DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2010 Páx. 6.875

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de marzo de 2010 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo.

Advertidos erros na resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 57, do 25 de marzo de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 4.227, no segundo parágrafo na liña 8ª, onde di: «1.674.371,00», debe dicir: «1.746.939,51».

Na páxina 4.229, no programa V:

-Na columna «Contías concedidas», a cantidade correspondente á entidade Algalia, S. Coop. Galega, na liña 7ª, onde di: «10.770,00 €», debe dicir: «9.870,00 €».

-Debe de engadirse á relación de entidades beneficiarias do programa V a entidade, Fungo, S. Coop. Galega, cunha contía de 8.005,00 €.

Na páxina 4.229, no programa VI:

-Na columna «Contías concedidas», a cantidade correspondente á entidade Cooperativa Abellao, S. Coop. Galega, onde di: «8.574,18 €», debe dicir: «5.239,08 €».

-Na columna «Entidades beneficiarias», onde di: «Medra en Verde, S. Coop. Galega», debe dicir: «Escola Infantil Chip-chop, S. Coop. Galega».

-Debe engadirse á relación de entidades beneficiarias do programa VI a entidade: Colexio Belén, S. Coop. Galega, cunha contía de 8.574,18 €.