DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 05 de maio de 2010 Páx. 7.732

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2010 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 3 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases que rexen as axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de apoio a familias monoparentais e se procede á súa convocatoria, modificada pola Orde do 2 de novembro de 2009.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 3 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases que rexen as axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de apoio a familias monoparentais, modificada pola Orde do 2 de novembro de 2009.

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto financiar programas de apoio a familias monoparentais con fillas e fillos menores ao seu cargo, que sexan desenvoltos por entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Consellería de Traballo e Benestar.

Normativa reguladora: Orde do 3 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases que rexen as axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de apoio a familias monoparentais e se procede á súa convocatoria, modificada pola Orde do 2 de novembro de 2009 (Diario oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro de 2009 e Diario Oficial de Galicia nº 218, do 6 de novembro de 2009, respectivamente).

Crédito orzamentario total: 341.857,20 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.30.312A.481.0 (150.000 euros) e 48.02.312A. 481.0 (191.857,20 euros).

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2010.

Susana López Abella

Secretaria xeral de Familia e Benestar

Ver referencia pdf "08400D008P040.PDF"