DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2010 Páx. 6.856

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2010 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de abril de 2010 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria, agás a do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria, agás a do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo, xustifícase pola necesidade da adaptación da RPT á nova estrutura organizativa da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Economía e Industria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 15 de abril de 2010, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria, agás a do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

Segundo.-Ordenar a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro.-Clasificar de libre designación os postos que a continuación se relacionan en aplicación dos criterios de excepcionalidade que na marxe se indican, de conformidade co previsto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o disposto mediante Acordo do 28 de xaneiro de 2008 asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e polas organizacións sindicais.

Ver referencia pdf "07800D003P012.PDF"

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do quince de abril de dous mil dez, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Industria, agás a do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "07800D003P012.PDF"

Ver referencia pdf "07800D004P019.PDF"