DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 05 de maio de 2010 Páx. 7.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2010 pola que procede á convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas reguladas no Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e na Orde de 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG n.º 24, do 5 de febreiro), establece no seu artigo 6.1º que para desenvolver a función de control de acceso deberá contarse coa habilitación da dirección xeral con competencia na materia, logo da obtención do certificado acreditativo de ter superado as probas previstas no artigo 5 da norma mencionada, expedido pola Academia Galega de Seguridade Pública.

Igualmente, o artigo 2 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 28 de abril de 2010), establece que corresponde ao director/a xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, mediante resolución, proceder á convocatoria das probas para a obtención da habilitación a que se refire o citado Decreto 8/2010.

Como consecuencia do anterior, e en virtude das competencias que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Convocatoria.

Convócanse as probas para a obtención do certificado acreditativo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, segundo o establecido nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010.

Segundo.-Documentación das solicitudes.

Os/ás interesados/ás deberán presentar as solicitudes na forma e nos lugares especificados no artigo 4 das bases xerais.

Á solicitude, segundo modelo oficial que figura no anexo I das bases xerais, xuntaráselle toda a documentación preceptiva especificada no artigo 4 das citadas bases xerais e no propio modelo oficial normalizado.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión do/ da aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior. Establécese como anexo II á presente resolución o impreso de autoliquidación de taxas (anexo IV da Orde do 21 de abril de 2010). Este impreso facilitaráselles aos/ás interesados/as no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas delegacións provinciais e na Academia Galega de Seguridade Pública, e deberá cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo II desta resolución.

En ningún caso, o pagamento da taxa por dereitos de exame suporá substitución do trámite de presentación da solicitude de participación nas presentes probas, no prazo, lugares e forma establecidas nas bases xerais.

Terceiro.-Admisión de aspirantes.

A admisión dos aspirantes realizarase nos prazos e na forma prevista no artigo 5 das bases xerais.

Cuarto.-Data e lugar de realización das probas.

A data e lugar de realización das probas faranse públicos na resolución da dirección xeral da Agasp que faga pública a relación definitiva de aspirantes admitidos á realización destas.

A actuación dos/as aspirantes terá lugar por orde alfabético e estes haberán de acudir ás probas portando o DNI, pasaporte ou o permiso de residencia e traballo en vigor en España.

As probas realizaranse na sede da Agasp (Avda dá Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra).

Quinto.-Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros titulares e suplentes:

-Tribunal titular:

Presidenta: Mónica Mª Castro Pérez.

Secretaria: Edelmira Aguete Pesqueira.

Vogais:

Guillermina Núñez Rodríguez.

Jesús Lata Buceta.

Daniel Sansó-Rubert Pascual.

-Tribunal suplente:

Presidente: Antonio Rodríguez Álvarez.

Secretaria: María Jesús Andújar Picáns.

Vogais:

José Antonio Fernández López.

José González Cores.

José Julio Fernández Rodríguez

2. A súa actuación e funcionamento rexerase polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexta.-Contido e desenvolvemento das probas.

Para obter a habilitación de persoal de control de acceso será necesario superar a proba de coñecementos e a proba psicolóxica, referidas no artigo 7 das bases xerais.

Sétima.-Cualificación das probas.

As probas cualificaranse como apto ou non apto e será necesario alcanzar a cualificación de apto nas dúas probas para poder obter a habilitación profesional.

Oitavo.-Aspirantes declarados aptos.

1. Concluídas as probas, o tribunal cualificador fará públicas e elevará á Dirección Xeneral da Agasp as relacións dos/das aspirantes declarados/as aptos/as, a teor do disposto no artigo 10 das bases xerais.

2. A Dirección Xeral da Agasp remitirá á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dirección xeral competente en materia de xogo e espectáculos públicos, a lista definitiva dos/das aspirantes declarados/as aptos/as e procederá á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios da Agasp e na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es/.

Noveno.-Expedición da habilitación do persoal de control de acceso.

A expedición da habilitación do persoal de control de acceso necesaria para desenvolver a función de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas realizaraa a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na forma prevista no artigo 11 das bases xerais.

A Estrada, 28 de abril de 2010.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "08400D001P007.PDF"