DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2010 Páx. 6.863

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2010 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de abril de 2010 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consultadas as organizacións sindicais e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 15 de abril de 2010, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia, para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo.-Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do quince de abril de dous mil dez, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "07800D004P019.PDF"