DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2010 Páx. 6.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2010 pola que se publica a proposta de resolución provisional de solicitudes con dereito a subvención referente ás axudas de proxectos de aforro e eficiencia enerxética, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas por Resolución do 21 de outubro de 2009.

De conformidade co disposto no artigo 14 da Resolución do 21 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) o día 3 de xullo de 2009, o Inega publicará a proposta de resolución provisional de solicitudes puntuadas no prazo máximo de catro meses, desde a data de finalización do período de presentación das solicitudes.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, o beneficiario estará suxeito ás normas de información e publicidade que establece o Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Elaborada pola comisión de valoración a proposta de resolución provisional de solicitudes puntuadas referente ás axudas de proxectos de aforro e eficiencia enerxética, cabe darlle publicidade, de conformidade co disposto no art.º 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar a proposta de resolución provisional de solicitudes con dereito a subvención, referente ás axudas de proxectos de aforro e eficiencia enerxética, que figura como anexo desta resolución.

Segundo.-Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 19%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 40-41; un 66% en virtude do convenio marco de colaboración 2008-2012, subscrito entre o IDAE e o Inega; e un 15% con fondos propios do Inega.

A concesión destas axudas supón a súa aceptación a ser incluído na lista pública prevista no artigo 7.2º d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006.

Así mesmo, como beneficiario dunha axuda cofinanciada, deberá cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1 do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

Terceiro.-De conformidade co artigo 12 puntos 3º e 4º das bases da convocatoria, e sen prexuízo de que se incrementen os fondos dispoñibles nas liñas de axudas correspondentes, as solicitudes puntuadas que non consten na proposta de resolución anexa non terán dereito a subvención e quedarán en reserva.

Cuarto.-Esta publicación ten efectos de notificación do procedemento, de acordo cos artigos 59.6º e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Quinto.-Os interesados poderán formular alegacións, ante o Instituto Enerxético de Galicia, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2010.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia

Ver referencia pdf "07800D010P038.PDF"

Ver referencia pdf "07800D011P045.PDF"