DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2010 Páx. 6.856

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 abril de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 72, do luns, 19 de abril de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 6.070, artigo 4º (financiamento), onde di: «Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de dous centos dez mil euros (210.000 €) correspondentes á aplicación orzamentaria 04.50.312C.480.0. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación», debe dicir: «Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de dous centos dez mil euros (210.000 €) correspondentes á aplicación orzamentaria 04.50.312C.480.0. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se

poidan producir na devandita aplicación».

Na páxina 6.080, anexo II, onde di: «10.-Documentación que se achega coa solicitude (orixinal ou copia compulsada)», debe dicir: «9.-Documentación que se achega coa solicitude (orixinal ou copia compulsada)».