DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2010 Páx. 6.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 22 de abril de 2010 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 6 de novembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2010.

A Orde do 6 de novembro de 2009 establece as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e procede á súa convocatoria para o ano 2010.

No seu artigo 14 precísase a aplicación orzamentaria e o importe previsto para o financiamento das axudas e, no seu punto 2, establece que os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiará esta axuda se poderán incrementar con fondos estatais ou autonómicos destinados para este efecto.

Posto que a dotación inicial resultou insuficiente para cubrir o total do gasto subvencionable solicitado, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito, polo que é necesario, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria para a anualidade 2010 consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas.

Consecuentemente con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 11 de novembro), na seguinte contía e aplicación orzamentaria, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010:

13.02.713E.770.1 polo importe de 284.100 euros.

Artigo 2º

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural