DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2010 Páx. 5.851

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 36/2010, do 11 de marzo, polo que se regula o procedemento para o nomeamento do persoal emérito no ámbito sanitario.

Advertidos erros no artigo 2º, artigo 3º e disposición transitoria primeira do devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 56, do mércores 24 de marzo de 2010, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Artigo 2º:

Na páxina 4.084, onde di: «…Este decreto será de aplicación ao persoal licenciado en medicina e cirurxía…», debe dicir: «…Este decreto será de aplicación ao persoal licenciado sanitario…».

Artigo 3º:

Na páxina 4.085, no punto 2), onde di: «…Reunir a condición de persoal licenciado en medicina e cirurxía…», debe dicir: «…Reunir a condición de persoal licenciado sanitario…».

Disposición transitoria primeira:

Na páxina 4.086, onde di: «…artigo 6º…», debe dicir: «…artigo 7º…».