DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2010 Páx. 6.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, multicriterio da contratación do servizo para a elaboración do proxecto de lei de creación do ente público ferroviario de Galicia.

1. Entidade licitadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Mobilidade.

c) Domicilio: praza de Europa 5-A, 2ª planta. Área Central-Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela-A Coruña (España).

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Fax: 981 54 43 51.

f) Enderezo da internet do perfil del contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración do texto legal necesario para a creación do Ente Ferroviario Galego.

b) Orzamento base de licitación: 155.172,41 euros (IVE excluído). IVE: 24.827,59 euros.

c) Prazo de execución: 22 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto multicriterio, non harmonizado.

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Mobilidade.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A, 2ª planta. Área Central-Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela-A Coruña (España).

c) Teléfono: 981 54 45 94.

d) Fax: 981 54 43 51.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.contratosdegalicia.es/, en que están o prego de cláusulas administrativas particulares, o cadro de características e o prego de prescricións técnicas.

6. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na praza de Europa, 5 A-2ª planta, Área Central-Fontiñas 15707. Santiago de Compostela. Tamén se poderán enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, segundo o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

e) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de ofertas.

a) Segundo se específica no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar, día e hora: publicarase no perfil de contratante (www.contratosdegalicia.es/)

8. O importe dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

9. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2010.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas