DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2010 Páx. 5.960

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 56/2010, do 8 de abril, polo que se autoriza a implantación dos estudos universitarios oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8.2º que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola Comunidade Autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O artigo 35.2º da Lei orgánica 6/2001 establece que, a maiores do recollido no parágrafo anterior, as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno. Na súa virtude, polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, estableceuse a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. No ámbito autonómico esta materia está regulada no Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor e, en todo o non previsto neste decreto, polo Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e o recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, e os modelos do procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios

oficiais de posgrao establécense na Orde do 20 de xullo de 2007. No Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007 acordáronse unhas liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e de posgrao no sistema universitario de Galicia.

No artigo 7 do Decreto 66/2007 establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por decreto do Consello da Xunta de Galicia, logo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e logo do informe do Consello Galego de Universidades.

Baixo a formulación xeral exposta, neste decreto considérase a implantación de estudos conducentes aos títulos de doutor ou doutora no sistema universitario de Galicia, unha vez cumpridos todos os requisitos previos ao acto formal de autorización por parte da Xunta de Galicia.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e do 7.3º do Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, por solicitude dos reitores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, coa aprobación dos consellos de Goberno e propostas favorables dos consellos sociais respectivos, logo do informe favorable do Consello Galego de Universidades, en exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de abril de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Autorizar a implantación, no sistema universitario de Galicia para o curso 2009/2010, dos estudos universitarios oficiais de doutor ou doutora que se relacionan a continuación:

Universidade de Santiago de Compostela.

-Doutor ou doutora dentro do programa Administracións, Institucións Públicas e Estudos Internacionais.

-Doutor ou doutora dentro do programa Avaliación de Programas e Institucións de Formación.

-Doutor ou doutora dentro do programa Biodiversidade e Conservación do Medio Natural.

-Doutor ou doutora dentro do programa Ciencia de Materiais.

-Doutor ou doutora dentro do programa Comunicación e Industrias Creativas.

-Doutor ou doutora dentro do programa Dereito Privado: Perspectiva Autonómica, Estatal e Europea.

-Doutor ou doutora dentro do programa Desenvolvemento Económico e Innovación.

-Doutor ou doutora dentro do programa Deseño e Innovación na Formación.

- Doutor ou doutora dentro do programa Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática.

-Doutor ou doutora dentro do programa Dirección de Empresas.

-Doutor ou doutora dentro do programa Economía.

-Doutor ou doutora dentro do programa Economía Aplicada.

-Doutor ou doutora dentro do programa Educación, Cultura da Sustentabilidade e Desenvolvemento.

-Doutor ou doutora dentro do programa Especialidades Médico-Cirúrxicas.

-Doutor ou doutora dentro do programa Estudos Ingleses: Tendencias actuais e Aplicacións.

-Doutor ou doutora dentro do programa Filosofía. Cuestións Actuais.

-Doutor ou doutora dentro do programa Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

-Doutor ou doutora dentro do programa Física Nuclear e de Partículas.

-Doutor ou doutora dentro do programa Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias.

-Doutor ou doutora dentro do programa Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos.

-Doutor ou doutora dentro do programa Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria.

-Doutor ou doutora dentro do programa Literatura Galega e Lusófonas. Cultura e Identidade.

-Doutor ou doutora dentro do programa Matemáticas.

-Doutor ou doutora dentro do programa Medicina Molecular.

-Doutor ou doutora dentro do programa Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía.

-Doutor ou doutora dentro do programa Saúde Pública.

-Doutor ou doutora dentro do programa Xestión Pública.

Universidade de Vigo.

-Doutor ou doutora dentro do programa Endocrinoloxía (interuniversitario).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Modificación do Decreto 434/2009, do 3 de decembro, polo que se autoriza a implantación dos estudos universitarios oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia.

Modifícase a denominación do Máster Universitario da Enxeñaría Química e de Procesos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) logo de resolución do Consello de Universidades do 12 de novembro de 2009 pola que se corrixe a denominación, e pasa a denominarse Máster Universitario en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de abril de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria