O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, dous novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.
De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.
DISPOÑO:
Artigo único.
1. Inclúense no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, e quedan, pois, habilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:
PR979A-Axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de obras e equipamentos para a prestación de servizos municipais nos concellos e nas entidades menores de Galicia.
PR480J-Axudas económicas destinadas a subvencionar o funcionamento das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia.
2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo:
http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2010.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza