DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2010 Páx. 6.170

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2010, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, pola que se actualiza o punto segundo do anexo previsto na Orde do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar.

A orde da Consellería de Economía e Facenda, do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de pagamentos para xustificar, modificada pola Orde do 26 de setembro de 2006, relaciona no seu anexo as aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se poden emitir ordes de pagamento para xustificar.

A nova clasificación orgánica da Xunta de Galicia e as novas necesidades postas de manifesto polos órganos xestores fan necesaria a actualización do punto segundo do anexo da dita orde.

De acordo co exposto, vistas as peticións formuladas polas distintas consellerías, e por mor da facultade de actualización que me outorga a disposición adicional da Orde do 26 de febreiro de 1993,

RESOLVO:

Actualizar o punto segundo do anexo da Orde do 26 de febreiro de 1993 pola que se regula a expedición de pagamentos que cómpre xustificar, que contén con carácter particular a relación das aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se poden emitir ordes de pagamento para xustificar. O dito punto quedará redactado do modo que se indica no anexo desta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2010.

Elena Muñoz Fonteriz

Interventora xeral da Comunidade Autónoma

Ver referencia pdf "07300D001P006.PDF"