. Seleccionouse o formato de presentación dos datos.

-CA7.6. Definíronse as canles de transmisión da información.

-CA7.7. Informouse con claridade e dun xeito ordenado, estruturado e preciso.

-CA7.8. Seguiuse o protocolo que garanta o segredo profesional.

1.6.2. Contidos básicos.

BC1. Detección de actitudes e estados emocionais na perda auditiva.

*Consecuencias da perda auditiva: enfoque da diferenza.

*Cativos e cativas con xordeira.

*A familia dos cativos e das cativas con xordeira.

*Adolescencia e perda auditiva.

*Persoas adultas con perda auditiva.

*Persoas anciás con perda auditiva.

*Programas de intervención familiar: apoio á familia.

*Elementos básicos de terapia cognitiva

BC2. Información á comunidade educativa dos nenos e as nenas con perda auditiva.

*Problemas de aprendizaxe dos cativos e as cativas con xordeira.

*Situacións e necesidades cognitivas, socioafectivas e lingüísticas da poboación infantil con xordeira.

*Atención temperá: métodos de actuación.

*Opcións comunicativas na educación do neno ou nena con xordeira.

*Modelos educativos: modelos de integración educativa.

BC3. Comunicación con pacientes con xordeira.

*Lectura labial.

*Dactiloloxía.

*Comunicación bimodal.

*Palabra complementada.

*Lingua de signos.

BC4. Intervención nos equipos interdisciplinares de prevención, asistencia e rehabilitación da perda auditiva.

*Prevención, rehabilitación, habilitación e discapacidade.

*Saúde pública e saúde comunitaria do ámbito da audioloxía.

*Sistema sanitario de Galicia no ámbito da audioloxía.

*Equipos interprofesionais e axentes sociais.

*Áreas de intervención dos programas da prevención, asistencia e rehabilitación.

*Función do persoal audioprotesista dentro da prevención, da asistencia e da rehabilitación.

*Comunicación interprofesional.

BC5. Información a persoas usuarias.

*Técnicas de comunicación e atención á persoa usuaria.

*Atención á persoa usuaria na prestación do servizo.

*Plan de adaptación protésica e seguimento.

*Instrucións de uso e mantemento de próteses.

*Plan de calidade.

BC6. Elaboración da documentación utilizada en audioloxía protésica.

*Documentación clínica e non clínica.

*Procedementos de tramitación e circulación de documentos.

*Aplicacións informáticas para a xestión da documentación.

*Procedementos de codificación de datos sanitarios.

*Lei orgánica de protección de datos.

BC7. Elaboración dos informes audioprotésicos.

*Protocolos de informes audioprotésicos de persoas de idade adulta e de idade infantil.

*Fórmulas de valoración da perda auditiva.

*Redacción de informes.

*Valoración da coherencia do informe.

*Segredo profesional.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de información e atención á persoa usuaria e ao seu contorno no proceso de adaptación protésica, ademais de participar nos equipos interprofesionais implicados na prevención, na asistencia e na rehabilitación da perda auditiva.

Estas funcións abranguen aspectos como:

-Recoñecemento das consecuencias da perda auditiva.

-Información da integración educativa e sociolaboral da poboación con perda auditiva.

-Participación nos equipos interprofesionais.

-Información ás persoas usuarias e ás súas familias do proceso de adaptación audioprotésica.

-Tramitación da documentación en audioloxía protésica.

-Redacción de informes audioprotésicos.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Gabinetes audioprotésicos.

-Clínicas audiolóxicas.

-Servizos de otorrinolaringoloxía de hospital.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais j) e m) do ciclo formativo e as competencias i), m), n) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Descrición das características psicolóxicas e das consecuencias da perda auditiva.

-Descrición das opcións educativas e dos modelos de integración educativa e sociolaboral da poboación con perda auditiva.

-Coñecemento sobre os axentes sociais

-Traballo sobre barreiras comunicativas.

-Descrición dos equipos interdisciplinarios e do papel do persoal audioprotesista.

-Información ás persoas usuarias mediante técnicas de simulación ou psicodrama.

-Elaboración da documentación en audioloxía protésica.

-Elaboración de informes audioprotésicos.

As TIC e o idioma comunitario máis acaído aos contidos do módulo integraranse no proceso de ensino e aprendizaxe por parte tanto do alumnado como do profesorado, cando sexa pertinente.

1.7. Módulo profesional: audición e comunicación verbal.

*Equivalencia en créditos ECTS: 6.

*Código: MP0205.

*Duración: 53 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Recoñece os compoñentes do aparello fonador que participan na produción da voz, así como a súa función.

-CA1.1. Describiuse a anatomía da larinxe.

-CA1.2. Precisáronse os mecanismos da fisioloxía da larinxe.

-CA1.3. Describiuse a anatomía e a fisioloxía do aparello fonoarticulatorio.

-CA1.4. Describíronse as teorías de produción da voz.

-CA1.5. Enumeráronse as características acústicas da voz.

-CA1.6. Relacionouse a anatomía do aparello fonoarticulatorio coa produción de voz.

*RA2. Describe os elementos estruturais das linguas galega e castelá en relación coas características perceptivas da persoa hipoacúsica.

-CA2.1. Clasificáronse os elementos estruturais de cada lingua segundo a súa importancia na comunicación da persoa hipoacúsica.

-CA2.2. Clasificáronse os sons da fala de cada lingua respecto dos puntos articulatorios e precisáronse os principais déficits de expresión oral en persoas con perda auditiva.

-CA2.3. Describíronse as características fonolóxicas, fonéticas e de redundancia de cada lingua.

-CA2.4. Explicáronse os aspectos lingüísticos relacionados coas formas de expresión oral máis frecuentemente utilizados polas persoas con hipoacusia.

-CA2.5. Clasificáronse os niveis da linguaxe.

-CA2.6. Enumeráronse as teorías acerca do desenvolvemento da linguaxe.

-CA2.7. Explicáronse os aspectos relacionados co bilingüismo galego-castelán.

*RA3. Identifica o proceso normalizado de adquisición da linguaxe falada na poboación infantil con hipoacusia en relación co desenvolvemento normalizado da linguaxe falada.

-CA3.1. Definíronse as etapas evolutivas do desenvolvemento da linguaxe en cativos e cativas oíntes.

-CA3.2. Considerouse a influencia dos estímulos no desenvolvemento da linguaxe falada.

-CA3.3. Relacionouse o inicio da hipoacusia co desenvolvemento da fala en nenos e nenas con hipoacusia.

-CA3.4. Identificáronse as implicacións no desenvolvemento da linguaxe falada segundo a idade de diagnóstico e a intervención na hipoacusia.

-CA3.5. Describíronse as modificacións do desenvolvemento da linguaxe segundo o tipo e o grao de hipoacusia.

-CA3.6. Describiuse o desenvolvemento cognitivo en cativos e cativas con xordeira.

*RA4. Identifica os sons da fala nas linguas galega e castelá e determina a importancia de cada un respecto da perda auditiva.

-CA4.1. Explicáronse os principais elementos acústicos que definen a intelixibilidade da lingua falada.

-CA4.2. Clasificáronse os sons da fala en función do seu espectro acústico e determinouse o seu grao de intelixibilidade.

-CA4.3. Interpretouse a curva audiométrica e definíronse correctamente os patróns perceptivos da perda auditiva.

-CA4.4. Identificáronse factores non patolóxicos e patolóxicos non auditivos que inflúen na avaliación auditiva

-CA4.5. Describíronse as características do material verbal utilizado na logoaudiometría.

-CA4.6. Describiuse a estrutura acústica dos sons da fala e especificáronse os límites perceptivos nos graos e nos tipos de hipoacusia.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Recoñecemento dos compoñentes do aparello fonador.

*Anatomía da larinxe.

*Fisioloxía da larinxe.

*Anatomía e fisioloxía do aparello fonoarticular.

*Características acústicas da voz.

BC2. Descrición dos elementos estruturais das linguas galega e castelá.

*Linguaxe e comunicación.

*Características do signo lingüístico.

*Clasificación articulatoria dos sons da fala.

*Bilingüismo galego-castelán.

BC3. Identificación do desenvolvemento da linguaxe en nenos e nenas con hipoacusia.

*Audición e desenvolvemento da linguaxe falada.

*Xordeira prelocutiva e desenvolvemento da linguaxe falada.

*Contorno do cativo ou da cativa con xordeira como factor salientable no seu desenvolvemento.

*Relación entre linguaxe e pensamento.

BC4. Identificación dos sons da fala.

*Percepción continua e categorial.

*Comprensión.

*Transmisión da fala.

*Estrutura acústica das vogais e das consoantes nas linguas galega e castelá.

*Clasificación acústica dos sons da fala nas linguas galega e castelá.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación de soporte necesaria para coñecer as características perceptivas das persoas hipoacúsicas.

O coñecemento das características perceptivas destas persoas abrangue aspectos como:

-Recoñecemento do proceso da produción da voz.

-Identificación de aspectos de fonética e fonoloxía.

-Recoñecemento das fases evolutivas do desenvolvemento da linguaxe normalizada na poboación infantil normooínte e en cativos e cativas con perda auditiva.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Gabinetes audioprotésicos.

-Clínicas audiolóxicas.

-Servizos de otorrinolaringoloxía de hospital.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a) e c) do ciclo formativo e as competencias a), i), n) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de estruturas anatómicas sobre modelos.

-Descrición do desenvolvemento normalizado da linguaxe e o proceso de desenvolvemento da linguaxe na poboación infantil con perda auditiva, con apoio en observacións reais e en gravacións de vídeo.

-Utilización de paquetes informáticos de laboratorio da voz.

As TIC e o idioma comunitario máis acaído aos contidos do módulo integraranse no proceso de ensino e aprendizaxe por parte tanto do alumnado como do profesorado, cando sexa pertinente.

1.8. Módulo profesional: proxecto de audioloxía protésica.

*Equivalencia en créditos ECTS: 5.

*Código: MP0206.

*Duración: 26 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

-CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrezan.

-CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo, a estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

-CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

-CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

-CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

-CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas polo proxecto.

-CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, así como as súas condicións de aplicación.

-CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo propostas.

-CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

*RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, incluíndo o desenvolvemento das súas fases.

-CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

-CA2.2. Realizouse o estudo de viabilidade técnica do proxecto.

-CA2.3. Identificáronse as fases ou partes do proxecto e o seu contido.

-CA2.4. Establecéronse os obxectivos para conseguir e identificouse o seu alcance.

-CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para o realizar.

-CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente do proxecto.

-CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a súa posta en marcha.

-CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o deseño do proxecto.

-CA2.9. Identificouse a normativa de aplicación ao proxecto.

-CA2.10. Identificáronse os aspectos que cumpra controlar para garantir a calidade do proxecto.

*RA3. Planifica a posta en práctica ou execución do proxecto e determina o plan de intervención e a documentación asociada.

-CA3.1. Estableceuse a secuencia das actividades en función das necesidades de posta en práctica.

-CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesaria para cada actividade.

-CA3.3. Identificouse a necesidade de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

-CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

-CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica ao definir o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

-CA3.6. Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos, así como os tempos de execución.

-CA3.7. Determináronse as actuacións en materia de residuos e protección ambiental.

-CA3.8. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en práctica.

-CA3.9. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou execución.

*RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

-CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades e das intervencións.

-CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

-CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan presentar durante a realización das actividades, a súa solución e o seu rexistro.

-CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema de rexistro.

-CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

-CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación das persoas usuarias ou da clientela na avaliación e elaboráronse os documentos específicos.

-CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

*RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado e xustifica o procedemento seguido.

-CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

-CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

-CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

-CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

-CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

-CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

-CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

-CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

-CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

-CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.8.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo complementa a formación doutros módulos profesionais nas funcións de organización do servizo, prevención, seguridade e protección, control de calidade e avaliación.

A función de organización do servizo ten como obxectivo establecer os criterios organizativos do proceso e abrangue as subfuncións de programación de actividades, xestión de recursos materiais e humanos, xestión da información, xestión do plan de mantemento e reparación, a programación do plan de prevención de riscos e seguridade e a coordinación e supervisión da prestación do servizo.

A función de prevención, seguridade e protección ten por obxectivo a aplicación de medidas que garantan a seguridade das persoas traballadoras e usuarias, así como da colectividade; inclúe as subfuncións de prevención de riscos, protección fronte a riscos e actuación ante emerxencias e accidentes laborais.

A función control de calidade e avaliación ten por obxectivo a realización de actividades que permitan monitorizar a calidade do proceso de produción ou subministración dun servizo para mellorar a súa calidade; inclúe as subfuncións de control técnico do proceso, rastrexabilidade e avaliación.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense en gabinetes audioprotésicos, clínicas audiolóxicas, servizos de otorrinolaringoloxía, talleres de montaxe e reparación de audiófonos, fábricas de elaboración de equipamentos audioprotésicos e axudas técnicas, empresas de medición e protección sonora e departamentos comerciais.

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente realizará a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán fundamentalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase diante do equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os obxectivos xerais do ciclo e todas as competencias profesionais, persoais e sociais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

-Execución de traballos en equipo.

-Autoavaliación do traballo realizado.

-Autonomía e iniciativa.

-Uso das TIC.

1.9. Módulo profesional: formación e orientación laboral.

*Equivalencia en créditos ECTS: 5.

*Código: MP0207.

*Duración: 107 horas.

1.9.1. Unidade formativa 1: prevención de riscos laborais.

*Código: MP0207_12.

*Duración: 45 horas.

1.9.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

-CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

-CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

-CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

-CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

-CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

-CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de audioloxía protésica.

-CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

*RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector de audioloxía protésica.

-CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

-CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA2.4. Identificáronse as situacións de risco máis habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade do título.

*RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

-CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

-CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

-CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

-CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

-CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

-CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

-CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

*RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

-CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

-CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

-CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

-CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

-CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.9.1.2 Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

*Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

*Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

*Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

*Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

*Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

*Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

*Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

*Riscos específicos no sector de audioloxía protésica en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

*Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de audioloxía protésica.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

*Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

*Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

*Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

*Planificación da prevención na empresa.

*Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

*Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

*Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

*Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

*Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

*Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

*Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.9.2. Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social e procura de emprego.

*Código: MP0207_22.

*Duración: 62 horas.

1.9.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

-CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en audioloxía protésica e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

-CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

-CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

-CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

-CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

-CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

-CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

*RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

-CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

-CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

-CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

-CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

-CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

-CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

-CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

-CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

-CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

-CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

-CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

*RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

-CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

-CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

-CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

-CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

-CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

*RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

-CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

-CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

-CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

-CA4.4. Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

-CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

-CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en audioloxía protésica.

-CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

-CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.9.2.2 Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

*Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

*Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

*Equipos no sector de audioloxía protésica segundo as funcións que desempeñen.

*Dinámicas de grupo.

*Equipos de traballo eficaces e eficientes.

*Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

*Conflito: características, tipos, causas e etapas.

*Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

*Dereito do traballo.

*Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

*Análise da relación laboral individual.

*Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

*Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en audioloxía protésica.

*Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

*Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

*Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

*Sindicatos de traballadores e asociacións empresariais.

*Representación das persoas traballadoras na empresa.

*Conflitos colectivos.

*Novos contornos de organización do traballo.

BC3. Seguridade Social, emprego e desemprego.

*A Seguridade Social como piar do estado social.

*Estrutura do sistema de Seguridade Social.

*Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de Seguridade Social.

*Protección por desemprego.

*Prestacións contributivas da Seguridade Social.

BC4. Procura activa de emprego.

*Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

*Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico superior en audioloxía protésica.

*Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

*Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en audioloxía protésica.

*Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en audioloxía protésica.

*Proceso de toma de decisións.

*Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

*Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumno ou a alumna se poidan inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de audioloxía protésica.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais o), p), q), r) e s ) do ciclo formativo e as competencias q), r), s), t), u) e v).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector de audioloxía protésica.

-Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

-Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

-Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

-Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do curriculum vitae Europass).

-Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

-Identificación de ofertas de emprego público ás que se pode acceder en función da titulación e resposta á súa convocatoria.

-Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

-Estudo das condicións de traballo do sector de audioloxía protésica a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector de audioloxía protésica.

-Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

-Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.10. Módulo profesional: empresa e iniciativa emprendedora.

*Equivalencia en créditos ECTS: 4.

*Código: MP0208.

*Duración: 53 horas.

1.10.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

-CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

-CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

-CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

-CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector de audioloxía protésica.

-CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

-CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

-CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito da audioloxía protésica, que servirá de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

-CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

*RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

-CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

-CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

-CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

-CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

-CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de audioloxía protésica en función da súa posible localización.

-CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

-CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa audioloxía protésica e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

-CA2.8. Identificáronse, en empresas de audioloxía protésica, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

-CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

-CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

-CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de audioloxía protésica e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

-CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

*RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

-CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

-CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determinárose as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

-CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector de audioloxía protésica

-CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

-CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

-CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

-CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

-CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de audioloxía protésica tendo en conta a súa localización.

-CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

*RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

-CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

-CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

-CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionadas coa audioloxía protésica e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

-CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de audioloxía protésica e describíronse os circuítos que percorre esa documentación na empresa.

-CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.10.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

*Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de audioloxía protésica (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

*A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

*Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

*A actuación das persoas emprendedoras no sector de audioloxía protésica.

*O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

*Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

*Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

*Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito da audioloxía protésica.

BC2. A empresa e o seu contorno.

*A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

*Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de audioloxía protésica: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

*Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de audioloxía protésica: clientes, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

*Localización da empresa.

*A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

*Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

*Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

*Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

*Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

*Formas xurídicas das empresas.

*Responsabilidade legal do empresario.

*A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

*Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

*Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

*Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de audioloxía protésica.

*Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

*Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector de audioloxía protésica.

*Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

*Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

*Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

*Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

*Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de audioloxía protésica: documentos administrativos e documentos de pagamento.

*Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais k), n), o), p), q), r) e s) do ciclo formativo e as competencias j), p), q), r), s), t), u) e v).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de audioloxía protésica, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

-Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de audioloxía protésica

-Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

-A realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de audioloxía protésica, composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro incluirá o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance provisional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.11. Módulo profesional: formación en centros de traballo.

*Equivalencia en créditos ECTS: 22.

*Código: MP0209.

*Duración: 384 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

*RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación coa produción e a comercialización dos produtos obtidos.

-CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

-CA1.2. Interpretáronse, a partir de organigramas, as relacións organizativas e funcionais do departamento de control de calidade cos demais departamentos da empresa.

-CA1.3. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores, clientela, sistemas de produción e de almacenaxe, etc.

-CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo.

-CA1.5. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva.

-CA1.6. Interpretouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa.

-CA1.7. Relacionáronse as características do mercado e o tipo de clientes e de provedores coa súa influencia no desenvolvemento da actividade empresarial.

-CA1.8. Identificáronse as canles de comercialización máis frecuentes nesta actividade.

-CA1.9. Tivéronse en conta as vantaxes e os inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outro tipo de organizacións empresariais.

*RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional consonte as características do posto de traballo e os procedementos establecidos na empresa.

-CA2.1. Recoñeceuse e xustificouse:

-Disposición persoal e temporal que precisa o posto de traballo.

-Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade, etc.).

-Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e medidas de protección persoal.

-Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

-Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coas xerarquías establecidas na empresa.

-Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

-Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico da persoa profesional.

-CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais para aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais.

-CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

-CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

-CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

-CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

-CA2.7. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coas persoas responsables en cada situación e cos membros do seu equipo e mantívose un trato fluído e correcto.

-CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e informouse de calquera cambio, necesidade salientable ou imprevisto.

-CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a adaptación aos cambios de tarefas asignadas no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, integrándose nas novas funcións.

-CA2.10. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

*RA3. Comunícase coa persoa usuaria, co seu contorno e cos membros do equipo de traballo aplicando técnicas de comunicación e obtén a información necesaria para proceder á adaptación protésica.

-CA3.1. Recibiuse a persoa usuaria e mantívose un trato axeitado.

-CA3.2. Tomáronselle os datos persoais, médicos e audioprotésicos útiles para a adaptación protésica.

-CA3.3. Comprobouse que a prescrición da prótese conteña os datos necesarios.

-CA3.4. Mantívose unha comunicación fluída con profesionais do gabinete e do equipo interdisciplinar.

-CA3.5. Consideráronse as actitudes e os estados emocionais da persoa usuaria.

-CA3.6. Aplicáronse técnicas de comunicación coa persoa usuaria con perda auditiva, con audioprótese e sen ela.

-CA3.7. Valorouse a importancia das asociacións de persoas con perda auditiva e as súas familias para a súa socialización.

-CA3.8. Identificáronse as opcións en cada nivel educativo para a persoa con perda auditiva.

-CA3.9. Participouse na realización de itinerarios profesionais para persoas con hipoacusia, consonte a lexislación (LISMI e a súa actualización).

*RA4. Xestiona o gabinete audioprotésico e efectúa operacións administrativas.

-CA4.1. Organizouse o ficheiro de persoas usuarias no soporte axeitado.

-CA4.2. Arquivouse a documentación segundo procedementos establecidos no gabinete.

-CA4.3. Comprobouse a adecuación do nivel de existencias dos materiais para cubrir as necesidades do gabinete.

-CA4.4. Realizáronse os pedidos no momento e no xeito establecidos.

-CA4.5. Almacenouse o material ou distribuíuse ás áreas correspondentes.

-CA4.6. Elaboráronse orzamentos e avaliáronse os custos de produción de produtos audioprotésicos.

-CA4.7. Obtivéronse informes e resumos de actividades a partir da base de datos.

*RA5. Identifica a prótese máis acaída tras interpretar os datos anatomosensoriais da persoa con perda auditiva.

-CA5.1. Realizouse unha exploración do oído externo mediante otoscopio.

-CA5.2. Identificouse a patoloxía que dificulta a realización das probas audiolóxicas.

-CA5.3. Avaliouse a funcionalidade do oído a través das probas audiolóxicas.

-CA5.4. Rexistráronse e interpretáronse os datos clínicos.

-CA5.5. Calculáronse os obxectivos electroacústicos da adaptación mediante un método prescritivo validado.

-CA5.6. Seleccionáronse as características da adaptación.

-CA5.7. Comprobáronse as características electroacústicas da prótese seleccionada.

-CA5.8. Atendeuse a persoa usuaria cun trato respectuoso e ético.

*RA6. Elabora e repara próteses auditivas segundo protocolos establecidos.

-CA6.1. Seleccionáronse os materiais, os equipamentos e os útiles para cada procedemento.

-CA6.2. Tomáronse impresións para a confección do adaptador anatómico ou protector auditivo.

-CA6.3. Preparouse a impresión en función do tipo de molde ou protector auditivo.

-CA6.4. Realizáronse técnicas de polimerización ou vulcanización, segundo o adaptador anatómico ou protector auditivo.

-CA6.5. Efectuáronse os procedementos de mecanizado e acabamento para cada adaptador anatómico ou protector auditivo.

-CA6.6. Comprobouse a eficacia dos adaptadores anatómicos e dos protectores auditivos.

-CA6.7. Realizouse a montaxe dos dispositivos acústicos ou electroacústicos nos adaptadores anatómicos e nos protectores auditivos.

-CA6.8. Determináronse as modificacións e as reparacións que se deben efectuar.

-CA6.9. Aplicáronse as técnicas de reaxuste e reparación de próteses auditivas e axudas técnicas.

-CA6.10. Realizouse o control de calidade final.

*RA7. Adapta próteses auditivas e axudas técnicas, para o que aplica protocolos de actuación segundo as necesidades da persoa usuaria.

-CA7.1. Realizouse o preaxuste en axustador acústico da prótese seleccionada.

-CA7.2. Explicáronse de xeito comprensible as fases do proceso de adaptación, seguimento e uso da prótese.

-CA7.3. Asesorouse sobre os beneficios da aplicación da prótese auditiva.

-CA7.4. Axustáronse os valores dos parámetros das próteses auditivas.

-CA7.5. Adaptáronse as próteses auditivas implantables.

-CA7.6. Seleccionáronse e adaptáronse as axudas técnicas auditivas.

-CA7.7. Verificouse o resultado da adaptación da prótese auditiva e das axudas técnicas mediante probas obxectivas e subxectivas.

-CA7.8. Realizáronse cambios na adaptación segundo os datos obtidos nas probas.

-CA7.9. Validouse o rendemento da adaptación protésica.

-CA7.10. Demostrouse responsabilidade na actuación profesional.

*RA8. Mide niveis sonoros consonte os protocolos e recomenda medidas de protección contra o ruído.

-CA8.1. Identificáronse as características sociolaborais do contorno ruidoso da persoa usuaria.

-CA8.2. Determináronse os trastornos auditivos da persoa usuaria influídos pola contaminación acústica do seu contorno sociolaboral.

-CA8.3. Proporcionouse información á persoa usuaria dos elementos de protección sonora individual.

-CA8.4. Comprobouse a efectividade dos elementos individuais de protección sonora utilizados pola persoa usuaria.

-CA8.5. Efectuouse o mantemento dos elementos individuais de protección sonora utilizados pola persoa usuaria.

-CA8.6. Instruíuse a persoa en hábitos que reducen a exposición á contaminación acústica.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias deste título e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzaron no centro educativo como os de difícil consecución nel.

Ver referencia pdf "08500D001P006.PDF"

*A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

*O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da súa duración total.

*Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos ou alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

*En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento.

-Equipamenos informáticos e audiovisuais. Software.

-Impresora.

-Cabina sonoillada.

-Ultrasóns para limpeza mecánica.

-Material de esterilización.

-Ostoscopios e espéculos.

-Caixa de diapasóns.

-Impedanciómetros.

-Audiómetros de dúas canles.

-Auriculares supraaurais.

-Altofalantes.

-Analizador de audiófonos analóxicos.

-Maqueta de anatomía do oído.

-Mesas de traballo de obradoiro electrónico con iluminación, autotransformador e sistemas de protección.

-Tallos con respaldo.

-Sonómetros clase II e calibradores.

-Osciloscopio.

-Polímetros dixitais.

-Lupas para microsoldadura.

-Lupa iluminada de mesa.

-Ferramentas multiúso tipo trade manual pequeno, con soporte vertical e accesorios.

-Alfombriñas e pulseiras antiestáticas.

-Soldadores de 40 W con temperatura regulable.

-Frigorífico.

-Polimerizadores de luz pequena.

-Electropuidora.

-Balanza de precisión.

-Portafresas.

-Auriculares de inserción

-Reprodutores de audio con saída de liña.

-Material de xogo infantil.

-Instrumentos musicais e xoguetes sonoros para audiometría por reflexo condicionado.

-Reforzos visuais.

-Micrófonos para cabinas

-HI-PRO e cables de conexión.

-Deshumidificador para audiófonos.

-Arquivo de historias clínicas.

-Láminas anatómicas.

-Próteses auditivas.

-Programas de adaptación de próteses.

-Sonómetro integrador de clase I e calibrador.

-Trípode para sonómetro de 1,55 m de altura máxima.

-Auriculares.

-Auriculares de protección de ruído.

-Osciloscopio para PC.

-Adestradores universais de electrónica.

-Polímetros dixitais.

-Lupa para microsoldadura.

-Lupas iluminadas de mesa.

-Soportes de dous brazos para soldar.

-Kits de circuítos amplificadores premontados.

-Osciladores de baixa frecuencia.

-Equipamentos de ferramentas para laboratorio de electrónica.

-Soldadores de 30 W con temperatura regulable, punta extrafina.

-Desoldadores.

-Circuítos e compoñentes para montaxe de audiófonos dixitais.

-Mesas de traballo con iluminación, sistemas de aspiración, compresores e accesorios de aire comprimido e tallos con respaldo.

-Lanternas de exploración.

-Xiringas e pistolas de inxección para a toma de impresións.

-Lentes de protección de luz ultravioleta.

-Lentes de proteccións.

-Microondas.

-Conxeladoras de xel.

-Polimerizadoras de luz grande.

-Polimerizadoras de luz pequena.

-Polimerizadora de man.

-Esmeriladoras frontais.

-Motores volteadores.

-Fundidores de cera para próteses auditivas, cutters e sondas de inmersión.

-Envases de contramolde.

-Micromotores profesionais de 45.000 rpm, brocas e fresas.

-Espátulas, pinzas e sondas.

-Cubeta de ondas.

-Campá de baleiro con motor xerador de baleiro.

-Tubo de Kandt.

Ver referencia pdf "08500D001P006.PDF"