DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 05 de maio de 2010 Páx. 7.732

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de abril de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, e se convocan para o ano 2010.

Advertido un erro no texto da citada orde, publicada no DOG número 76, do 23 de abril de 2010, cómpre realizar a oportuna corrección.

Na páxina 6.577, na columna da esquerda, no parágrafo segundo do artigo único, onde di:

«O incremento da dotación para o exercicio 2010 será de 300.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.713D.781.0, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010».

Debe dicir:

«O incremento da dotación para o exercicio 2010 será de 190.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.713D.781.0, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010».